miércoles, 29 de febrero de 2012

Novos recursos nas páxinas do blog

Hoxe estivemos mirando os recursos da nosa páxina A vida na terra. Ata o momento non atopara ningún en galego pero despois das clases din cun  recurso interactivo para repasar os vertebrados, máis vale algo que nada, non si?
Tamén colguei un recurso interactivo para repasar o tema 6 de lingua castelá, pois a vindeira semana teremos un control.

martes, 28 de febrero de 2012

Inauguración do taller de cociña

Hoxe inauguramos o taller de cociña con dúas cheffs invitadadas, Lula e Ro, que nos ensinaron a preparar brochetas de froita e pizzetas. Fixen fotos do proceso pero quero facer un video con elas e por primeira vez, se son capaz, con audio grabada por algún alumno comentando os pasos a seguir para a preparación das dúas receitas, así que tedes que ter un pouco de paciencia.
Con que se quedarían os cativos? Serán capaces de poñer por escrito as receitas? Xa teño gañas de lelas! Escollerei dúas para publicar no blog.

sábado, 25 de febrero de 2012

Últimas novas

Levamos un tempo cun funcionamento do blog un tanto intermitente debido a motivos de diversa índole. Se cadra en vez de ser ambiciosos e tentar voltar autómaticamente ás publicacións diarias do principio convén empezar de novo, pouco a pouco, pero seguros ata volver a coller o ritmo.
Pero esta entrada é un resumo do que está acontecendo e do que en breve vai ter lugar na aula dos cativos da Reboraina.
  • Traballo interdisciplinar. A idea é darlle sentido ás aprendizaxes que fan os cativos, así que estamos aproveitando para traballar contidos dende diferentes áreas. Por exemplo:
  1. Aproveitamos que estamos traballando o tempo en mate para traballar a súa explicación científica (movementos de rotación, traslación...) en C. M.
  2. Como estamos estudiando os animais facemos dun traballo de estudio dun animal unha doble tarefa: actividade de investigación para CM e actividade de expresión oral para L.G. Estou desexando escoitar estas novas presentacións.
  3. Deixamos contidos sen traballar nas linguas para traballalos doutro xeito: a descripción como parte do inicio dun conto que están empezando a redactar e a poesía como forma de espresión artística. De feito empezamos esta semana a compoñer pequenas poesías e a facer acrósticos cos nomes dos animais que estamos estudiando.
  •  Inauguramos nova páxina de C.M correspondente ao novo bloque de contidos que empezamos fai unhas semanas e que leva por título A vida na Terra.
  • A vindeira semana empezamos, por fin, o taller de cociña. Alégrame comunicar que contaremos con tres cheffs invitadas que se ofrecen voluntarias para colaborar con nós. Canto imos aprender e que ben van estar os nosos estómagos!
En fin, xa me tarda que chegue o luns para continuar coa nosa andaina...

lunes, 6 de febrero de 2012

Novos recursos no blog

Seguimos indo a trancas e barrancas co tema do blog, pero mellor algo que nada, non si?
Subín novos enlaces ás páxinas de recursos de lingua castelá e matemáticas.
  • No caso de lingua son os recursos 10 e 11, nos que se repasan os temas 4 e 5 do libro. De momento non fagades actividade 4 do tema 4 e a 1 e a 4 do tema 5 porque aínda non se explicaron. Tiven que alterar a orde dos contidos porque non tiña sentido tal cal aparecía no libro.
  • No caso das mates, tedes un enlace a unha web para traballar o cálculo mental (nº 19) e un repaso do tema 5, é dicir, das multiplicacións sen e con levadas (nº 20)
Imos a practicar con estes recursos mañá en informática para que os coñezades mellor e logo os podades usar na casa sen dificultades.