lunes, 27 de mayo de 2013

Festival de títeres dos cativos da Reboraina

Unha semana despois do Festival de títeres de Redondela chegou o noso momento. O xoves mandeilles traer un calcetín chulo pero non sabían para que, aínda que moitos ían bastante atinados. O venres antes do recreo expliquei que iamos facer pequenas representacións a última hora da clase. Sortemaos os membros de cada equipo e cales ían facer obra con diálogo e cales sin. Despois da lectura silenciosa os equipos puxéronse mans á obra e despois de 45 minutos xa estabamos listos para ver as representacións. Todas son diferentes: unhas prestaron atención ao decorado, outras ao vestuario, algunhas ao uso da imaxinación... Para planificar e ensaiar en 45 minutos a cousa saiu moi moi ben...Son uns artistas!

OS TITERES DA REBORAINA from oscativosdareboraina on Vimeo.

jueves, 16 de mayo de 2013

A nosa homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

Durante a semana estivemos facendo unha unidade didáctica sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013. Unha das actividades propostas era a lectura dramatizada dun fragmento da obra "Animaliños". Sorteamos as parellas para facer o diálogo o luns. O martes actuaron as sete parellas e tres delas pasaron á final do mércores, día no que por votación dos compañeiros escolleuse á parella que grabaría o diálogo: Irea e Diego.
Outra actividade consistía en redactar unha posible continuación do diálogo. Despois de ler todos os diálogos saiu gañador o de Lucía, que o grabou con Pablo.
Este é o video resultado da actividade:


Letras galegas 2013 from oscativosdareboraina on Vimeo.

Dia das Letras Galegas e Lingua de signos

viernes, 10 de mayo de 2013

Saídas para coñecer o noso entorno

Sinto ter tardado tanto en subir esta información ao blog, pero por motivos persoais non puiden facelo antes. Como xa comentei na clase esta semana, estase a celebrar en Ventosela o curso Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio, organizado polo Centro Social a Miñoteira e coordinado pola cooperativa Trespés.
Este curso está destinado a persoas de calquer idade e consta de 16 sesións repartidas entre maio e outubro (as dúas primeiras celebráronse a fin de semana pasada).  O curso completo  para os non socios ten un prezo de 30 euros, pero para as persoas que so lles interese participar nalgunha das saídas poderán abonar so o importe das mesmas.
A vindeira saída é este domingo 12 de maio para percorrer a Senda da Auga, quedamos as dez da mañán no campo de fútbol de Reboreda.
A paisaxe e territorio a analizar é o val do río Maceiras onde poderemos observar e estudar tanto os elementos naturais:a xeomorfoloxía do terreo e a vexetación.... e os elementos introducidos polo ser humano destacando entre eles as liñas de  ferrocarril  construidas en tres séculos diferentes.
 Persoalmente estou asistindo ao curso e podo dicir que é impresionante todo o que se pode aprender, pois coa axuda dos nosos guías aprendemos a mirar o noso entorno con ollos diferentes.
 
Animádevos a vir en familia!
  Aprenderemos moito e pasarémolo estupendamente!

Para máis información podedes chamar  ao teléfono 634 817422
Avisarei con máis antelación das seguintes sesións por se alguén se interesa.