miércoles, 30 de octubre de 2013

Samaín

Menuda mañá tivemos: disfrazámonos de zombies e comimos "comida especial", fixemos unha representación para o resto do 2º ciclo, queimamos os nosos medos xunto co resto do colexio...
Imposible dar conta de todo no blog, así que decidín subir o video da actuación no salón de actos. Sodes uns artistas!!!


Os nosos medos from oscativosdareboraina on Vimeo.

sábado, 26 de octubre de 2013

A biblio en marcha!

O venres recibimos na aula a visita de Margarida, a mascota da biblioteca, para darnos os seguintes avisos:
  • A biblioteca abre as súas portas a pleno rendemento a vindeira semana.
  • O noso día de empréstito no recreo é o xoves.
  • Hai que estar pendentes porque os venres pode haber sorpresas.
  • Na entrada da biblio está situada a árbore das cen pólas, que servirá para colocar as nosas recomendacións lectoras. As plantillas para cubrir poden pedirse dentro da biblioteca.
  • As mochilas viaxeiras xa están listas para empezar a súa andaina no presente curso.
Con respecto á mochila viaxeira, na nosa aula o funcionamento será o seguinte: o día de entrega e devolución da mochila é o luns. Deste modo a mochila pasa unha semana enteira na casa do alumno/a correspondente, pero hai que ser "responsables" na súa devolución puntual o seguinte luns, porque ese mesmo día xa marcha para outra casa. Se non se devolve a tempo estamos perxudicando ao seguinte da lista.
Antes de que a mochila marche o luns para casa de Marina decidimos ver cal era o seu contido. Nerea e Paula foron as encargadas de desvelar o misterio.


A nosa mochila viaxeira from oscativosdareboraina on Vimeo.

viernes, 25 de octubre de 2013

"La aventura de leer"

Esta semana celebramos o Día das bibliotecas escolares. O venres recibiremos unha visita moi importante na aula que nos fará chegar as novas do funcionamento da biblioteca deste curso, ademais dalgunha sorpresa.
A nivel de aula a nosa celebración consistiu en facer unha representación do poema de Carmen Gil (www. poemitas.com) "La aventura de leer". Este é o resultado:


LA AVENTURA DE LEER from oscativosdareboraina on Vimeo.

martes, 22 de octubre de 2013

Eclipses e outras historias

En resposta á curiosidade de Gema polos eclipses busquei recursos para subir ao blog, ademais doutros relacionados cos movementos do planeta Terra. Aínda que os imos ver na clase os que teñan gañas poden visitar a páxina de recursos e buscalos na sección de CM, tema 5.

lunes, 21 de octubre de 2013

O meu lugar favorito de Redondela: caderno en pdf

Coas fotos enviadas e os escritos que empregaron os cativos para preparar a súa exposición oral fixen un caderno que formará parte da biblioteca de aula e que podedes ver tamén dende o blog se premedes na imaxe.

O meu lugar favorito de Redondela

sábado, 19 de octubre de 2013

O meu lugar favorito de Redondela: videos

Este é o resultado en video do primeiro traballo relacionado co tema do curso: A nosa contorna. Dividín o video en tres partes porque era moi longo e así é máis fácil de cargar. Só tedes que premer no video que queredes ver.




jueves, 17 de octubre de 2013

O ALFABETO DACTILOLÓXICO (video-lección 1)

Coma neste centro hai nenos e nenas que empregan a lingua de signos para comunicarse imos aprender ao longo do curso nocións básicas de bimodal. Os meus anteriores alumnos xa son un expertos na materia e van ser os profes das video-leccións. Estes videos publicaranse no blog e tamén quedarán recollidos na páxina de recursos, no apartado das linguas.
No primeiro video aprenderemos o alfabeto dactilolóxico coa axuda de Leila, diego e Julen.


ALFABETO DACTILOLÓXICO from oscativosdareboraina on Vimeo.

Día da biblioteca

O próximo xoves 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Ademais da inauguración do servizo de biblioteca no presente curso seguro que haberá outras sorpresas para todo o centro...pero os cativos da Reboraina tamén o celebrarán na súa aula dun xeito especial. Unha das actividades que imos facer está relacionada co poema de Carmen Gil "La aventura de leer". Se premedes na imaxe poderedes ler o poema. O resultado da actividade publicarase no blog a vindeira semana.

domingo, 13 de octubre de 2013

Saida por Redondela 1

Este xoves fixemos a nosa primeira saída polo entorno. Tiña relación co tema de CM que estivemos a traballar (localidade, concello...) e co tema deste curso: "A nosa contorna". Volveremos facer  máis visitas a Redondela porque quedaron moitas cousas que ver e comentar.
A saída foi estupenda! Puidemos comprobar na práctica que as características do casco vello de Redondela coinciden coas características xerais dos barrios antigos que veñen no libro. Tamén comparamos os cauces dos ríos, merendamos na Xunqueira e visitamos o Concello. Temos que dar as grazas ao señor alcalde por recibirnos.


Saída por Redondela 1 from oscativosdareboraina on Vimeo.

Encontros na rúa (2ª parte)

Disculpas a Lucía e María porque ao editar o video dos encontros suprimín a súa parte sen decatarme. Co ben que o fixeron!


Encontros na rua 2ª parte from oscativosdareboraina on Vimeo.

domingo, 6 de octubre de 2013

Inicio da lectura silenciosa

Esta semana comezou o programa de lectura silenciosa sostida nas aulas, que terá lugar os xoves e os venres despois do recreo ata o mes de maio. Aproveitamos o inicio da actividade para facer marcapáxinas con tubos de papel hixiénico. No video veredes parte deles porque a algúns non lles deu tempo a rematalos.


Primeira lectura silenciosa from oscativosdareboraina on Vimeo.

jueves, 3 de octubre de 2013

Unha eiruga...moi larpeira!

O curso pasado as titorías de 4º en colaboración coa profe Isabel, a profe Alicia, sustituta de Alejandra, e Luisa (a anterior coidadora) traballaron duro para poder facer unha representación de teatro negro no festival de fin de curso. A profe Isabel colgou un post no seu blog con varios videos que recollen o traballo previo e o resultado final. Só tedes que premer na imaxe para acceder a el.


martes, 1 de octubre de 2013

Benvida aos novos cativos da Reboraina

Este blog comenzou a súa andaina con moita ilusión fai dous cursos. Manter o blog leva tempo e, ás veces, problemas tecnolóxicos ou circunstancias persoais fan que en determinadas ocasións non se actualice tanto como me gustaría. É un traballo a maiores, e voluntario, que fago desde a miña casa, así que pido un pouco de paciencia e comprensión se "volven os malos tempos".
Dito esto, e unha vez feita a despedida dos meus anteriores alumn@s, chegou o momento de dar a benvida á segunda xeración de cativos da Reboraina. E de que mellor xeito que subindo o noso primeiro video. Trátase dunha representación de encontros na rúa para a cal tiveron 10 minutos de preparación. E este foi o resultado:


ENCONTROS NA RUA from oscativosdareboraina on Vimeo.