tag:blogger.com,1999:blog-81954424878470754492024-03-14T03:32:57.911+01:00Os cativos da ReborainaBlog do Departamento de Orientación do CEIP de Reboreda (Redondela)O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.comBlogger460125tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-65003489858299082532020-06-05T07:45:00.000+02:002020-06-05T07:45:06.118+02:00DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Bo día! Espero que todo o mundo esté ben. Imos camiño da fase 3 e iso supón achegarse cada vez máis á forma de vida que tiñamos antes de que empezase a crise do coronavirus. E digo achegarse porque, aínda que imos a mellor, hai todavía moitas cousas que non podemos nin debemos facer polo ben de todos e outras que hai que facer de xeito distinto.

Hoxe celebramos o Día Mundial Do Medioambiente. A pandemia trouxo como efecto colateral positivo unha baixada da contaminación, pero tamén trouxo un novo problema: o refugallo de mascarillas e luvas que se está a atopar case en calquera lugar. Por favor, polo noso planeta, pola nosa saúde e a dos demáis, o lixo hai que tiralo onde corresponde.

Buscando recursos para traballar isto atopei unha entrada do blog clubpequeslectores.com onde se fai unha selección de libros que pode ser da vosa interese, ben para mercar ou ben para pedir de empréstito nas bibliotecas que xa estén operativas. Nesta publicación ides obter información sobre:

10 contos para espertar a conciencia medioambiental

10 libros de coñecementos sobre a natureza para aprender a amala e protexela

Neste último mes seguirei publicando de forma máis espaciada e non a diario como fixen durante case todo o confinamento. De todas formas lembrade que sigo á vosa disposición. Podedes plantexarme calquer dúbida, pregunta, suxestión, etc nos comentarios do blog ou escribirme directamente a oscativosdareboraina@gmail.com

Que teñades unha boa fin de semana.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-38561996124626139422020-05-22T08:30:00.000+02:002020-05-26T21:56:55.667+02:00SER XENIAL EN INTERNET

Bo día, rematamos a semana cun tempo marabilloso e coa posibilidade moi real de entrar na fase 2 en breve. Repítovos o de sempre, tede cautela, que as cousas vaian mellor non significa que o problema se arranxara. Segue aí e seguimos sen vacina.

Hoxe teño para vós un recurso que xurde da colaboración entre Google, Policía Nacional, o Instituto de Ciberseguridad (INCIBE) e a FAD. O proxecto chámase "Sé genial en Internet" e se trata dunha iniciativa para ensinar a nenas e nenos bos hábitos no entorno dixital. Ofrece recursos para familias e educadores e a peza central do programa é o xogo Interland. Se premedes na imaxe accederedes ao programa.

Que teñades unha boa fin de semana.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-58404982050505244942020-05-18T06:59:00.004+02:002020-05-18T06:59:48.011+02:00MÁIS RECURSOS E UN RETO

Bo día! Empezamos unha semana máis cun tempo marabilloso. Isto sempre axuda a recargar as baterías e a sentirnos mellor. Non hai nada de malo niso, sempre e cando non esquezamos que o perigo está aí. Estamos na fase 1, pode que a vindeira semana pasemos á fase 2. Pero debemos ter moito coidado cando saímos aí fóra. De como fagamos as cousas dependerá que non reculemos e volvamos a ter que estar confinados nas nosas cosas.

Para que non deixemos de ter isto presente teño para vós un artigo do blog Clubpequeslectores.com. Nesta publicación de finais de abril tedes acceso a:

Álbumes ilustrados de libre descarga

Libros sobre o confinamento e covid-19

Libros de narrativa de libre descarga

Imprimibles relacionados con libros infantís

Outros libros e recursos gratuitos

Só tedes que premer na imaxe para acceder á publicación.

Pero como hai vida máis aló do virus, paréceme interesante compartir con vós un reto da profe Amparo relacionado cos xogos tradicionais e aberto a todo o que queira participar. Se premedes na imaxe de debaixo accederedes á publicación da semana pasada onde se explica en que consiste. Non esquezades que está a vosa disposición tamén a páxina web de Educación Física, onde tedes unha chea de recursos que podedes empregar.

Que teñades un bo día.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-58925860838379825552020-05-15T08:30:00.000+02:002020-05-15T08:30:01.344+02:00CONFLITOS ENTRE IRMÁNS/AS

Bo día! Sinto non ter estado máis presente ao longo desta semana, pero ás veces non se pode con todo.

A publicación desta semana do excelente blog clubpequeslectores.com pode ser xusto o que estades buscando moitos de vós. De toda a vida os irmáns/as por moi ben que se leven teñen os seus piques. Este período de cuarentena pode ser que fixera que se sexan máis evidentes. Se cadra é o momento de intervir para reconducir a relación, pero sempre desde a disciplina positiva e a educación emocional. E iso é o que se nos propón na publicación. Unha breve descrición xustificando a necesidade de traballar estes aspectos e, ao final, un pdf descargable con recursos prácticos sobre como facelo. Non ten desperdicio. O feito de que teña 31 páxinas non significa que sexa pesado de ler. Ao contrario, está cheo de exemplos e recursos concretos. Se premedes na imaxe accederedes á publicación. Ao final da mesma atoparedes o enlace de descarga do pdf.

Xa para rematar desexo que teñades un bo Día das Letras Galegas o vindeiro domingo. Coa cantidade de eventos que faciamos no cole nesta semana...Xa haberá máis anos!

Que teñades un bo día.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-13040515470286809572020-05-12T08:30:00.000+02:002020-05-12T08:30:00.989+02:00QUE DEBEMOS SABER SOBRE O FORNITE?

Bo día!

Este é o segundo día dentro da fase 1. Lembrade que hai que extremar as precaucións. Do que fagamos ou non fagamos agora vai depender o noso futuro, porque o virus segue aí.

Onte chegoume un correo da Asociación Érguete cun sinxelo pdf sobre o Fornite, ese xogo tan popular. Non son quen para dicir o que cada familia debe facer ou non na súa casa, pero sí podo compartir este documento para que reflexionedes sobre este xogo. Pensemos primeiro e actuemos despois. Repito, é un documento moi sinxelo que vos vai axudar a entender mellor en que consiste o xogo e por que hai que extremar as precacucións, no caso de que optedes por deixarlles xogar aos vosos fillos e fillas. Se premedes na imaxe accederedes ao documento.

Pode ser que esta semana publique menos do habitual, porque nestes días se me xuntaron varias xestións persoais e profesionais á vez. Pero iso non significa que non siga aquí. Lembrade que contades comigo para o que necesitedes e esté na miña man, ben a través dos comentarios desta publicación ou ben a través do correo electrónico oscativosdareboraina@gmail.com

Que teñades un bo día.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-45323025829217967512020-05-08T08:30:00.000+02:002020-05-08T08:30:03.417+02:00MAIS RECURSOS PARA A EDUCACIÓN EMOCIONAL

Bo día!

Rematamos unha semana máis disfrutando de algo máis de libertade fóra da casa, pero respectando as normas indicadas porque ninguén quere unha volta atrás, verdade?

Hoxe volvo insistir na importancia dun axeitado desenvolvemento emocional. Sigo compartindo recursos deste tipo porque todo isto nos afecta en maior ou menor grao. Tamén podemos darlle a volta e aproveitar este tempo para facer en familia actividades que axuden a tratar esta temática. E diso tratan os caderniños que comparto hoxe: dunha serie de propostas, actividades e recursos por idades para compartir, de forma que , ao mesmo tempo, reforzamos o vínculo familiar. Só tedes que premer no caderniño das idades nas que estedes interesados.

Que teñades unha boa fin de semana!

Unha aperta da profe LydiaO Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-3808649460328123082020-05-06T08:30:00.000+02:002020-05-06T08:30:11.611+02:00RECURSOS PARA PROFES

Bo día!

Xa estamos no ecuador da semana. A publicación de hoxe está pensada para profes pero iso non significa que non sexa de utilidade para o resto da comunidade educativa, aínda que sexa con outros fins.

O profesorado vive un momento complicado no que ten que adaptar a súa forma de traballar e mesmo, ás veces, empezar a facer tarefas que non fixera nunca . É dífícil estar preparando actividades sen saber se se van modificar as demandas dende a Xunta ou do goberno e facendo, á vez, traballo burocrático. E aínda máis difícil é seguir formándose á vez que se está a traballar dunha forma distinta á que se facía ata agora. Pretender encher de páxinas de recursos esta publicación sería absurdo porque o profesorado non dispón neste momento de tempo suficiente para revisalos. Por iso gustáronme dúas publicacións que compartiu Orientación Andujar, porque son breves e concisas, e ao mesmo tempo, de utilidade.

A primeira é unha recomendación de 12 recursos. Algúns deles os coñecía e outros non. Se cadra poden ser de utilidade para algúns no que queda de trimestre ou para ser tidos en conta para o vindeiro curso.

A segunda publicación é un curso en vídeo para facer mapas mentais moi interesante.

Se premedes nas imaxes accederedes ás dúas publicacións.

Que teñades un bo día.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-61797440235309491782020-05-05T08:30:00.000+02:002020-05-05T08:30:05.350+02:00MÁIS CONSELLOS PARA ORGANIZARSE

Bo día!

Estamos na recta final do curso e a iso súmase o incio da desescalada. Temos uns horarios para as saídas e se facemos uso deles temos que organizarnos ben. Facer horarios, establecer rutinas é a mellor forma de facelo, como xa temos falado. Pero é así, tanto en tempos de cuarentena como en épocas normais.

Comparto con vós hoxe un recurso do D.O. do CEIP Eusebio da Guarda. É interactivo, polo que se ides premendo nos distintos apartados (a partires de 04) accederedes a máis información da que vedes. Premede na captura de pantalla para acceder ao recurso .

Sei que estou a insistir moito neste tema pero é porque me consta que o confinamento desestabilizou os horarios e as rutinas de moitas familias.

Que teñades un bo día.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-36726537639598882162020-05-04T08:30:00.000+02:002020-05-04T08:30:09.989+02:00ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL

Bo día!

Espero que disfrutásedes ben esta longa fin de semana. Seguro que máis de un aproveitou para facer saídas nos horarios permitidos dende o sábado, respectando as medidas de hixiene e distanciamento social.

Empezo a semana compartindo con vós un recurso que atopei no blog galego "Prohibido non falar". Trátase dunhas recomendacións para estimular a linguaxe oral aproveitando as actividades cotiás na casa. Ás veces esquecemos que temos diante de nós oportunidades a diario que podemos aproveitar en familia e que, ao mesmo tempo, axudan na aprendizaxe.

Lémbrovos que se tedes calquera dúbida, suxestión, petición, etc á que pensedes que podo dar resposta, estou á vosa disposición, ben nos comentarios desta publicación ou escribindo un email a oscativosdareboraina@gmail.com

Que teñades un bo día.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-45623392093875331402020-04-29T08:30:00.000+02:002020-04-29T08:30:02.853+02:00 A RUTINA E MÁIS IDEAS EN FORMA DE CONTO

Bo día!

Ao tonto e xa estamos no ecuador da semana, o tempo pasa voando. Hoxe quero lembrarvos a importancia de seguir unha rutina na casa. Pensade que pasamos de saír con completa liberdade a pasar ao confinamento obrigatorio de un día para outro e iso costou un montón.

Pero se durante este tempo na casa non levamos unha rutina saudable e, ao mesmo tempo, flexible, a volta á "normalidade" custará aínda máis. Non é o mesmo pasar unha fin de semana de manta e sofá, cos horarios cambiados e comendo trapalladas, que facer iso durante semanas ou meses, non credes?

Por iso, e a pesar de que xa deixei recomendacións ao respecto nas primeiras publicacións, deíxovos un pequeno recordatorio que publicaron no CEIP Eusebio da Garda. Curto, sinxelo e claro, espero que vos guste. Só tedes que premer na imaxe.

E xa para rematar, por se segue habendo dificultade á hora de pensar en que podemos facer na casa, déixovos unhas propostas, esta vez en modo de conto.

Que teñades un bo día.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-41857119608497902232020-04-28T08:30:00.000+02:002020-04-28T08:30:01.848+02:00RECURSOS DE EDUCACIÓN RESPONSABLE

Bo día!

O programa de Educación responsable segue a pensar en nós, aínda que estemos na casa. Enviáronnos un terceiro documento con recursos para seguir a traballar de maneira integral o desenvolvemento afectivo, cognitivo, social e a creatividade dos nosos nenos e nenas.

Xa é o terceiro documento que nos envían e recolle o contido dos dous anteriores. Aparecen diferenciados, e por orde, os recursos que aparecían no primeiro documento, no segundo e os que se engaden neste documento (cunha bombilla diante). Para acceder ao programa só tedes que premer na imaxe.

Lémbrovos que se tedes algunha consulta que facer, algunha proposta de contido que queredes ver, etc podedes poñervos en contacto comigo a través dos comentarios de cada publicación ou escribindo un email a oscativosdareboraina@gmail.com

Que teñades un bo día.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-7851749402408249542020-04-27T08:30:00.000+02:002020-04-27T11:44:03.915+02:00GUÍA PARA AS SAÍDAS CON NENAS E NENOS

Bo día, espero que tivesedes unha boa fin de semana.

A saída dos nenos e nenas, medida que levaba días en boca de todo o mundo, fíxose efectiva onte. Dende o balcón do meu piso vin de todo, é dicir, persoas que respectaban as indicacións dadas polo goberno e persoas que non. Trátase de que velemos pola nosa saúde e pola de todos, é preciso facelo ben.

Atopei a guía que publicou o goberno para facer estas saídas de forma correcta. Se premedes na imaxe accederedes a ela.

De todos os xeitos quero que non esquezades que hai moitas formas de divertirse e de manterse en forma, de desconectar, de coidar da nosa saúde, etc que non precisan saír da casa. Se visitades a páxina de Educación Física do cole tedes unha chea de recursos que a profe Amparo e o profe Guillermo seleccionaron con ilusión para vós. Podedes acceder a ela visitando a páxina web do centro e premendo na casilla de Educación Física ou premendo na imaxe que a aparece a continuación.

Espero que teñades un bo día.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-61398252121417917752020-04-24T08:30:00.000+02:002020-04-24T08:30:07.169+02:00HOXE, COLABORACIÓNS ESPECIAIS

Bo día, para min hoxe é un día especial. O motivo, tiven que cambiar o que ía publicar porque tres compañeiras distintas compartiron recursos comigo que me pareceron tan estupendos que decidín compartilos tamén neste blog.

A través da profe Rosa Juncal, que traballou no centro en varias ocasións, coñecín un recurso que subiron ao seu blog o equipo de docentes do CEIP Rosa Luxemburgo, en Parla. Trátase dunha Gymkana literaria con distintos recursos para divertirse e, ao mesmo tempo, celebrar o día do libro.

A profe Belén, titora de 1º, envioume un conto que aparece na páxina de recursos de ARASAAC. Trata especialmente do que hai que facer cando os nenos e nenas poidan saír á rúa, a partires deste domingo.

Por último, a profe Ana da EEI de Ventosela, envioume un enlace a un vídeo que fixeron os nenos e nenas da súa escola sobre o coronavirus. Tamén participaron algúns irmáns maiores que estudian no cole de Reboreda.

Graciñas ás tres por compartir estes recursos.

Despídome por hoxe, que teñades unha boa fin de semana.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-16286349337315560042020-04-23T08:30:00.000+02:002020-04-23T08:30:02.591+02:00FELIZ DÍA DO LIBROBo día!

Cada ano celebramos o 23 de abril o día do libro. Normalmente temos actividades no centro que incluían os últimos anos, invitar ás familias á vir ao centro a facer a lectura silenciosa co alumnado e profesorado. Obviamente iso non o podemos facer, pero non significa que non podamos celebralo doutras maneiras.

A miña forma de celebrar este día é compartindo varios recursos relacionados co tema. O primeiro deles é invitaros a visitar o Salón Virtual do libro. Este ano, por motivos obvios, non hai Salón do libro en Pontevedra. Pero sí hai unha proposta virtual con actividades coas que podedes pasar un bo rato. Se premedes no enlace accederedes a elas.

O resto dos recursos de hoxe son 3 libros que vos poden interesar por distintos motivos. Se premedes nas imaxes accederedes aos libros en pdf.

"Un cuento para la imaginación" é un conto interactivo para ler en familia cos máis cativos e ir construíndo a historia contestando ás preguntas que aparecen.

"La máquina del tiempo" trata dun neno que ten que pensar que quere de agasallo de aniversario porque a súa avoa así llo pediu. É interesante ver como vai cambiando de opinión e por que.

O último libro titúlase "Mi casa es un castillo". Presenta rutinas para os nenos e nenas que non poden saír da casa e unha breve introdución para as familias para orientar no seu uso.

Espero que vos gusten. Que teñades un bo día!

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-35330340346223063602020-04-22T08:30:00.000+02:002020-04-22T08:30:08.968+02:00AVENTURAS NA CASA

Bo día! Xa estamos a metade de semana. Hoxe teño unha proposta diferente que me chegou por un grupo de Orientación do que formo parte. Trátase dun xogo que vos pode servir, ao mesmo tempo, para dar unha volta...pero pola casa jeje.

O xogo consiste nun taboleiro con casillas de diferentes cores, con preguntas asociadas a distintas partes da casa. Se premedes no botón do dado este comeza a moverse e parará cando volvades a pulsar. E, como noutros xogos que coñecedes, hai que ver en que casilla nos toca e contestar á pregunta. Só tedes que premer na imaxe para acceder ao xogo.

De vós depende xogar en familia, en parellas...se engadides normas como retroceder ou avanzar dependendo do número de respostas correctas, etc. Partindo do taboleiro podedes complicalo ou simplificalo todo o que queirades. Quen non variou as normas dalgún xogo na súa casa e fixo unha versión nova do mesmo? Usade a vosa creatividade e mesmo a partir de aquí se vos poden ocorrer outros xogos diferentes, con outras preguntas e outras categorías, por exemplo.

A pesar das circunstancias non debemos olvidarnos de disfrutar. Que teñades un bo día!

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-26753516108669363932020-04-21T08:30:00.000+02:002020-04-21T08:30:05.873+02:00O USO DAS PANTALLAS DURANTE O CONFINAMENTO

Bo día! Xa estamos de volta tras unha longa fin de semana polo festivo local. Espero que tivesedes a oportunidade de disfrutala en familia, compartindo actividades que sí podemos facer, a pesar de estar en confinamento.

Hoxe comparto con vós un recurso que me enviaron dende a Asociación Érguete, coa que temos contado para levar a cabo algunha actividade no colexio neste curso. Este colectivo reuniuse con outros máis para elaborar e difundir un decálogo de uso das pantallas "en tempos de coronavirus".

Este é un tema que preocupa sempre e, de feito, xa tivemos este curso unha charla relativa ao uso das redes sociais e das pantallas en xeral co alumnado de 5º e 6º.

O caso é que actualmente, coa cuarentena, poden darse diversas situacións nas casas: abusar no tempo de uso, acceder a contidos inadecuados, ter problemas para compartir os recursos dixitais na familia, etc. O que pretende este catálogo é dar unha serie de indicacións que axuden a evitar ou minimizar ditos problemas. Se premedes na imaxe accederedes ao recurso.

Antes de despedirme fago, unha vez máis, dous recordatorios:

Todos os recursos que subín ata agora podedes atopalos na páxina web de recursos, columna da esquerda. Se estades usando un smartphone seleccionade visión web para poder vela.

Se tedes algunha dúbida, consulta, proposta de recursos que queredes que comparta no blog, etc podedes deixalo nos comentarios desta publicación ou enviarme un correo a oscativosdareboraina@gmail.com

E agora sí, despídome por hoxe. Que teñades un bo día!

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-21554715826596618672020-04-17T08:30:00.000+02:002020-04-17T08:30:04.551+02:00MÁIS RECURSOS DE EDUCACIÓN RESPONSABLE

Bo día!

Rematamos a primeira semana de clase deste trimestre. A pesar da reunión que se celebrou o mércores para tomar decisións sobre este final de curso, todavía seguimos á espera das instruccións da Xunta nas que se concrete todo o que se acordou.

Mentres, continuamos co noso traballo. Ao pouco de comezar o confinamento, dende o programa de Educación Responsable, no que está o noso centro dende este curso, se nos enviou un pdf con recursos para traballar o desenvolvemento afectivo, cognitivo, social e a creatividade. Hoxe comparto con vós un segundo pdf que nos enviaron, que inclúe as actividades do primeiro e engade algunhas novas. Estas actividades, as novas, aparecen marcadas cunha bombilla diante do seu título.

Son actividades que van máis alá do académico e que perseguen o desenvolvemento integral do alumnado. Traballan eses aspectos tan necesarios sempre na educación de nenos e nenas, e máis especialmente neste momento que estamos a vivir. Se premedes na imaxe accederedes ao documento.

Lémbrovos que o luns 20 é festivo en Redondela polo que temos unha fin de semana longa para volver recargar pilas. O martes estaremos de volta.

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-70460621321391816372020-04-16T08:30:00.000+02:002020-04-16T08:30:02.734+02:00APRENDE DESDE CASA...CON YOUTUBE

Bo día!

Como quen non quere a cousa xa estamos case a rematar a primeira semana deste trimestre. Hoxe deixamos aparcado temporalmente o tema das emocións para presentar unha nova iniciativa. Neste caso trátase de Youtube, que tamén quere por o seu gran de area para facilicitar a aprendizaxe desde a casa. Para facelo seleccionou listas de reprodución e canles educativas e organizounas de dúas formas:

Por tramos de idade: maiores de 13 anos, maiores de 5 anos e preescolar

Por contido (só para os maiores de 13 anos): ciencias, matemáticas, cultura xeral e "Estudia comigo"

É unha páxina sinxela de usar. Unha vez escollededes o tramo de idade premedes nel e accededes ás listas de reprodución e canles educativas recomendadas, seleccionades unha e listo!

Recórdovos unha vez máis que estou á vosa disposición. Se queredes resolver dúbidas, plantexar preguntas, solicitar algún recurso específico, etc podedes facelo nos comentarios da publicación ou enviando un correo a oscativosdareboraina@gmail.com

Que teñades un bo día!

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-89790119067327834912020-04-15T08:30:00.000+02:002020-04-15T08:30:02.164+02:00...A VOLTAS COAS EMOCIÓNSBo día!

Xa estamos no segundo día de clases do terceiro trimestre. Andamos pendentes do que decidan as autoridades na reunión de hoxe pero, mentres, hai que tirar para adiante, non queda outra. Gustoume ver onte as propostas das compañeiras que teñen blog: o traballo con rimas da profe Aida; o novo reto da profe Rosa; os consellos de hixiene postural e propostas para facer malabares da profe Amparo; as mensaxes de ánimo e as danzas para subir a enerxía da profe Isabel e a inauguración do blog de 6º cunha proposta de expresión escrita sobre o coronavirus. Mirar o que suben cada día é o máis parecido a reunirnos na sala do profesorado para comentar en que proxectos andamos metidos...

En fin, imos ao lío...Como xa comentaba onte, a xestión emocional é importante sempre, pero nestas circunstancias aínda máis. Así que todas as semanas incidirei en aspectos relacionados coas emocións para tratar de levar isto, e todo en xeral, da mellor forma posible.

Como xa sabía da miña intención, a profe Vero, do programa ARCO, que daba reforzo nas aulas en 5º e 6º, púxose en contacto comigo para falarme de dous recursos que atopou para traballar nesta liña. Graciñas profe!

O primeiro deles é un conto que comparten de forma gratuita emoveriainteligenciaemocional.com.

Trátase dun libro que facilita a expresión das emocións e da alternativas para o aburrimento nesta época. Se premedes na imaxe accederes ao enlace de descarga.

O outro recurso é tamén un libro en pdf ao que dan acceso gratuitamente palabrasaladas.com. É unha proposta completa que ven con fichas de traballo tamén. Na páxina que vos deixo enlazada explican perfectamente o recurso e como podedes empregalo. Só tedes que premer na imaxe.

Supoño que mañá xa teremos noticias sobre as decisións que as autoridades tomaron respecto do terceiro trimestre. Mentres tanto, aproveitade o día!

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-71063860978351978882020-04-14T08:30:00.000+02:002020-04-14T16:19:43.394+02:00XA ESTAMOS DE VOLTA!

Bo día! Espero que estes días de vacacións, aínda que fosen dende o confinamento das nosas casas, vos serviran para desconectar un pouquiño. Pero xa chegou o momento de inaugurar o terceiro trimestre.

Sei que a moitas persoas a volta ao traballo ou aos estudios non a levan especialmente ben e, nestas circunstancias, aínda menos. Cos nenos e nenas sucede o mesmo, e máis se xa de por sí hai dificultades coas tarefas curriculares. De momento non recibimos instruccións sobre como organizar o terceiro trimestre así que, mentres isto non suceda, seguro que todo o profesorado tratará de subir contido de reforzo ou de repaso, algo que xa se soe facer ao voltar dun periodo non lectivo.

Para poñer o meu gran de area á hora de facilitar esta volta ás clases (aínda que non sexan presenciais) hoxe teño dous recurso para vós:

O primeiro recurso é un libro de Weeblebooks especialmente adicado aos máis cativos, o alumnado de infantil. É un libro sonoro. Para escoitar os sons tedes que descargar o libro no pc e ter habilitada a última versión de flash player. Se premedes na imaxe accederedes ao enlace para poder descargalo.

O segundo recurso de hoxe ten que ver co mencionado ao principio da publicación. Volver ás clases, ao traballo, ou mesmo o confinamento, poden ser situacións que nos agobien un pouco. Pero sentirse nervioso, ansioso, agobiado pode ser algo que acontece en calquer momento. Crear un rincón da calma para baixar revolucións durante un rato non é algo que se acabe de inventar, pero pode ser un bo recurso para empezar a empregar agora. Atopei un artigo estupendo onde se explican os beneficios deste tipo de rincóns e instruccións para crealos no excelente blog Clubpequeslectores. Se premedes na imaxe accederedes ao artigo.

Lémbrovos que, como orientadora do centro, estou á vosa disposición para resolver dúbidas, preparar ou buscar material específico que necesitedes... Podedes poñervos en contacto comigo nos comentarios desta publicación ou enviando un email a oscativosdareboraina@gmail.com Se está na miña man axudar, tede seguro que así o farei.

Que teñades un bo día!

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-26676495744353075652020-04-03T08:30:00.000+02:002020-04-03T08:30:07.385+02:00...E CHEGAN AS VACACIÓNS

Bo día! Chegou o momento das vacacións, de que alumnado e profes apaguemos o "modo cole" durante uns días. Vai ser un pouco raro pasar as vacacións metidos na casa pero hai que sacarlle o máximo partido.

Teño dúas propostas para esta despedida temporal, aptas para todas as idades. A primeira delas trata de que nos enfoquemos no positivo e non no negativo do que estamos a vivir; que disfrutemos das pequenas cousas, do que sí podemos facer. É unha proposta que non é nova, pero que me parece axeitada para esta situación. Se premedes na imaxe accederedes a unha publicación do 2018 de superpt.es onde se explica en que consiste.

A segunda das propostas, e xa como despedida, ten que ver con recordarvos que hai que quedar na casa. Pero se é en forma de canción, e ademais apoiada en lingua de signos, moito mellor. Graciñas profe Ángeles por compartir onte o enlace a este vídeo.

Os mestres e mestras todavía non sabemos que é o que vai pasar coa terceira avaliación, estamos exactamente igual que as familias. As autoridades aínda están a tomar decisións e esperamos que durante as vacacións, ou xusto á volta, se nos comunique cal é o enfoque a seguir para o que queda de curso. Así que intentemos desconectar estes días e a ver que sucede despois.

Ata o martes 14 de abril.!

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-76149210007846968532020-04-02T11:37:00.000+02:002020-04-02T11:37:49.560+02:00DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Boas de novo!

Despisteime de que hoxe era día 2 de abril e que, como cada ano, se celebra o Día Mundial do Autismo co obxectivo de concienciar a sociedade e promover a inclusión das persoas con TEA (Trastorno de Espectro Autista).

Non todos as persoas con TEA son iguais nin teñen o mesmo grado de afectación. Se queredes saber un pouco máis das características principais que soen presentar, premede na imaxe.

Déixovos tamén cun vídeo que me chegou a través dun grupo de whatsapp de orientador@s do que formo parte. Trátase dunha canción de Seso Durán baseada no conto "El día de Manuel"

Ser diferente é só eso, ser distinto, nin mellor nin peor. Non hai dúas persoas iguais e, tede por seguro, non hai ningunha persoa perfecta. Todas as persoas somos diferentes pero iguais en dereitos.

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-62489124835340447772020-04-02T08:30:00.000+02:002020-04-02T08:30:01.598+02:00Cociña a conCiencia

Boas! Penúltimo día de clase antes das vacacións de Semana Santa. Aínda que as cousas non varíen moito porque temos que seguir na casa, o certo é que desconectar un pouco do cole polas vacacións tamén é necesario.

A profe Vero, profe de apoio do programa ARCO para 5º e 6,º suxeriume que un taller de cociña ou algo similar podería ser unha boa idea para estes días. Falando con ela acordeime do recurso que vos traigo hoxe, un vello coñecido dos meus exalumnos e exalumnas. Trátase de Weeblebooks, unha web que ten unha gran oferta de libros de distintas temáticas que podedes visionar directamente na web, descargar en pdf, instalar a app na tablet... Podedes buscalos por categorías, por idades, por idioma, etc.

Entre todos eses libros a miña proposta é: Cocina a conCiencia. Neste libro combínanse as receitas de cociña con curiosidades científicas sobre os ingredientes das mesmas ou sobre os procesos que teñen lugar para a súa elaboración. É dicir, é un 2x1, por unha parte practicades as vosas dotes na cociña e pola outra aumentades os vosos coñecementos científicos. É outra forma de complementar o recurso de experimentos que compartín con vós a semana pasada.

Se premedes na imaxe accederedes á páxina onde podedes ver o libro online ou descargalo en pdf.

Que teñades un bo día!

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-444774967189431552020-04-01T08:30:00.000+02:002020-04-01T08:30:03.852+02:00Programa #AfundaciónEncasa

Bo día!

Xa estamos no ecuador da semana, a dous días para rematar o segundo trimestre do curso. Xa están ás portas as normalmente ansiadas vacacións de Semana Santa que, este ano, disfrutaremos nas nosas casas.

Tras dúas publicación relacionadas coas emocións, algo que é moi necesario traballar sempre pero aínda máis agora, hoxe traigo outra proposta para toda a familia. Trátase dos recursos que pon á nosa disposición AFundación, a obra social de Abanca.

Podedes accededer a eles premendo na imaxe.

Pulsando nas distintas iconas ( cultura na casa, educación...) accededes aos distintos recursos. Podedes ir mirando ata localizar aqueles que sexan de interese para vós ou, unha vez na páxina se baixades na pantalla veredes unha recomendación de tres recursos que varía cada día. Hai de todo un pouco e para todas as idades: contacontos, manualidades, conferencias, visitas ao museo...).

Lémbrovos que se necesitades calquer recurso específico, tedes dúbidas, precisades orientación dalgún tipo, etc non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través do correo do blog: oscativosdareboraina@gmail.com Se está na miña man poder axudar, fareino.

Que teñades un bo día!

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8195442487847075449.post-88303234547583155392020-03-31T08:30:00.000+02:002020-03-31T08:30:04.121+02:00...E SEGUIMOS COAS EMOCIÓNS

Bo día! Co ben que se estaba disfrutando do sol estes días, aínda que fora desde a casa, e resulta que temos que abrigarnos outra vez. Cousas da primavera...

Hoxe tráigovos un recurso que se complementa coas actividades do programa de Educación Responsable que subín onte. Trátase dunha proposta do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para acompañarnos durante o confinamento.

Nun caderno en pdf ensinan traballos realizados por nenos e nenas de distintas idades e, a partir da páxina 17, fan unha proposta de actividades para que cada un faga o seu propio caderno. Sacar ao fora o que sentimos e o que pensamos neste momento é unha boa idea porque nos pode axudar a levalo moito mellor. Se premedes na imaxe accederedes ao recurso.

Este caderno quedará na páxina de recursos (columna da esquerda) no apartado de recursos xerais.

Espero que este recurso vos sexa de utilidade.

Espero que teñades un bo día

Unha aperta da profe Lydia

O Blog dos cativos da Reborainahttp://www.blogger.com/profile/02160250885263456512noreply@blogger.com0