miércoles, 25 de abril de 2012

Noticias e máis recursos no blog

A vindeira semana haberá, tal e como todos xa saben, os controles de CM e matemáticas. Avanzo que a continuación virán os das linguas pois parece que o tema 9  vai entrando ben. Agás un par de cousiñas diferentes en galego, o común xa está explicado. Agora toca traballar un pouco eses contidos para afianzalos. 
Para facilitar o repaso da materia acabo de subir o blog os seguintes recursos:
  • Repaso CM.
  1. Actividades de ANAYA
  2. A enerxía eléctrica (Santillana)
Podedes premer neles directamente ou acceder aos mesmos dende as respectivas páxinas de recursos do blog.

Noraboa Lucía!

Con motivo de celebrar o Día do Libro (23 de abril), este luns déronse a coñecer os gañadores do concurso literario da Reboraina. Eu estiven enferma e non puiden asistir a este acontecemento e presenciar como unha das cativas da Reboraina, a nosa Lucía, gañaba o 4º accesit co seu conto "Viaxe á época medieval". Noraboa!
Ante a falta de fotografías propias por non ter estado durante a celebración, déixovos un enlace á entrada que se publicou no blog da biblio. Só tedes que premer na imaxe de Margarida.

jueves, 19 de abril de 2012

Saída a Redondela

Con motivo da celebración do Dia do libro, o próximo 23 de abril, hoxe fixemos unha saída. Esta mañá baixamos xunto co alumnado de 4º e 5º ao Multiusos de Redondela para asisitir á presentación do libro A noite do Apalpador, escrito por Xurxo Valcarcel e ilustrado por Pepe Carreiro. Os cativos da Reboraina seguro que xa remataron de facer a redacción sobre esta saída. Xa me tarda comprobar que tal o fixeron os meus reporteiros e reporteiras!
Isto é un mini resumo da saída, dos detalles encargaranse eles.

A regla das tres R

Como xa sabedes, levamos uns días a traballar cos materiais e a enerxía. Agora é o momento de pensar no noso planeta, en coidalo. Que podemos facer nós? Aplicar a regla das tres R:
  • Reducir.
  • Reciclar.
  • Reutilizar.
Para que vos queden un pouco máis claras déixovos un video dunha canción que fala deste tema. ESpero que vos guste!

miércoles, 18 de abril de 2012

Máis recursos en inglés no blog

A profe Mariví envioume dous enlaces a xogos para traballar os materiais en inglés. Podedes atopalos na páxina de Recursos en inglés. A que estades esperando para repasar?

martes, 17 de abril de 2012

Novos recursos no blog

Estamos a estudiar a materia e a enerxía en CM. Ademais dos esquemiñas que nos serven para estudiar a materia acabo de subir dous enlaces á páxina de recursos para traballar as enerxías renovables e non renovables.
Os veremos na clase e podedes acceder a eles cando queirades na páxina de recursos da vida na Terra.

Que me conta...Marta

Hoxe é a quenda de Marta que, polas súas respostas, parece un tanto obsesionada cunha persoaxe en concreto.
Conto favorito:
Gústanme os de Kika Superbruxa porque teñen moitas aventuras.
Persoaxe de conto que che gustaría ser:
Gustariame ser Kika porque cada día leva un conxunto diferente.
Final de conto que cambiarías:
Gustariame que Kika fose a un concurso de canto e se convertise nunha cantante moi famosa.

lunes, 16 de abril de 2012

Que me conta...Diego

Comezamos a semana coa nosa sección relacionada cos contos. Hoxe é a quenda de Diego e estas foron as súas respostas:
Conto favorito
Gústame moito a historia da lebre e a tartaruga pois para mín representa que non hai que abusar dos lentos xa que ás veces tamén eles poden gañar algunhas carreiras.

 
Persoaxe de conto que che gustaría ser:
Gustariame ser Fujur porque así podería voar e dar sorte.
 
Final de conto que cambiarías.
Gustariame que no final do conto de Aladino aparecese John Silver O Longo.
Mi madriña! Iso serían dous contos nun, seguro que a historia sería marabillosa!

sábado, 14 de abril de 2012

Que me conta...Irea

Hoxe fálanos de contos Irea. Estas foron as súas respostas:
Conto favorito
O meu conto clásico favorito é "O libro da selva", porque é a historia dun neno que se criou entre animais.

 
Persoaxe de conto que che gustaría ser
Gustariame ser Campanilla porque sabe voar.
 
Final de conto que cambiarías
Gustariame que no conto dos tres porquiños en vez de queimarle o cú ao lobo acabaran sendo todos amigos.

jueves, 12 de abril de 2012

Recursos para repasar o tema 8 das linguas

A vindeira semana temos os controles do tema 8 de galego e castelán. Para que poidades repasar doutro xeito máis ameno subín recursos do tema ás páxinas correspondentes do blog. Xa sabedes, na columna da esquerda entrade nas páxinas de galego e castelán e facede click no repaso do tema 8.

Que nos conta...Marcos

Hoxe é a quenda de Marcos. Isto é o que nos conta:
Conto favorito
Os tres porquiños, porque me gustan os animais e porque entre os tres irmáns conseguiron vencer ao lobo.
 
Persoaxe de conto que che gustaría ser
Gustariame ser Peter Pan porque pode voar e recatar aos seus amigos cando están en perigo.
 
Final de conto que cambiarías
Cambiaría co conto do rei león. Gustariame que o pai de Simba non morrese e estives para ver como o seu fillo vence ao seu malvado tío e pon xustiza na selva.

Charla do SEPRONA

O alumnado do segundo e do terceiro ciclo tuvo a sorte hoxe de recibir unha charla dun axente da Garda Civil que nos viu falar de que é o SEPRONA, cales son as súas funcións e, especialmente, do tema dos incendios, as súas consecuencias e que podemos facer para evitalos.
Os cativos da Reboraina tiveron que estar ben atentos pois esta tarde teñen que facer unha redacción sobre a charla. Teño gañas de que chegue mañá para saber con que se quedaron os meus rapaces!

miércoles, 11 de abril de 2012

Que nos conta...Sara

Ao principio de curso comezaramos con esta sección e agora que estamos no mes no que se celebra o día do libro retomámola. Hoxe é a quenda de Sara, a ver que nos conta:
Conto favorito
A sereíña, porque me gustan as sereas e porque ela prefire morrer antes que o seu amado.


Persoaxe de conto que che gustaría ser
A irmá da Sereíña porque me gusta moito como bucea.


Final de conto que cambiarías
Gustaríame que o final do conto O soldadiño de chumbo fose bonito e que el non morrera.

martes, 10 de abril de 2012

O día da árbore...O día do libro

Este mes estamos cheos de actividades no centro. Por un lado, estamos pendentes de saber se a climatoloxía acompaña para poder ir plantar árbores este venres. Por outro lado, este mes celebramos o día do libro. Aproveitarei o rsto do mes para retomar a sección Que me conta..., moi apropiada para celebrar dita conmemoración.
Ademais, xuntando os dous acontecementos ocurriúseme buscar na rede algún conto relacionado coas árbores e atopei este video que espero vos guste.

lunes, 9 de abril de 2012

A lectura no mes de marzo

Durante o mes de marzo aproveitamos para facer dúas actividades relacionadas coa lectura:
  • Examinar o material que chegou na maleta viaxeira procedente dos centros integrantes de Agrupacións escolares.
  • Colaborar na promoción do comic seleccionando exemplares da mostra que a Biblioteca Municipal de Redondela emprestou ao centro durante o mes de marzo. Hai que dicir que na nosa clase foi todo un éxito pois case todo o alumnado quiso levar emprestado para a súa casa algún comic.