martes, 22 de enero de 2013

Revista nº 13

Por fin xa estamos ao día coa publicación da revista. Se as tecnoloxías ou a saúde non fallan espero voltar de novo ao plan inicial. É dicir, o equipo responsable da revista redacta durante a semana e eu publico na finde. Crucemos os dedos!

REVISTA Nº 13

lunes, 21 de enero de 2013

Lecturas pola paz 1

A semana pasada os galácticos inauguraron as Lecturas pola Paz. Para lembrar os relatos que escolleron só tedes que premer no título do relato e accederedes directamente ao video. Puxeron o listón moi alto, a ver o que fan esta semana os piratas.

domingo, 20 de enero de 2013

A Paz: actividades de centro

Coma todos os cursos como parte da celebración do Día da Paz se escolle unha canción para cantar todos xuntos. Este ano toca "Cantarela de paz e amor". Déixovos os enlaces para escoitar o audio e para poder ler a letra da canción e así aprendela.

jueves, 17 de enero de 2013

Revista de aula

Xa sei, xa sei, levo moito atraso, pero como di o refrán más vale tarde...

Revista nº 10

Repasando as linguas...

A vindeira semana temos controles de CM e das linguas. Os recursos para repasar as linguas xa os subín este luns. Só faltaban os das linguas e xa están na nosa páxina (23-28) listos para que repasedes con eles.



lunes, 14 de enero de 2013

Recursos sobre as plantas

Xa trasvasei os recursos da páxina da vida na Terra á web de recursos que empregamos este curso, así que xa podedes repasar a materia que entra no tema 4, tanto a referida aos animais como a das plantas.

Entroido: Os exipcios

Como todos sabedes este curso o tema do centro é "O home: ese ser extraordinario. Vida, historia e obras". Cun tema tan aplio había moitas posibilidades para escoller de cara o entroido. Como gustaron moito os temas de historia xa traballados as titoras de 4ºdecidimos escoller algo relacionado pero que non se explicara na clase, ou se fose explicar no libro.
No primeiro trimestre mencionamos varias civilizacións, pero só estudiamos a romana. Así que escollimos os exipcios, dos que falaremos un pouco na clase, como tema do entroido. Se tedes material relacionado con eles podedes traelo á clase para compartilo cos demais.

miércoles, 9 de enero de 2013

Recursos sobre os animais

Subín á web de recursos algúns dos enlaces do curso pasado para repasar e un novo. Trátase de Animalandia, onde poderedes atopar imaxes, videos e moitas máis cousiñas relacionadas cos animais. Podedes ir á nosa páxina ou acceder directamente premendo na imaxe. Espero que vos guste.

martes, 8 de enero de 2013

Poñéndonos ao día

Tal e como comentei anteriormente tiven dificultades para subir os videos pola mala concexión a internet así que eso e o primeiro virus do ano fixéronme tomar a decisión de subilos á volta das vacacións. Xa que non temos revista nin lecturas pola paz ata a vindeira semana aproveitarei esta para subir cada día algo ao blog ata completar os videos e números da revista que faltan.
Nesta ocasión déixovos con dous videos, só tedes que premer no título para acceder a eles:

martes, 1 de enero de 2013

Recursos para repasar

A miña conexión a internet en Coruña é moi mala, así que non sei se poderei subir os videos que faltan  durante estos días, pero tratarei de facelo. Mentres tanto, acabo de colgar novos enlaces na nosa web de recursos relacionados cos últimos contidos traballados nas linguas (recursos do 17 ao 22) e nas mates (nº 14) para que podades repasar durante as vacacións.

Feliz 2013