miércoles, 27 de febrero de 2013

Elección do Cartel do concurso da Reboraina

Como todos os cursos o alumnado fixo debuxos para o cartel do concurso da Reboraina e hoxe saíron os resultados. Temos motivos para estar moi contentos, a alguén hai que darlle a noraboa. Pero, para que escribir algo que xa está ben escrito? Premede na imaxe para enlazar co blog da biblioteca e acabar co misterio.


miércoles, 20 de febrero de 2013

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA

O 23 e 24 de maio terá lugar a avaliación diagnóstica do alumnado de 4º de EP. Non se pode facer xirar todo o que se fai na aula arredor desta proba, pero é certo que tamén hai que preparala.
Como medidas para ir preparándoos tomamos as seguintes:
  • Adecuación dos tempos. Deben afacerse a usar o tempo necesario nas tarefas, pois moitas veces invirten dez minutos en actividades que se fan en dous. Así que reducimos o tempo dos controles, pero sempre de maneira racional.
  • Actividades relacionadas co tempo. Non son conscientes do paso do tempo e, en parte por iso, non o aproveitan ben. De aí a obriga de vir con reloxo ao colexio. Ao longo da mañá preguntareilles a hora, canto falta para tal cousa, canto tempo pensan que nos vai levar facer algo, etc para que vaian tomando conciencia. Así de paso, cando chegue o tema do tempo en matemáticas teremos medio traballo feito ou máis, e de xeito significativo para eles. Algúns xa controlan bastante o reloxo pero outros case non son capaces de ler a hora nel, moito menos facer cálculos sobre canto tempo falta, ou canto tempo pasou... Na casa podedes axudar fácendoos conscientes do tempo, pedíndolles que tamén usen o reloxo fóra do horario escolar, facéndolle preguntas relacionadas co tempo.
  • Faremos exemplos de probas diagnósticas, para que se afagan ao formato, e que tamén puntuarán na segunda e na terceira avaliación. Como as probas son bastante longas o máis probable é que as fraccionemos para facelas en varias sesión (o tempo para facelas será o que dicta a proba pero fraccionado en tantas partes como dividamos a proba).

martes, 19 de febrero de 2013

Proxecto San Valentín 2

O proxecto de san Valentín relacionado con Europa aínda non rematou. Ten unha segunda parte e para levala a cabo teredes que usar os recursos que aparecen enlazados nesta entrada. Cada un terá que buscar determinados datos do país que escolleu, cubrir unha papeleta con eles e logo pegala no mural.
 Continuará...

lunes, 18 de febrero de 2013

Revista nº 16

Esperei a esta semana para publicar a revista poisa semana pasada con só dous días lectivos ía haber dous especiais máis dos galácticos e así quedaban todos xuntos no mesmo número. O caso é que no lugar dun número con tres especiais vai un con ningún, pois non cumplen os requisitos. Espero que non volva a suceder. Estou moi decepcionada.

Revista nº 16

jueves, 14 de febrero de 2013

O Entroido en imaxes

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, non si? Pois aquí tedes dous videos para lembrar o Entroido do 2013 no cole. Coma sempre, para evitar que o blog tarde moito en cargar, enlaceinos no lugar de incrustalos directamente. A disfrutar!

miércoles, 13 de febrero de 2013

Proxecto san Valentín

Imos facer varias cousiñas relacionadas co día de san Valentín. Unha delas ter que ver cos idiomas e as bandeiras. Non dou máis pistas que os enlaces que deixo a continuación para ver se sodes quen de adiviñar o que imos facer.

lunes, 4 de febrero de 2013

Lecturas pola paz 3

Con este video finalizamos as lecturas pola paz correspondentes ao curso 12/13. Estou moi orgullosa do traballo realizado polos cativos e as familias.
Como as lecturas escollidas polo equipo dos leóns son bastante curtas optei por editar un só video con todas elas, que é o seguinte:
 

Lecturas pola paz 3 from oscativosdareboraina on Vimeo.

Celebrando a paz

Con motivo do Día internacional da Paz fixéronse varias actividades no centro. Dentro das actividades plásticas relacionadas co tema houbo de todo un pouco. Déixovos cun video onde podedes ver o resultado de varias nas que estiven implicada dun xeito ou outro.
CELEBRANDO A PAZ from oscativosdareboraina on Vimeo.