viernes, 28 de junio de 2013

Lembranzas: Última actividade do portfolio

A última actividade que fixemos para o Portfolio Europeo das Linguas incluía a lingua galega e a lingua de signos. Tratouse dunha versión en bimodal do poema Versos de Mar para a que contamos coa colaboración de Alicia.

VERSOS DE MAR from oscativosdareboraina on Vimeo.

miércoles, 26 de junio de 2013

Aviso: o blog segue activo durante o verán

O curso 13/14 empeza en setembro o que significa que ata entón seguides sendo os meus alumnos e alumnas e este blog está á vosa disposición. Seguirei actualizando o blog pero con "horario de verán". Isto significa que:
  • Ao longo do verán irán aparecendo (pouquiño a pouco) vídeos que quedaron pendentes de publicar e os números da revista que faltan.
  • Se atopo novos recursos que complementen aos que xa están subidos ou que vos axuden a preparar o vindeiro curso publicareinos no blog para que podades ter acceso a eles.
  • Se algunha familia atopa algún recurso na rede que considere pode ser de interese xeral que mo comunique a través do correo e o enlazarei dende o blog. Do mesmo xeito, se queredes compartir información sobre calquer evento que poda ser interesante podedes usar a mesma vía.

Recomendacións para o verán

Este fin de curso non me deu tempo a preparar unha nota con recomendacións para o verán que incluir no sobre co boletín. Aínda que din recomendacións xerais nas titorías ás familias e aos cativos de forma oral, prometín facer tamén un resumo das mesmas dende o blog. Velaí van!:
  • Os días do verán son largos e hai tempo para todo. Unha horiña ao día para repasar un pouco e ler non fai mal a ninguén e fai que a volta á escola en setembro se leve mellor.
  • Quedaron pendentes de rematar e algunhas páxinas sen correxir dos cadernos de comprensión lectora e de problemas. Así que traballar neles é unha boa forma de repasar.
  • Rematamos todo o temario agás os últimos tres temas das linguas. Botádelle unha ollada!
  • Para repasar os contidos das distintas materias podedes usar as páxinas de repaso ao final de cada tema e de cada libro.
  • Para os que seguen tendo moitos problemas de ortografía repasade especialmente esta parte dos temas. Pódenvos facer os ditados na casa, tanto os propostos polos libros como usando calquera das lecturas dos mesmos.
  • A páxina de recursos do blog segue aí para o seu uso. Se atopo algún novo recurso o publicarei no blog e o engadirei á nosa páxina.

viernes, 21 de junio de 2013

Fin de curso en imaxes

Estas últimas semanas estivemos moi ocupados, e non só cos ensaios do festival. Houbo a excursión de fin de curso xunto co outro 4º, organizamos o 1º Torneo Cativos da Reboraina de baloncesto, tivemos o festival e ata nos deu tempo para aproveitar os traxes do teatro negro para usar as nosas dotes artísticas. Como son moitos videos, e non quero que haxa problemas para cargar o blog se os inserto directamente, simplemente premede no título do video que queirades ver e xa enlazaredes con el.
  1. Excursión fin de curso
  2. Torneo de baloncesto
  3. Teatro negro: Unha eiruga moi larpeira
  4. Os cativos escuros en: