miércoles, 10 de diciembre de 2014

PANXOLIÑA

Este é o video-karaoke da panxoliña de "Fuxan os ventos" que imos cantar este curso no festival de nadal do cole.

jueves, 20 de noviembre de 2014

OBRA DE PIET MONDRIAN

Faremos unha reprodución a pequena escala no blog de debuxo desta obra e tamén a gran escala para decorar a porta da nosa clase. Xa estou desexando ver o resultado!

martes, 4 de noviembre de 2014

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

O pasado xoves 30 de outubro celebramos o Samaín no cole:
  • Queimamos os nosos medos no patio.
  • Os de 2º fixeron unha obra de teatro relacionada co Samaín que xa fixeramos nós cando estivemos en 2º.
  • A biblioteca ofreceu "actividades monstruosas" durante toda a semana.
  • Decoráronse os corredores e as portas das aulas de forma terrorífica.
Na nosa clase ademais, a profe repartiu o libro "El pequeño vampiro" para ler todos xuntos e fixemos arañas e bruxas de papel. Polo visto adicaremos o resto do mes de novembro ao "medo".


Equipo: Caballos del viento



lunes, 3 de noviembre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado venres 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas. No noso colexio abriuse a biblio cun concerto no recreo. Ademais, trouxemos un alimento a cambio dun libro e empezamos a lectura silenciosa.
Na nosa clase fixemos unha comprensión lectora sobre o lema das bibliotecas escolares deste curso. Tamén miramos o contido da caixa e mochila viaxeira. Pasámolo xenial, foi moi divertido.

Reportaxe do equipo Suricato


jueves, 23 de octubre de 2014

ACENTUACIÓN

Esquema repaso das normas de acentuación. Só tedes qe premer na imaxe para ampliala.


sábado, 18 de octubre de 2014

BALONCESTO NO COLE

O pasado martes 14 de outubro viñeron ao Pabellón Municipal de Reboreda dous monitores do CLub de Baloncesto de Redondela que se chamaban Antón e Diego. Viñeron para promocionar o deporte e para falar do club por se alguén quere apuntarse.
Dividíronnos en dous equipos de sete. O equipo de Diego despois de estirar fixo varios xogos co balón e despois meteron moitas canastas. O equipo de Antón ademais dos xogos fixo un minipartido.
Todos pasámolo moi ben!
REPORTAXE DO EQUIPO TURBO

BALONCESTO NO COLE from oscativosdareboraina on Vimeo.

jueves, 16 de octubre de 2014

FUNCIÓNS DO CEREBRO

Moitos de vós tedes moitas preguntiñas na cabeza para ampliar os temas de CM. De cando en vez porei algún gráfico con información a maiores que vos poda resultar interesante. Espero que vos guste.

CANCIÓN DO EQUIPO "LOS CABALLOS DEL VIENTO"

Mais vale tarde que nunca...
A semana pasada era a quenda do equipo "Caballos del viento" para publicar no blog. Cousas das primeiras veces, fórono deixando, cambiaron de tema varias veces...pero por fin xa temos a súa actividade: unha canción escrita por eles. Espero que a próxima vez sexan máis responsables á hora de preparar o traballo e de entregalo no plazo correspondente.

A ESTRELA QUE ME ILUMINOU
Unha estrela xa no ceo
brilla no alto
e se quere acercar.
Todos xuntámonos
para vela brillar.

Quere chegar, quere brillar
e a todos abrazar.
Pobre estrela,
xa no ceo
que nos quere iluminar.
Como vai vir
se non se pode,
non se pode achegar.

Ai, ai, pobre estrela
que non se pode achegar.
Quérenos abrazar e iluminar.

 
Quere chegar, quere brillar
e a todos abrazar.
Pobre estrela,
xa no ceo
que nos quere iluminar.
Como vai vir
se non se pode,
non se pode achegar.

 

martes, 14 de octubre de 2014

NOVEDADES NA NOSA PÁXINA DE RECURSOS

Teño dúas novedades que comentar:
  1. Esta mañá non puidemos ver un video relacionado co aparato excretor porque fora eliminado. Atopei outro moi chulo ademais de dous videos-resumo da función de nutrición, que é o que nos queda por mirar do tema 2. Que tocará a próxima semana?
  2. A profe Mariví falou comigo para ver a posibilidade de subir no noso blog os enlaces aos xogos que usades con ela na clase de inglés e por suposto díxenlle que non había problema. Así que a nosa web ten agora unha páxina de inglés que funciona igual que as das outras materias. Irá aumentando os recursos segundo a profe me vaia dicindo que quere que suba á web. De momento tedes tres enlaces para repasar os números.

lunes, 13 de octubre de 2014

HORTO ESCOLAR: AVALIACIÓN INICIAL

A primeira actividade relacionada con Voz Natura deste curso foi unha pequena avaliación inicial. Xuntámonos por equipos para tratar de responder a tres preguntas:
  • Que é un horto?
  • Para que serve un horto?
  • Que é un horto ecolóxico?
Algunhas das respostas foron máis atinadas ca outras, algo lóxico e normal ao principio dun proxecto. Eso si, espero que ao final do curso todos teñamos claro como responder a esas cuestións.
Ademais, aproveitamos para ver quen tiña horto e que cultivaban nel. Con toda a información obtida fixemos un mural que colgamos no taboleiro, na sección de Voz Natura.



RECICLAXE DE CAIXAS DOS OVOS

Aínda que o tema principal deste curso para Voz Natura é o Horto escolar ecolóxico eso non significa que esquezamos o tema da reciclaxe que tanto traballamos o curso pasado, especialmente coas manualidades. Por iso pareceume interesante un artigo que atopei sobre diferentes usos que lles podemos dar ás caixas dos ovos. Eu, por exemplo, uso unha de media ducia para poñerlle os piensos a Loki, o meu canciño...pero se premedes na imaxe veredes moitas ideas máis. A que esperades?
http://www.veoverde.com/2012/04/utiliza-las-cajas-de-huevos-de-10-creativas-maneras/

AVISO SOBRE RECURSOS LC

Xa solucionei o problema cos enlaces aos recursos de LC relacionados co tema 2 así que xa podedes repasar con eles para o control deste venres.

domingo, 12 de octubre de 2014

12 DE OUTUBRO: DIA DA HISPANIDADE


RECURSOS MATE E CM

Imos empezar co tema 3 de matemáticas adicado á multiplicación. Non hai nada novo neste tema, é todo repaso do curso pasado. O novo virá no tema 4. Para aqueles que teñan un pouco esquecidas as táboas de multiplicar, e para os demais tamén por suposto, subín 3 xogos á nosa páxina de recursos. Están no número 8 do apartado numeración e cálculo.
Respecto a CM, subín tres novos recursos relacionados co tema 2, son os números 14, 15 e 18. Ademais, atopei un xogo superchulo de preguntas relacionadas cos temas que estamos traballando en CM. Se premedes na imaxe accederedes a él.
http://www.activilandia.es/juegos/maquina-latir/index.html

martes, 7 de octubre de 2014

VISITA Á FERVENZA DE REBOREDA

O pasado venres fixemos a segunda saída do curso, neste caso á fervenza de Reboreda. O equipo Suricato encargouse de escribir a reportaxe para o blog.

" O día 3 de outubro fomos á fervenza de Reboreda cos nenos de 4ºA, a nosa profe e a profe Luisa. Polo camiño atopámonos coa profe Vero.
Agora está máis bonita que cando fomos vela cando estabamos en infantil. Fixeron unha pasarela de madeira para poder achegarse e ver mellor. Daban ganas de meterse na auga.
Había moito bichos chamados zapateros e plantas invasoras chamadas orellas de gato. O son da auga era moi relaxante. Temos ganas de volver."


EQUIPO SURICATO

miércoles, 1 de octubre de 2014

10 APPS DE CONTOS CLÁSICOS

Moitos de vós manexades moi ben as novas tecnoloxías e coñecedes moitísimas "apps". Pois agora temos tamén apps de contos clásicos para que podades disfrutar deles en distintos formatos e dispositivos.
Se premedes na imaxe accederedes ao artigo da web www.educaciontrespuntocero.com con información sobre as mesmas.

http://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/10-apps-de-cuentos-clasicos-para-tabletas/18126.html

lunes, 29 de septiembre de 2014

A FERVENZA DA FEIXA

Cando estabades en infantil loitáchedes pola recuperación da fervenza da Feixa en Reboreda e por fin é unha realidade. A fervenza xa está aberta ao público e en breve iremos visitala. De momento déixovos cunha foto. Se premedes nela poderedes ler o artigo que publicou o Faro de Vigo no que se menciona a vosa reivindicación de fai xa uns anos. É momento de celebrar e disfrutar desta fermosa paisaxe.
http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/09/27/reboreda-abre-turismo-cascada/1101551.html

miércoles, 24 de septiembre de 2014

SAÍDA AO MERCADO

O pasado mércores 17 de setembro fixemos unha saída ao mercado de Redondela. Cunhas monitoras estupendas visitamos distintos postos do lugar e aprendimos moitas cousas de peixes, carne, froita e verdura... Logo subimos a ver un video sobre o "famoso choco de Redondela" mais unha exposición.
Antes de marchar agradeceron a nosa visita cunha sana e riquísima brocheta de froita.

martes, 16 de septiembre de 2014

RECURSOS DO TEMA 1 TODAS AS AREAS

Este curso a nosa páxina de recursos ten subpáxinas, unha para cada area. Tedes que premer na columna da esquerda enriba da area da que queredes ver os recursos, tan sinxelo coma iso, logo seleccionar o recurso que querades e listo!
Están subidos recursos para practicamente todo o curso aínda que haberá que actualizalos, quitar algúns e engadir outros novos. Iso fareino tema a tema.
De momento podedes ir mirando os recursos  do primeiro tema de cada area, que son os seguintes:
  • CM: O ser humano, recursos do 1 ao 11
  • LINGUAS: Gramática e ortografía, recursos 2 e 3
  • MATE: Numeración e cálculo, recursos do 1 ao 6
  • PLÁSTICA: Color, recursos do 1 ao 3

domingo, 14 de septiembre de 2014

Alimentación sana

Esta semana empezamos o tema da alimentación e nutrición. Coincídenos xenial coa saída que imos facer este mércores 16 de setembro ao mercado de Redondela. Para ir abrindo boca déixovos co  video gañador do concurso "Nutrivideos" do ano 2009.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

Benvid@s ao curso 2014-2015

Empeza un novo curso e espero que os cativos da Reboraina estén desexosos de aprender moitas cousas e ao mesmo tempo disfrutar. A pesar da marcha de Paola, á que lle desexamos o mellor no seu novo centro, seguides sendo quince porque neste curso contamos coa presencia de Unai, que espero, en breve se sinta como un mais.
A aprendeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeer!...E divertirseeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!

domingo, 6 de julio de 2014

Familia e saude

Acabo de atopar unha excelente web, Familia y salud", que pode interesar ás familias, e ao profesorado tamén, tanto no verán como ao longo de todo o ano. Ten que ver coa saúde dos cativos e da moitos consellos que abarcan distintas áreas. Se premedes na imaxe accederedes directamente a ela.
http://www.familiaysalud.es/

martes, 24 de junio de 2014

ACTIVILANDIA: parque temático virtual

Este proxecto, presentado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e posto en marcha pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) está dedicado a promover a alimentación saudable e o ocio activo nos nenos e nenas de primaria (de 6 a 12 anos) e , ao mesmo tempo, achega contido informativo para padres, madres e educadores. Combina contidos lúdicos e educativos en distintos formatos audiovisuais: xogos dixitais, vídeos, música, descargas, animacións en dous e en tres dimensións...
Propón consellos para realizar unha alimentación variada e equilibrada, xogos e actividades en familia, na escola, no parque con amigos, deportes, baile, así como outros hábitos saudables de hixiene ou sono adecuado.
Preme na imaxe para acceder á web e poderás disfrutar e aprender ao mesmo tempo!
http://www.activilandia.es/
 

lunes, 23 de junio de 2014

XOGOS EDUCATIVOS TIC PARA O VERÁN

No blog de Aula Planeta atopei este artigo sobre diversas versións online de xogos educativos coñecidos por todos que nos poden server a cativos e maiores para manter en forma o noso cerebro durante as vacacións.
Xa sabedes o que hai que facer, se premedes na imaxe accederes ao contido do que vos falo. Espero que vos guste.
http://www.aulaplaneta.com/2014/06/20/en-familia/siete-juegos-educativos-tic-para-que-tus-hijos-se-diviertan-en-vacaciones/

domingo, 22 de junio de 2014

CONSELLOS PARA O VERÁN

No blog de "AulaPlaneta" atopei unha entrada cuns bos consellos para disfrutar o verán en familia. Reomendo especialmente aos adultos da casa que lean o primeiro punto no que con outras palabras lembra os orientacións de cara o verán que din nas últimas titorías. Só hai que premer na imaxe para acceder ao artigo.
http://www.aulaplaneta.com/2014/06/16/en-familia/cinco-ideas-para-disfrutar-con-tus-hijos-este-verano/


PUBLICACIÓNS DURANTE O VERÁN

Estade pendentes durante as vacacións pois aproveitarei para subir ao blog videos que quedaron pendentes ao longo do curso e porque tamén aproveitarei para poñer enlaces a xogos ou páxinas web ou consellos para disfrutar "usando o coco" durante o verán.

martes, 17 de junio de 2014

A nosa Coca...e as dos demais

A semana pasada por fin rematamos a nosa Coca. Seguindo coa dinámica de facer manualidades con material de refugallo empregamos como elementos principais follas de periódico e papel de alumiño dos bocatas. A técnica foi moi sinxela pero quedounos estupenda, verdade?
O máis complicado foi cortar as tiras de papel e mantelas enroscalas nos rotuladores durante uns días para que curvaran un pouco, tarefa na que os nenos e nenas se convertiron nuns expertos. Logo se trataba de pegar e listo! O papel plata das ás e da cola só había que pegalo respectando as liñas do debuxo. Unha vez remataron os nenos, a profe ocupouse da cabeza, de poñerlle o soporte e forrala por detrás. A isto se lle chama traballar en equipo!
Dende o mércores pasado ata o venres as cocas de todo o cole estiveron expostas nos xardíns do cole. Este luns baixaron a Redondela para que os que queiran poidan ir velas ao multiusos. Para os que non as viron todas ou queren volver a velas premede na foto e accederedes ao video da COCA PARADE que publicou o blog da biblio.
http://biblioblogreboreda.blogspot.com.es/2014/06/coca-parade_1999.html


viernes, 13 de junio de 2014

TODOS COA SELECCIÓN!!!!!

Levamos unha semana moi futbolera: partidos no recreo contra os de 4º, partidos co profe Guillermo, concurso de búsqueda de datos sobre o mundial na titoría...e por que non facer algo distinto para rematar a semana?
Con esta pregunta e sendo venres era lóxico pensar en actividades plásticas. E como se anima á selección  coa plástica?:
  • Facendo guirnaldas-bandeira, para as que empregamos tubos dos rollos do papel hixiénico (seguindo coa nosa filosofía de reciclar e reutilizar sempre que podamos). 
  • Facendo balóns  reversibles para colgar xunto as guirnaldas. Para esta actividade volvemos a usar o compás, as tesoiras e logo a creatividade de cada un.
  • Homenaxeando aos xogadores da selección con debuxos. Nesta actividade contamos con Dani como asesor principal e Iván Vilas como axudante, xa que moitos non sabiamos os nomes de todos os convocados.
No seguinte video temos algunhas imaxes do proceso, do resultado...e unha sorpresa.

Todos coa selección from oscativosdareboraina on Vimeo.

lunes, 9 de junio de 2014

O LIBRO DO OUTONO

Rematou a lectura silenciosa e as caixas e mochilas viaxeiras deixaron as súas aulas para voltar á biblioteca ata o vindeiro curso. Pero aínda quedaba unha actividade pendente. Este curso en todas as aulas fixemos poemas sobre o outono a partir dunha serie de palabras relacionadas co tema. O libro no que se recolle o resultado deste traballo colectivo está pasando por todas as aulas e o pasado venres tocoulle o turno a 3ºB.
Ler cada un o libro enteiro levaría moito tempo e aínda quedan clases pendentes de ver o libro, así que optamos por facer lectura colectiva dalgúns dos poemas recollidos. Non son todos os que están...pero o libro estará na biblio o vindeiro curso para quen quera lelo de principio a fin.


Libro do outono from oscativosdareboraina on Vimeo.

miércoles, 4 de junio de 2014

Teatro plurilingüe

Estudiamos un pouco as características do texto teatral, despois fixemos tanto adaptacións como obras orixinais (seguindo unhas indicacións previas) e finalmente chegou o momento de representalas. 
Houbo que seleccionar as que máis se prestaban e de paso aproveitamos para facer versións en inglés e en LSE de dúas de elas. Temos que darlle as grazas á profe Alejandra por axudarnos cos signos. 
O resultado é un video composto por dúas escenas de conto adaptadas por Marina e María, representadas en galego, inglés e LSE, e dúas mini obras de temática similar, escritas por Antón e Gema e representadas en castelán.


Teatro Plurilingüe from oscativosdareboraina on Vimeo.

A presentación do noso libro de adiviñas

Fai uns días fixemos unha presentación estelar do noso libro "Adiviñas de Redondela" na aula de 4 anos. A reportaxe que fixo a profe Rosa para o blog Pequesreboreda é inmellorable. Para vela só tedes que premer na imaxe.
http://pequesreboreda.wordpress.com/2014/05/26/xogando-as-adivinas-cos-nens-de-3o-b/

martes, 27 de mayo de 2014

Recordatorio das horas

Na web www.escuelaenlanube.com atopei estas dúas estupendas imaxes nas que se resume todo o que hai que saber respecto ás horas no presente curso.


miércoles, 21 de mayo de 2014

Adiviñas de Redondela


Libro de Adiviñas de Redondela from oscativosdareboraina

A semana pasada, despois de traballar as adiviñas na clase de lingua e con motivo das Letras Galegas, fixemos entre todos un libro de adiviñas sobre Redondela. Agora, ademais de en papel tamén o temos en formato dixital para poder velo onde e cando queramos. 

jueves, 8 de mayo de 2014

Persoeiros redondeláns

Este é o resultado do traballo de investigación que fixechedes hai algúns meses sobre distintos persoeiros redondeláns.

Persoeiros redondeláns

domingo, 9 de marzo de 2014

Entroido en imaxes

Co desfile do pasado venres 7 de marzo concluimos os festexos do Entroido do presente curso. Houbo tempo para todo: seguir as ordes do Meco, rapear, facer teatro improvisado aproveitando os disfraces libres do venres 28 de febreiro, aprender a cantiga de Mendiño (gracias profe Isabel) e ata bailar unha danza medieval.
Na espera de conseguir o video dos dous terceiros cantando a cantiga só podo ofrecer imaxes do resto das actividades. Para facilitar a carga das imaxes dividín o contido en tres videos, só tedes que premer no título do video e listo.
Videos:

miércoles, 22 de enero de 2014

Canción Día da Paz

Xa estamos a escoitar nas entradas e saídas a canción que imos cantar o Día da Paz. Trátase de "Alegría". No blog da biblio publicaron unha entrada coa letra e un video da canción interpretada en directo por María Fumaça. Podedes acceder a el premendo na imaxe.
http://biblioblogreboreda.blogspot.com.es/2014/01/cancion-da-paz_22.html

miércoles, 8 de enero de 2014

A nosa Rondalla

O derradeiro día de clase do primeiro trimestre saimos de rondalla por Reboreda adiante xunto cos nenos e nenas de 3º A máis os de 5º. Obviamente non se pode tocar e facer fotos e videos á vez (as profes tamén tocabamos) pero houbo colaboración para obter imaxes. Así que gracias aos blogs da profe Isabel (Musiqueando) e da profe Cris (Imaxinaescola) podemos ter imaxes para lembrar a nosa primeira actuación. Coma sempre, só tedes que premer no video que queredes ver.