domingo, 10 de diciembre de 2017

REPASAMOS ...XOGANDO!!

Noraboa para os que disfrutan cos concursos da tele, chegou a vosa hora. Déixovos con tres xogos de repaso. Dous deles están inspirados nos concursos de Pasapalabra e Quién quiere ser millonario?, e o outro... Mellor comprobádeo vós mesm@s! Só tedes que premer na imaxe para acceder ao xogo correspondente. A disfrutaaaaaaar!





miércoles, 29 de noviembre de 2017

APARECEMOS NOUTROS BLOGS DO COLE

Neste mes de novembro as dúas clases de 3º participaron en dúas actividades das que se fixeron reportaxes noutros blogs do cole:
  • Visita ao zoo de Vigo coas aulas de 1º e 2º. Enlace co blog da biblio AQUÍ
  • Actividade de xeografía con mapas interactivos organizada polo grupo de 6º A e a profe Amparo. Enlace co blog de ciencias desta clase AQUÍ

jueves, 16 de noviembre de 2017

O NOSO NOTICIARIO

Despois de moito traballo velaiquí está a listo para a súa estrea, o primeiro video do curso. Na aula de 3º B fixemos un noticiario relacionado cos animais como primeira actividade de Normalización, encargada pola súa mascota, Pepe o "Mexillón". Todo o mundo traballou, algúns diante das cámaras e outros detrás. Antes do nadal grabaremos outro vídeo e cambiaremos os papeis.
Agradecemos a colaboración das profes Isabel, Amparo, Loli e Uxía. AQUÍ tedes o enlace ao blog de música onde podedes ver como se gravaron "as cortinillas" para as distintas seccións do noticiario.

noticias 3º b from oscativosdareboraina on Vimeo.

martes, 24 de octubre de 2017

AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR NO BLOG

É duro aprender as táboas pero se podemos practicar xogando lévase mellor, non si? Subín á nosa páxina de recursos xogos relacionados coas táboas e co cálculo mental. Non esquezades que se non estudiades primeiro non poderedes xogar.

martes, 17 de octubre de 2017

OS INCENDIOS DE GALICIA...DENDE O ESPACIO

Déixovos dous enlaces para ver como se veían dende o espacio, grazas a satélites da NASA, os incendios deste fin de semana en Galicia e Portugal.

jueves, 12 de octubre de 2017

HAUMEA, PLANETA ANANO CON ANEL AO SEU REDOR

Xa que estamos traballando co tema do noso Sistema Solar pareceume interesante subir ao blog esta noticia que apareceu nos medios estes días. Déixovos cun vídeo e cun enlace a un artigo do xornal "La voz de Galicia"

domingo, 8 de octubre de 2017

MÁIS RECURSOS NA NOSA PÁXINA

Como xa vos avisara, pouquiño a pouco imos encher a nosa páxina de recursos. Estas son as novidades:

  • CCSS: dous recursos interactivos relacionados co sistema solar.
  • CCNN: videos sobre as funcións vitais dos seres vivos, a diferencia entre vertebrados e invertebrados e vídeos de cada un dos cinco tipos de vertebrados que hai.
  • LINGUAS: un recurso interactivo para que practiquedes a comprensión lectora na casa, un de ortografía e dous con diversos xogos relacionados co coñecemento da lingua.

domingo, 1 de octubre de 2017

A NOSA PÁXINA DE RECURSOS...LISTA!

Por fin teño creada a páxina de recursos para este curso. De momento só hai de CCSS pero proximamente aparecerán recursos das demais materias, pouco a pouco, pasiño a pasiño, como a canción. Só tedes que mirar na columna da esquerda do blog e premer no debuxo onde pon  recursos.
Día de celebración!!!!!!

martes, 19 de septiembre de 2017

ABECEDARIO EN GALEGO

Sei que algúns de vós aínda teñen dificultades co abecedario, tanto en galego como en castelán. Atopei unha preciosa canción do abecedario en galego que é perfecta para practicar. A ver quen a
aprende!

lunes, 18 de septiembre de 2017

BENVIDA CURSO 2017-2018

Benvida aos novos grupos de nenos e nenas que empezan este curso 3º de EP. O equipo docente do nivel espera que teñamos un curso bo para todos, alumnado, familia e profesorado.
Mañá, martes 19 de setembro terá lugar a reunión coas familias ás 17.15 h no salón de actos. Será unha reunión conxunta de 3º e 4º curtiña, simplemente para presentar aos especialistas e facer uns recordatorios de normas do centro. A continuación as familias subirán ás aulas coas correspondentes titoras para falar de aspectos máis concretos.
Vémonos!

sábado, 1 de julio de 2017

FELIZ VERÁN



Como despedida, déixovos o festival de fin de ciclo. Como era un arquivo moi pesado, e entendo que non todos tedes a mesma velocidade de internet na casa, fragmenteino en escenas para que vos cargue antes:

jueves, 29 de junio de 2017

RECURSOS PARA O VERÁN

Como xa vos avisei, déixovos enlaces a recursos online cos que podedes repasar doutra maneira, ademais dos que xa tedes na nosa páxina de recursos:

  1. "Grandes documentales"
  2. "Proyecto Arquímedes"
  3. "Escritorio de verano"
  4. "SuperSaber"
  5. "Proyecto Pasapalabra"
  6. "Circuito Estelar"
  7. "¿Eres un científico sabio?
  8. "Elemental querido Watson"
  9. "POPI"
  10. "¿Cómo dice que dijo?
Tamén atopei unha páxina cunha morea de cadernos de repaso en pdf listos para descargar as páxinas que máis vos interese repasar. 

jueves, 8 de junio de 2017

AIRE NO BLOG...

Por fin temos recursos no blog sobre o tema do aire que hai que traballar en CCNN, e que non aparece no noso libro. Ide á nosa páxina e xa sabedes o que tedes que facer. Ánimo que xa queda pouco!

sábado, 27 de mayo de 2017

BALONCESTO NO COLEXIO

Esta semana viñeron ao colexio dous monitores do Clube de Baloncesto de Redondela. Este xoves, 25 de maio tocoulle á nosa clase ter unha sesión con eles.
Xogamos a varios xogos para practicar o bote, o tiro a canasta e o pase. Por exemplo, o primeiro xogo consistía en meternos todos no círculo e os que non tiñan balón tiñan que roubarllo aos que o tiñan. Logo fixemos varios xogos dese estilo e un circuito no que había que rodear uns conos e tirar a canasta. O penúltimo xogo foi unha especie de pano con balón; no lugar de levalo para o noso equipo tiñamos que tirar a canasta. O último foi un mini partido.
A finalidade desta actividade era aprender a xogar mellor ao baloncesto, animarnos a apuntarnos ao clube e ao torneo que se vai celebrar o 3 de xuño.

Artigo redactado polo Equipo Superflash e Super Reporteros

RECURSOS DE MATE SOBRE MEDIDAS

Acabo de subir á nosa páxina de recursos varios enlaces relacionados coas medidas:

  • Un test para repasar as medidas de lonxitude
  • Varias páxinas con recursos variados sobre os distintos tipos de medidas (Medidas Mix)
Así que se queredes repasar de forma interactiva, xa sabedes o que tedes que facer!


lunes, 22 de mayo de 2017

NOVOS RECURSOS SOBRE A REPRESENTACIÓN DO NOSO PLANETA

Xa sabedes que parte da materia que nos queda por dar en CCSS non ven no libro, cousa que a estas alturas xa non nos sorprende, verdade?
Esta mañá leváchedes unha ficha con teoría sobre os tipos de mapas. Ademais, acabo de subir á nosa páxina de recursos videos relacionados cos tipos de mapas, as escalas, o globo terráqueo, como localizar un punto segundo as coordenadas xeográficas, etc. Estes recursos sérvennos para preparar a proba oral de carácter práctico correspondente aos estándares 2.2.1., 2.4.1. e 2.3.1.
Ánimo, que xa queda pouco!

domingo, 21 de mayo de 2017

Mapa mudo sinalado

Xa vos comentei na clase que na proba do mapa non habería números senón flechas ou sinais para poñer o nome que corresponda ao lado. Por que? Porque é importante que saibades onde están e non só que memoricedes a que número corresponde cada cousa. Déixovos a plantilla que usarei na proba e mañá douvos unha cuberta na que xa aparece o que faltaba.

martes, 28 de marzo de 2017

AS PLANTAS

Atopei estes videos superchulos sobre o crecemento e o ciclo de vida dunha planta. Espero que vos gusten tanto como a min.


martes, 21 de marzo de 2017

LIBROS ONLINE E HISTORIA

En weeblebooks.com podedes atopar unha chea de libros para ver online ou descargar en pdf. Penso que dous dos últimos que acaban de publicar en marzo pódenvos interesar. Un titúlase "El robo de la Copa del Mundo" e penso que con ese título xa tedes pistas para saber de que vai, non si?
O outro titúlase "Complutum patas arriba" e está relacionado coa Idade Antiga, concretamente cos romanos en España.
Tamén atopei outros, non tan recentes, que vos poden interesar:

  • "Visitando las pirámides con Bennu", sobre o antigo Exipto.
  • "La guerra de Troya", relacionada coa civilización grega e a Idade Antiga.
  • "Amudsen, el explorador polar", conta a historia do primeiro home que chegou ao Polo Sur.
Se queredes acceder á páxina onde os podedes ver online ou descargar en pdf só tedes que premer na portada do libro que vos interesa e...a disfrutaaaaaar!





miércoles, 25 de enero de 2017

DÍA DA PAZ: WEB INTERACTIVA

Máis recursos sobre a paz para traballar no cole e na casa. Xa sabedes o que hai que facer.
http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/diapaz


martes, 24 de enero de 2017

PUZZLE DO DÍA DA PAZ

Se premedes na imaxe poderedes facer un puzzle relacionado co Dá da Paz. A que estades esperando?
http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=29442a3a2dcb


lunes, 23 de enero de 2017

QUEREMOS PAZ

Coma todos os cursos, entre as actividades que facemos a nivel de centro para celebrar o Día da Paz, vindeiro 30 de xaneiro, está o de cantar todos xuntos unha canción relacionada co tema. Este ano a canción elixida é "Queremos paz", do veterano grupo mexicano Maná. Para que poidades practicar na casa, ademais de no cole, aquí tedes a canción:

jueves, 19 de enero de 2017

O AZUCRE NOS ALIMENTOS INDUSTRIAIS

Déixovos un enlace con información do azucre que hai nunha chea de alimentos procesados moi presentes nas nosas vidas. Só temos que premer na imaxe.


miércoles, 18 de enero de 2017

Blanco e científico nadal

Atopei este xogo de preguntas de CCSS relacionado co nadal. Toca temas que xa vimos o curso pasado e algunha outra pregunta que ao mellor non sabedes contestar, pero por probar...


viernes, 13 de enero de 2017

ALMORZOS SAUDABLES

Xa que estamos co tema da alimentación, tomades almorzos saudables? Son variados? Atopei unha publicación da dietista Lidia Folgar onde recolle 60 almorzos saudables que fai coa súa familia. Se cadra podemos coller ideas, non si?
Só tedes que premer na imaxe para acceder ao artigo.