Si, liches ben! Hoxe que celebramos no cole, coma todos os 30 de xaneiro, o día da PAZ, en Galicia chove auga do mar Caribe. Como é iso posible? Premede na imaxe para poder ler un artigo de GCIENCIA onde o explican. Xa que a semana pasada estivemos en Meteogalicia coidei que vos interesaría este artigo.
miércoles, 30 de enero de 2019
miércoles, 23 de enero de 2019
CANCIÓN DÍA DA PAZ
Como xa comentamos na clase, o vindeiro mércores 30 de xaneiro celebramos nos colexios o Día da Paz. Este ano escollimos a canción da banda sonora da película Tadeo Jones 2 "Todo es posible".
- Temos que aprendela toda? Non é necesario, con aprender o retrouso (estribillo) que cantará todo o cole e a parte que lle toca a 4º chega.
- ¿Cal é a parte de 4º? É a estrofa de 4 versos que se canta a continuación da segunda vez que cantamos o retrouso:
Te miro otra vez
y vuelvo a tener
el mundo a mis pies
Soy gigante con tocar tu piel.
Quedade tranquilos, mañá dámosvos por escrito tamén o retrouso e a nosa estrofa para que podades practicar na casa e no cole.
Aquí tedes dous vídeos: unha versión karaoke e a versión cantada por David Bisbal e Tini Stoessel
Aquí tedes dous vídeos: unha versión karaoke e a versión cantada por David Bisbal e Tini Stoessel
