O día de hoxe foi un pouco caótico. Non paramos nin un momento, nin os cativos nin eu, o que fixo que, unha vez máis, me decatase de que non entregara o diario ao seguinte redactor. Para non variar estou empezando a casa polo tellado unha vez máis.
A primeira hora marcamos a data. Dende onte Brais a marca no seu calendario á vez que o compañeiro que lle toca a marca noutro calendario. Despois baixamos á biblioteca a facer o empréstito semanal da aula. Ao chegar á aula cada un ensinou ao resto o libro que colleu e que espera disfrutar na casa. Houbo eleccións de todo tipo: información, comic, narrativa...
Rematamos coas primeiras presentacións en lingua galega, que consistían na memorización e recitado dunha poesía. Ademáis tivemos dúas presentacións voluntarias. Diego nos falou dunha das aventuras de Hércules, o heroe mitolóxico, e Sara de alimentación. Jose Rodriguez trouxera unhas monedas doutros países para ensinarnos pero o profe Guillermo estaba a piques de chegar, así que o deixamos para despois.
A terceira hora tocabanos plástica, así que empezamos co tema do nadal, iniciando unha postal pop-up e o calcetín de Papá Noel. Como andaban un pouco revolucionados quedaron cinco minutiños no recreo para recobrar a calma.
A cuarta hora tiñan inglés, pero unha vez máis quedaron comigo. Esperamos que a vindeira semana a profe Mariví xa esté con nosotros. Aproveitamos esa hora para facer CM no lugar de facelo á última hora. Miramos os videos de "Érase unha vez ..." (colgados no blog) referidos aos ósos e despois lles fixen unhas preguntas que deron pé a falar dos distintos tipos de fracturas. Canto saben estes rapaces! Jose Rodriguez falounos da fractura "conminuta" que tivo o seu pai .
Xa na quinta hora retomamos a plástica, xa coa profe Alejandra e Brais na aula e deixamos a parte final para repasar o que sabemos da panxoliña e avanzar con outra estrofa. Non nos da tempo a signar todo o que gravamos na lección un, así que tivemos que reducir o número de signos. Como a panxoliña faise un pouco longa non faremos a terceira estrofa e pasaremos directamente á última.
Cando nos decatamos, apenas quedaban uns minutiños para marchar e aínda non lles entregara as tarefas para a finde...que serven para repasar para o próximo exame de CM. Esquecera por completo as monedas de Jose, así que lle pedín desculpas e acordamos que as volvera traer o luns.
E tocando o timbre e saíndo con cera presa pero sen chegar a correr (máis lles vale) rematou o venres dous de decembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario