Ola a todo o mundo, tanto alumnado como familias. Empezamos un novo curso cheo de cambios inesperados pero á vez con ilusión. Ademais, cando non falla o son en 4ºA falla internet en 4ºB e así non hai maneira de usar as tecnoloxías como é debido. Por iso imos con calma á hora de publicar no blog e de crear a páxina de recursos de 4º. Tranquilidade, pois en breve o blog estará á vosa disposición, cheo de recursos para que poidades ver na casa e en calquer outro lugar cando vós queirades. Trataremos na medida do posible que a maioría dos recursos, todos é complicado, poidan verse tanto en ordenadores como móviles, tablets, etc.
Mostrando entradas con la etiqueta Axenda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Axenda. Mostrar todas las entradas
domingo, 23 de septiembre de 2018
BENVIDA A UN NOVO E CIENTÍFICO CURSO
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda
domingo, 23 de octubre de 2016
Día das Bibliotecas Escolares
Esta semana celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Dado que no centro o tema este curso vai de "superheroes" teremos o xoves e venres despois do recreo unhas menos silenciosas do habitual e cheas de heroes por todo o cole.
Para facernos máis gañas de que chegue o momento déixovos cun vídeo superchulo que sei que vos vai encantar.
Para facernos máis gañas de que chegue o momento déixovos cun vídeo superchulo que sei que vos vai encantar.
Etiquetas:
Axenda,
Biblioteca,
Competencia lingüística,
Conmemoracións,
Videos
lunes, 12 de septiembre de 2016
BENVID@S AO CURSO 16-17
Ola a tod@s! Por fin chegou o momento de vernos as caras despois dun verán cun tempo espléndido para disfrutar da praia, familia, amigos...Pero de seguro que tamén moitos de vós estabades desexando que empezara o cole de novo, a que si?
Este curso a profe Tamara xa non está no cole pero manda saúdos para todos. Aínda que a extrañaremos contamos coa sorte de volver a ter no cole á profe Rosa, que se encargará da titoría de 4º A e de impartir inglés nos dous 4º. Eu seguirei con 4ºB e dando a plástica nas dúas clases.
Hoxe foi un día de inicio no que fixemos moito e pouco á vez. Iremos aumentando o traballo pouco a pouco para estar en condicións de traballar ao 100% a próxima semana.
Iso vai ser doado porque contamos nas dúas clases con SUPER ALUMNADO. De feito hoxe traballamos cos novos equipos e na clase de 4ºB xa se bautizaron:
- "Los Superflash"
- "Los super reporteros"
- "Los 4 fantásticos"
- "Equipo X"
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda
domingo, 10 de abril de 2016
RECURSOS DE POESÍA
Esta semana Pepe o mexilón preséntanos como proba facer unha poesía relacionada co tema deste curso:"Educando por unha vida sa". Pero, verdade que os xogadores de fútbol non comezan o partido sen quentar primeiro? Pois iso imos facer nós, repasar un pouco que é a poesía, a rima...antes de poñernos a crear. Para ter exemplos de poesía déixovos un enlace a unha web que crearon na Biblioteca Mestres Goldar de Vigo.
Etiquetas:
Axenda,
Biblioteca,
Linguas,
Recursos
miércoles, 30 de marzo de 2016
Recursos de xeometría
Xa temos na nosa web de recursos videos e xogos relacionados cos contidos de xeometría que andamos a traballar en matemáticas e plástica. Así que si queredes repasar ou adiantar o que imos ver na clase visitade a nosa páxina.
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
Recursos,
Video-leccións
martes, 8 de marzo de 2016
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe celebramos o Día da muller traballadora. Ao premer na imaxe accederemos a unha páxina de recursos sobre o tema. Con algúns deles traballaremos hoxe na clase.
Etiquetas:
Axenda,
Biblioteca,
Conmemoracións,
Recursos,
Videos
lunes, 7 de marzo de 2016
Animais e plantas
Estamos co tema dos seres vivos en CCNN. Na nosa web xa tedes recursos para poder ver na casa cando querades, aínda que, coma sempre, verémolos tamén no cole.
Mañá ademais plantaremos os nosos cultivos. A ver se conseguimos que salgan todos adiante!
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
C. M.,
Recursos
lunes, 15 de febrero de 2016
Educación Vial no cole
Hoxe realizamos actividades de Educación Vial no cole das que tedes que facer reportaxes por equipos para publicar no noso blog. Elena, que nos deu unha charla estupenda e instalou nos ordenadores de informática un xogo co que o pasáchedes moi ben esta mañá, deume información para atopar máis recursos relacionados co tema. Se visitades a nosa páxina de recursos, na área de CCSS hai un novo apartado titulado "Educación Vial" onde podedes atopalos.
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
Biblioteca,
CCSS,
Imaxe e seccións do blog,
Recursos
domingo, 17 de enero de 2016
A Terra e o Sistema Solar
Empezamos novo tema en CCSS e, aínda que é moi apasionante, só estaremos con el ata o entroido así que hai que aproveitatar ao máximo o tempo.
Déixovos na páxina de recursos uns cantos enlaces a páxinas de información, xogos e vídeos relacionados co tema. Ademáis teño dúas sorpresiñas que seguro vós van encantar...pero sorpresa sorpresa!
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
CCSS,
Recursos
jueves, 5 de noviembre de 2015
O gomet da biblio...
Lembrade que este curso cada vez que levades un libro en empréstito podedes conseguir un gomet para pegar no panel de lectores do cole que hai na entrada á biblioteca.
- Quen da o gomet? A vosa titora, é dicir, en 3º A a profe Tamara e en 3ºB a profe Lydia
- Como se consigue? Antes de devolver o libro fala coa profe. Ela te fará algunha preguntiña para comprobar que sí liches o libro. Despois te dará o gomet e cando baixes á biblio a devolver o libro só tes que pegalo no panel ao lado do teu nome.
Sergio e María xa teñen o seu primeiro gomet, ademáis de ter disfrutado moito co seu libro, que é o realmente importante. A que estades esperando?
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
Biblioteca,
Competencia lingüística
martes, 20 de octubre de 2015
INICIAMOS O CURSO 15-16 ...MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA
Boas!
Este curso tardamos en iniciar a nosa andaina no blog pero como di o refrán, máis vale tarde que nunca.
Temos varias novidades que comunicar:
- Ata agora era o blog do grupo B, pero neste curso é o blog do nivel de terceiro, é dicir, tanto do grupo A como do grupo B.
- Na páxina de recursos que estamos creando (moitos enlaces estaban inutilizados) hai novas seccións. Están incluidas seccións de todas as áreas e, ademais, hai unha de proxectos e outra de titoría.
- Non subiremos imaxes do alumnado pero si dos vosos traballos. Intentaremos facer actividades en audio que si subiremos ao blog.
Todos os recursos son traballados na clase pero están permanentemente no blog para que dende casa, se tedes internet ou dende os ordenadores da biblioteca, podades darlle uso cando queirades. Xa tedes subidos algúns recursos de mate e de CCNN.
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
Recursos
martes, 20 de enero de 2015
Canción para o Día da Paz
O vindeiro venres 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Como cada ano no noso centro escollemos unha canción para cantar todos xuntos ese día. Nesta ocasión a elexida é "Eu teño alguén no meu corazón", de María Fumaça. Para poder ver o videokaraoke e aprender a letra da canción, e mesmo a signala, só tedes que premer na imaxe.
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
Celebracións,
Colaboración con outras clases,
Conmemoracións,
Signos,
Videos
miércoles, 10 de diciembre de 2014
PANXOLIÑA
Este é o video-karaoke da panxoliña de "Fuxan os ventos" que imos cantar este curso no festival de nadal do cole.
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
Cancións,
Celebracións,
Colaboración con outras clases,
Recursos,
Videos
lunes, 3 de noviembre de 2014
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado venres 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas. No noso colexio abriuse a biblio cun concerto no recreo. Ademais, trouxemos un alimento a cambio dun libro e empezamos a lectura silenciosa.
Na nosa clase fixemos unha comprensión lectora sobre o lema das bibliotecas escolares deste curso. Tamén miramos o contido da caixa e mochila viaxeira. Pasámolo xenial, foi moi divertido.
Etiquetas:
As nosas produccións,
Axenda,
Biblioteca,
Celebracións,
Competencia lingüística,
Conmemoracións,
Linguas,
Videos
sábado, 18 de octubre de 2014
BALONCESTO NO COLE
O pasado martes 14 de outubro viñeron ao Pabellón Municipal de Reboreda dous monitores do CLub de Baloncesto de Redondela que se chamaban Antón e Diego. Viñeron para promocionar o deporte e para falar do club por se alguén quere apuntarse.
Dividíronnos en dous equipos de sete. O equipo de Diego despois de estirar fixo varios xogos co balón e despois meteron moitas canastas. O equipo de Antón ademais dos xogos fixo un minipartido.
Todos pasámolo moi ben!
REPORTAXE DO EQUIPO TURBO
BALONCESTO NO COLE from oscativosdareboraina on Vimeo.
Etiquetas:
Axenda,
Biblioteca,
Competencia lingüística,
Diario da aula,
Expresión escrita,
Linguas,
Traballo en equipos,
Videos,
Visitas/colaboracións das familias
martes, 14 de octubre de 2014
NOVEDADES NA NOSA PÁXINA DE RECURSOS
Teño dúas novedades que comentar:
- Esta mañá non puidemos ver un video relacionado co aparato excretor porque fora eliminado. Atopei outro moi chulo ademais de dous videos-resumo da función de nutrición, que é o que nos queda por mirar do tema 2. Que tocará a próxima semana?
- A profe Mariví falou comigo para ver a posibilidade de subir no noso blog os enlaces aos xogos que usades con ela na clase de inglés e por suposto díxenlle que non había problema. Así que a nosa web ten agora unha páxina de inglés que funciona igual que as das outras materias. Irá aumentando os recursos segundo a profe me vaia dicindo que quere que suba á web. De momento tedes tres enlaces para repasar os números.
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
C. M.,
Inglés,
Recursos
lunes, 13 de octubre de 2014
AVISO SOBRE RECURSOS LC
Xa solucionei o problema cos enlaces aos recursos de LC relacionados co tema 2 así que xa podedes repasar con eles para o control deste venres.
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
Recursos
domingo, 12 de octubre de 2014
12 DE OUTUBRO: DIA DA HISPANIDADE
Etiquetas:
Axenda,
Conmemoracións
RECURSOS MATE E CM
Imos empezar co tema 3 de matemáticas adicado á multiplicación. Non hai nada novo neste tema, é todo repaso do curso pasado. O novo virá no tema 4. Para aqueles que teñan un pouco esquecidas as táboas de multiplicar, e para os demais tamén por suposto, subín 3 xogos á nosa páxina de recursos. Están no número 8 do apartado numeración e cálculo.
Respecto a CM, subín tres novos recursos relacionados co tema 2, son os números 14, 15 e 18. Ademais, atopei un xogo superchulo de preguntas relacionadas cos temas que estamos traballando en CM. Se premedes na imaxe accederedes a él.
Etiquetas:
Avisos ás familias,
Axenda,
C. M.,
Recursos
lunes, 29 de septiembre de 2014
A FERVENZA DA FEIXA
Cando estabades en infantil loitáchedes pola recuperación da fervenza da Feixa en Reboreda e por fin é unha realidade. A fervenza xa está aberta ao público e en breve iremos visitala. De momento déixovos cunha foto. Se premedes nela poderedes ler o artigo que publicou o Faro de Vigo no que se menciona a vosa reivindicación de fai xa uns anos. É momento de celebrar e disfrutar desta fermosa paisaxe.
Etiquetas:
A nosa contorna,
Avisos ás familias,
Axenda,
C. M.,
Voz Natura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)