sábado, 25 de febrero de 2012

Últimas novas

Levamos un tempo cun funcionamento do blog un tanto intermitente debido a motivos de diversa índole. Se cadra en vez de ser ambiciosos e tentar voltar autómaticamente ás publicacións diarias do principio convén empezar de novo, pouco a pouco, pero seguros ata volver a coller o ritmo.
Pero esta entrada é un resumo do que está acontecendo e do que en breve vai ter lugar na aula dos cativos da Reboraina.
  • Traballo interdisciplinar. A idea é darlle sentido ás aprendizaxes que fan os cativos, así que estamos aproveitando para traballar contidos dende diferentes áreas. Por exemplo:
  1. Aproveitamos que estamos traballando o tempo en mate para traballar a súa explicación científica (movementos de rotación, traslación...) en C. M.
  2. Como estamos estudiando os animais facemos dun traballo de estudio dun animal unha doble tarefa: actividade de investigación para CM e actividade de expresión oral para L.G. Estou desexando escoitar estas novas presentacións.
  3. Deixamos contidos sen traballar nas linguas para traballalos doutro xeito: a descripción como parte do inicio dun conto que están empezando a redactar e a poesía como forma de espresión artística. De feito empezamos esta semana a compoñer pequenas poesías e a facer acrósticos cos nomes dos animais que estamos estudiando.
  •  Inauguramos nova páxina de C.M correspondente ao novo bloque de contidos que empezamos fai unhas semanas e que leva por título A vida na Terra.
  • A vindeira semana empezamos, por fin, o taller de cociña. Alégrame comunicar que contaremos con tres cheffs invitadas que se ofrecen voluntarias para colaborar con nós. Canto imos aprender e que ben van estar os nosos estómagos!
En fin, xa me tarda que chegue o luns para continuar coa nosa andaina...

No hay comentarios:

Publicar un comentario