Durante o mes de marzo aproveitamos para facer dúas actividades relacionadas coa lectura:
- Examinar o material que chegou na maleta viaxeira procedente dos centros integrantes de Agrupacións escolares.
- Colaborar na promoción do comic seleccionando exemplares da mostra que a Biblioteca Municipal de Redondela emprestou ao centro durante o mes de marzo. Hai que dicir que na nosa clase foi todo un éxito pois case todo o alumnado quiso levar emprestado para a súa casa algún comic.
No hay comentarios:
Publicar un comentario