Durante o curso ás veces o día a día fai que non de tempo a subir determinadas cousas ao blog ou que non se fagan actualizacións nas seccións, disposición das mesmas etc. Pero estamos no verán e, sin presa pero sin pausa, van ir aparecendo pequenos cambios no blog (espero que para mellor). O primeiro deles é a inclusión, na columna da dereita, da sección DICIONARIOS, onde podedes acceder aos das respectivas academias da lingua galega e da española, así como ao traductor da Xunta. Espero que vos gusten e vos sexan de utilidade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario