Novo mes, nova actividade voluntaria. Xa que estamos en decembro que mellor que preparar unha lectura de nadal para compartir cos compañeiros, non si? Nesta ocasión as normas son dúas:
- Procurar que o texto escollido non exceda dos 5 minutos.
- Traer algo para ambientar: ben para poñer un mesmo ou para adornar a zona onde se vai ler a lectura. Os preparativos previos á lectura na clase non deben exceder dun minuto, esa é a única condición. O resto queda en mans da vosa creatividade.
Como non parades ata que aparezo no blog, decidín facer eu a lectura inaugural e de paso descubrir a miña faceta como Mamá Noel. A segunda lectura correu a cargo de Marta, quen se anima a ser o/a seguinte? Lembrade que tedes ata o último día de clase do trimestre para participar nesta actividade.
Para que non tarde tanto en cargar a páxina principal do blog non insertei os videos. Pero só tedes que premer no título do video que queredes ver e accederedes directamente.
- A noite do Apalpador (Lectora: a titora)
- El arbolito de Navidad (Lectora: Marta)
No hay comentarios:
Publicar un comentario