O 23 e 24 de maio terá lugar a avaliación diagnóstica do alumnado de 4º de EP. Non se pode facer xirar todo o que se fai na aula arredor desta proba, pero é certo que tamén hai que preparala.
Como medidas para ir preparándoos tomamos as seguintes:
- Adecuación dos tempos. Deben afacerse a usar o tempo necesario nas tarefas, pois moitas veces invirten dez minutos en actividades que se fan en dous. Así que reducimos o tempo dos controles, pero sempre de maneira racional.
- Actividades relacionadas co tempo. Non son conscientes do paso do tempo e, en parte por iso, non o aproveitan ben. De aí a obriga de vir con reloxo ao colexio. Ao longo da mañá preguntareilles a hora, canto falta para tal cousa, canto tempo pensan que nos vai levar facer algo, etc para que vaian tomando conciencia. Así de paso, cando chegue o tema do tempo en matemáticas teremos medio traballo feito ou máis, e de xeito significativo para eles. Algúns xa controlan bastante o reloxo pero outros case non son capaces de ler a hora nel, moito menos facer cálculos sobre canto tempo falta, ou canto tempo pasou... Na casa podedes axudar fácendoos conscientes do tempo, pedíndolles que tamén usen o reloxo fóra do horario escolar, facéndolle preguntas relacionadas co tempo.
- Faremos exemplos de probas diagnósticas, para que se afagan ao formato, e que tamén puntuarán na segunda e na terceira avaliación. Como as probas son bastante longas o máis probable é que as fraccionemos para facelas en varias sesión (o tempo para facelas será o que dicta a proba pero fraccionado en tantas partes como dividamos a proba).
No hay comentarios:
Publicar un comentario