viernes, 10 de mayo de 2013

Saídas para coñecer o noso entorno

Sinto ter tardado tanto en subir esta información ao blog, pero por motivos persoais non puiden facelo antes. Como xa comentei na clase esta semana, estase a celebrar en Ventosela o curso Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio, organizado polo Centro Social a Miñoteira e coordinado pola cooperativa Trespés.
Este curso está destinado a persoas de calquer idade e consta de 16 sesións repartidas entre maio e outubro (as dúas primeiras celebráronse a fin de semana pasada).  O curso completo  para os non socios ten un prezo de 30 euros, pero para as persoas que so lles interese participar nalgunha das saídas poderán abonar so o importe das mesmas.
A vindeira saída é este domingo 12 de maio para percorrer a Senda da Auga, quedamos as dez da mañán no campo de fútbol de Reboreda.
A paisaxe e territorio a analizar é o val do río Maceiras onde poderemos observar e estudar tanto os elementos naturais:a xeomorfoloxía do terreo e a vexetación.... e os elementos introducidos polo ser humano destacando entre eles as liñas de  ferrocarril  construidas en tres séculos diferentes.
 Persoalmente estou asistindo ao curso e podo dicir que é impresionante todo o que se pode aprender, pois coa axuda dos nosos guías aprendemos a mirar o noso entorno con ollos diferentes.
 
Animádevos a vir en familia!
  Aprenderemos moito e pasarémolo estupendamente!

Para máis información podedes chamar  ao teléfono 634 817422
Avisarei con máis antelación das seguintes sesións por se alguén se interesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario