A primeira actividade relacionada con Voz Natura deste curso foi unha pequena avaliación inicial. Xuntámonos por equipos para tratar de responder a tres preguntas:
- Que é un horto?
- Para que serve un horto?
- Que é un horto ecolóxico?
Algunhas das respostas foron máis atinadas ca outras, algo lóxico e normal ao principio dun proxecto. Eso si, espero que ao final do curso todos teñamos claro como responder a esas cuestións.
Ademais, aproveitamos para ver quen tiña horto e que cultivaban nel. Con toda a información obtida fixemos un mural que colgamos no taboleiro, na sección de Voz Natura.
Xenial! Mo levo a páxina de VOZ NATURA.
ResponderEliminar