Lembrade que este curso cada vez que levades un libro en empréstito podedes conseguir un gomet para pegar no panel de lectores do cole que hai na entrada á biblioteca.
- Quen da o gomet? A vosa titora, é dicir, en 3º A a profe Tamara e en 3ºB a profe Lydia
- Como se consigue? Antes de devolver o libro fala coa profe. Ela te fará algunha preguntiña para comprobar que sí liches o libro. Despois te dará o gomet e cando baixes á biblio a devolver o libro só tes que pegalo no panel ao lado do teu nome.
Sergio e María xa teñen o seu primeiro gomet, ademáis de ter disfrutado moito co seu libro, que é o realmente importante. A que estades esperando?
No hay comentarios:
Publicar un comentario