Ola a tod@s! Por fin chegou o momento de vernos as caras despois dun verán cun tempo espléndido para disfrutar da praia, familia, amigos...Pero de seguro que tamén moitos de vós estabades desexando que empezara o cole de novo, a que si?
Este curso a profe Tamara xa non está no cole pero manda saúdos para todos. Aínda que a extrañaremos contamos coa sorte de volver a ter no cole á profe Rosa, que se encargará da titoría de 4º A e de impartir inglés nos dous 4º. Eu seguirei con 4ºB e dando a plástica nas dúas clases.
Hoxe foi un día de inicio no que fixemos moito e pouco á vez. Iremos aumentando o traballo pouco a pouco para estar en condicións de traballar ao 100% a próxima semana.
Iso vai ser doado porque contamos nas dúas clases con SUPER ALUMNADO. De feito hoxe traballamos cos novos equipos e na clase de 4ºB xa se bautizaron:
- "Los Superflash"
- "Los super reporteros"
- "Los 4 fantásticos"
- "Equipo X"
No hay comentarios:
Publicar un comentario