Bo día a todos e todas. Como xa comentei o mércores neste blog vai haber espazo para todo tipo de recursos, pois o Departamento de Orientación ten que dar resposta a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias...Así que recomendo que vos pasedes por aquí todos os días, para que comprobedes o que hai, aínda que tratarei de ser o máis equitativa posible cubrindo todos os frentes.
Se na primeira entrada tocou subir un recurso de yoga, que nos ven estupendamente a todas as persoas neste momento, hoxe toca ir á parte máis académica. A profe Ángeles faloume onte deste recurso e decidín difundilo a través do blog. Trátase dunha iniciativa da Editorial La Calesa, totalmente gratuita. Poñen á nosa disposición un total de 10 caderniños, un por curso ( de 1º EP ata 4ºESO) nos que se recollen exercicios de ortografía, comprensión lectora, expresión escrita, matemáticas e cálculo ABN.
Que hai que facer? Preme na imaxe do anuncio da editorial para acceder á súa web. Alí baixando a pantalla de inicio veredes os enlaces aos distintos caderniños. Preme no curso que che interese para acceder ao pdf e listo. Dependerá de vós , se tedes impresora ou non,o tema de imprimir ou facer os exercicios en papel mirando para a pantalla. Este enlace aparecerá tamén na páxina de recursos do blog, arriba de todo na columna da esquerda, no apartado de recursos xerais.
Aínda que coñecía á editorial e os seus materiais, non sabía que publicaran estos materiais. Grazas Profes, Ángeles e Lydia! Moita Saúde para tod@s!
ResponderEliminarAlégrame que sexa de utilidade esta información. Graciñas polo comentario
Eliminar