Tal e como avanzara anteriormente andivemos aproveitando actividades pendentes da área de lingua para traballalas dun xeito "diferente". No caso do diálogo aproveitamos para traballalo con persoaxes de distintos contos que tiñan cousas das que falar. Espero ter rematado nuns días o libro cos traballo, pero o que si rematamos foron as grabacións dos diálogos. Tendo en conta que os cativos ensaiaron nas súas casas e que no cole simplemente grabamos está claro que temos madera de artistas na clase. Xa estou pensando en como explotar ese talento o vindeiro curso...
Nada de falar do futuro cando aínda non rematou o presente curso. A disfrutar co video!
Que contos tan divertidos!! Noraboa artistas.
ResponderEliminarA verdade é que non so os diálogos están moi ben. Tendo en conta que os ensaiaron eles sós na casa con pouco tempo e que eu me limitei a grabalos...Imaxinade con máis tempo e preparación o que sairía de aquí! A este arte hai que sacarlle partido, así que xa andamos matinando que facer o vindeiro curso tanto ao longo dos trimestres como para o festival. Graciñas polo comentario.
ResponderEliminar