Como remate de fin de curso fixemos unha saída conxunta dos terceiros acompañados da profe Ale, Luisa e a profe Amparo. Algún cativo preguntou pola profe Amparo no autocar. Ela saíra antes para facer os preparativos do xogo de probas que preparou con moito agarimo e entusiasmo para este día. Como non, o resultado foi insuperable, pois os xogos supuxeron usar os miolos, traballo en equipo, promoción da lectura, da creatividade e da imaxinación... Esta compañeira de educación física e responsable da biblioteca sabe moi ben o que fai. Grazas Amparo!
En resumo a actividade consistía en superar dez probas que había que atopar en sobres espallados por unha zona delimitada previamente por Amparo. Os equipos eran mixtos (3º A-3ºB) e tiñan que responder ante tres fadas madriñas: a profe Amparo, a profe Luisa máis eu. Cada vez que superaban unha proba "rescataban un conto". Na proba final, cos contos rescatados houbo que ordenar as palabras máxicas para romper o feitizo e poder abrir o cofre dos tesouros. Nel había unhas preciosas mochilas e chuches variadas para todos.
Logo da merenda era momento de xogo libre e o pasamos moi ben. Os cativos insistiron en que xogara con eles e así o fixen, polo que non teño fotos. Se algunha compañeira documentou o momento xa me ocuparei de subilas.
Fixen un video resumo pero hai poucas fotos porque os nenos estaban espallados nunha zona ampla e había que supervisar en xeral máis ocuparse dos equipos dos que era fada madriña. Pero se algo temos claro e que experiencias deste tipo hai que repetilas no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario