O curso 13/14 empeza en setembro o que significa que ata entón seguides sendo os meus alumnos e alumnas e este blog está á vosa disposición. Seguirei actualizando o blog pero con "horario de verán". Isto significa que:
- Ao longo do verán irán aparecendo (pouquiño a pouco) vídeos que quedaron pendentes de publicar e os números da revista que faltan.
- Se atopo novos recursos que complementen aos que xa están subidos ou que vos axuden a preparar o vindeiro curso publicareinos no blog para que podades ter acceso a eles.
- Se algunha familia atopa algún recurso na rede que considere pode ser de interese xeral que mo comunique a través do correo e o enlazarei dende o blog. Do mesmo xeito, se queredes compartir información sobre calquer evento que poda ser interesante podedes usar a mesma vía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario