O día seguinte de escribir a anterior entrada no blog quedei sen internet na casa por mor dunha avería. Entre reunións e reunións é imposible facer este traballo no cole e cando xa resolveran o asunto xa era fin de semana. E que vos vou dicir desta semana? A profe máis liada ca nunca facendo os preparativos para o novo curso e coas cousas a medias. Teño moitas gañas de veros mañá e aínda que cambiades de titora sempre seredes os primeiros "cativos da Reboraina" e vos levarei no corazón, pero as cousas son así.
Durante o mes de setembro seguirei subindo no blog esas cousiñas que quería subir... Como di o refrán: "Máis vale tarde que nunca". A partires do 1 de outubro o contido do blog será dos novos cativos da Reboraina (o cal non significa que non poidades entrar a ver o que estamos a facer, vale?, aínda que xa sei que non será o mesmo).
Teño preparadas parte das cousas que vos tiña que devolver, pero estou facendo unha pausa na preparación da clase e do día de mañá e non podo ter listo todo. O máis importante é o material sobrante do curso pasado, hai cousas que non tedes que mercar porque aínda vos quedaban (lápices, gomas, pegamento...), aínda que a algúns máis que a outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario