lunes, 23 de septiembre de 2013

Felicitacións, acordos e máis videos

Hoxe hai moitas cousas que comentar, así que mellor empezar:
  • Felicitacións á familia de Irea pola chegada de Xandre. Seica é pequeno e moi tranquilo, segundo a súa orgullosa irmá maior.
  •  Hoxe no recreo acordamos pospoñer a construcción do poboado castrexo ata xaneiro, mes no que traballarei a historia co alumnado de 3º. A idea é xuntar os dous grupos para facer unha obra un pouco maior, no lugar de facer algo con vós e despois cos cativos (e así me exercedes de "irmáns maiores" con eles e me votades unha man, vale?). Xa me ocuparei eu de falar co titor/a que teñades para facer os preparativos.
  • Aviso. Xa o comentei con algúns no recreo. Nalgunha data ao longo do mes de outubro entregareivos revista e cousiñas que vos teño gardadas na casa. Entre avaliciacións iniciais, programacións, cambios na aula etc non son quen de facelo antes. Non quero concretar data, pero si prometo que antes de que chegue novembro teredes todo. Perdoade e lembrade o refrán "máis vale tarde que nunca" (e eu non me esquezo).
  • Videos. Pero que atentos estades! Algúns xa se decataran de que faltaba un dos números musicais no video do equinocio de primavera. Ademais, é o momento de lembrar as actuacións que fixemos para o alumnado de 1º: o baile da primavera e a canción "Fun ao mercado" en bimodal. Cantos recordos! xa sabedes o que hai que facer, premede no título do video que queredes ver.
  1. Representación simbólica do equinocio
  2. Baile simbólico da primavera
  3. Canción en bimodal: Fun ao mercado


1 comentario:

  1. Graciñas polas felicitacións!! A verdade é que Xandre se está portando moi ben, sae á súa irmá maior. Biquiños grandes e sorte neste novo comezo de curso.

    ResponderEliminar