O venres recibimos na aula a visita de Margarida, a mascota da biblioteca, para darnos os seguintes avisos:
- A biblioteca abre as súas portas a pleno rendemento a vindeira semana.
- O noso día de empréstito no recreo é o xoves.
- Hai que estar pendentes porque os venres pode haber sorpresas.
- Na entrada da biblio está situada a árbore das cen pólas, que servirá para colocar as nosas recomendacións lectoras. As plantillas para cubrir poden pedirse dentro da biblioteca.
- As mochilas viaxeiras xa están listas para empezar a súa andaina no presente curso.
Con respecto á mochila viaxeira, na nosa aula o funcionamento será o seguinte: o día de entrega e devolución da mochila é o luns. Deste modo a mochila pasa unha semana enteira na casa do alumno/a correspondente, pero hai que ser "responsables" na súa devolución puntual o seguinte luns, porque ese mesmo día xa marcha para outra casa. Se non se devolve a tempo estamos perxudicando ao seguinte da lista.
Antes de que a mochila marche o luns para casa de Marina decidimos ver cal era o seu contido. Nerea e Paula foron as encargadas de desvelar o misterio.
A nosa mochila viaxeira from oscativosdareboraina on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario