Este xoves fixemos a nosa primeira saída polo entorno. Tiña relación co tema de CM que estivemos a traballar (localidade, concello...) e co tema deste curso: "A nosa contorna". Volveremos facer máis visitas a Redondela porque quedaron moitas cousas que ver e comentar.
A saída foi estupenda! Puidemos comprobar na práctica que as características do casco vello de Redondela coinciden coas características xerais dos barrios antigos que veñen no libro. Tamén comparamos os cauces dos ríos, merendamos na Xunqueira e visitamos o Concello. Temos que dar as grazas ao señor alcalde por recibirnos.
Saída por Redondela 1 from oscativosdareboraina on Vimeo.
Lévome a entrada a voz natura.
ResponderEliminar