Este proxecto, presentado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e
Igualdade e posto en marcha pola Axencia Española de Seguridade
Alimentaria e Nutrición (AESAN) está dedicado a promover a alimentación
saudable e o ocio activo nos nenos e nenas de primaria (de 6 a 12 anos) e
, ao mesmo tempo, achega contido informativo para padres, madres e
educadores. Combina contidos lúdicos e educativos en distintos formatos
audiovisuais: xogos dixitais, vídeos, música, descargas, animacións en
dous e en tres dimensións...
Propón consellos para realizar unha alimentación variada e equilibrada, xogos e actividades en familia, na escola, no parque con amigos, deportes, baile, así como outros hábitos saudables de hixiene ou sono adecuado.

Preme na imaxe para acceder á web e poderás disfrutar e aprender ao mesmo tempo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario