Ola a tod@s:
Son a Profe Lydia, titora dos nenos e nenas de 3º B e quero aproveitar a inauguración deste blog para desexar a tod@s un bo curso e agradecer a rápida colaboración das familias tanto nas autorizacións para o uso da imaxe como para as propostas de título para este blog, o que fixo posible poder estrealo o segundo día do curso.
Imos usar este medio para difundir o traballo que se realice na aula, como vehículo de expresión das cousas que nos interesan, das nosas inquedanzas, como medio de comunicación entre o centro e as familias, como facilitador de recursos que complementen as aprendizaxes realizadas durante o horario escolar...O proxecto é ambicioso, pero son as nosas aspiracións as que nos motivan para traballar, para esforzarse en mellorar.
O blog irá evolucionando co paso do tempo. Neste momento temos só o esquelete pero pouco a pouco irémolo persoalizando e enchendo de contidos. Por suposto, estamos abertos a todo tipo de suxestións e colaboracións tanto das familias coma doutros mestres/as do centro. Para facelo podedes deixar os vosos comentarios en calquera das entradas que fagamos ou enviar un correo á nosa dirección: oscativosdareboraina@gmail.com
Saúdos e os mellores desexos para esta viaxe que imos compartir ao longo deste curso.
Moitísimas grazas por facernos partícipes deste proxecto tan interesante. É unha idea estupenda e intentaremos colaborar en todo o que estea nas nosas mans.Feliz curso 2011-2012!!!
ResponderEliminarPepa Giráldez.
Alégrame moito que guste este proxecto. Entre todos podemos facelo medrar.
ResponderEliminarSaudos
Lydia, hiperactiva coma sempre eh!
ResponderEliminarUn saúdo dos teus ex-compañeiros.
Moita sorte nesta nova andaina.
Manu