Como podedes comprobar, a imaxe do blog cambiou dun día para outro. As presas por inaugurar o blog fixeron que me decantase por unha plantilla sinxela que non cheguei a persoalizar. Vendo que era unha plantilla moi habitual decidín, tras uns días de rodaxe, que era o momento de probar algo diferente...e este é o resultado! Espero que guste.
Como xa dixen dende a primeira entrada, son unha novata na materia e vou aprendendo según necesito facer unha cousa ou outra, así que espero que a calidade do blog, tanto na forma como nos contidos, vai de menos a máis. Irán aparecendo novos cambios para facer o formato máis atractivo, novas seccións, sorpresas...Así que deberedes seguir ahí se non volas queredes perder!
A nova imaxe do blog é fantástica, moi divertida e con moita cor, está moi chula!!.
ResponderEliminarO único inconveniente que lle podo atopar, é que non se poden ler con claridade as letras de cor azul que aparecen na marxe dereita da pantalla, ó mellor se poden cambier de cor.
Biquiños.
Graciñas polo comentario. Eu tamén penso o mesmo respecto ás seccións da marxe pero aínda estou buscando a solución. Son cousas que pasan cando unha aprende e aplica sobre a marcha...Tempo ao tempo...
ResponderEliminarSaúdos
As imaxes solápanse as unhas nas outras e cando queres ler os artigos non che deixan. Pero o cor é preciosa.
ResponderEliminar