Sinto o retraso en subir as palabras de Irea. Pero máis vale tarde...:
"Hoxe a primeira hora tivemos Coñecemento do Medio. Na libreta estudiamos as etapas da vida.
A segunda hora, en inglés, buscamos nun poster do Samaín os nomes en inglés das momias, fantasmas, cabazas, etc
A terceira hora traballamos unha lectura de lengua mentres a profe nos ía chamando para facer "unha cousa". Logo tocou o timbre para sair ao patio e xogamos á pita altura máis á momia. Á momia xógase tapándolle os ollos a unha persoa que, cos brazos estirados para non chocar, ten que pillar aos demais.
Despois do recreo fixemos outra ficha de lengua e anotamos os deberes na axenda para mañá.
A última hora fixemos ximnasia. Xogamos ao comecocos. É un xogo no que un ten que pillar aos demais pero ten que ir a catro patas e para pillar só pode levantar unha pata. Tamén xogamos á bruxa do ollo virollo. Xógase poñéndose todos en círculo cos ollos pechados e ao que lle den na cabeza queda de bruxa e ten que guiñarlle o ollo aos demais para que vaian caendo ao chan.
Por último xogamos á banda. Un sae fóra e os demais escollen un director. Cando entra o que saiu todos teñen que facer o que fai o director e a persoa que saiu fóra ten que adiviñar quen dirixe".
Noraboa Irea, este é un diario de primeira! Non quedou nada por comentar, se cadra aclarar que esa "cousa" que vos mandaba facer a profe de un en un era rematar algúns detalles dos traballos que fixemos polo Samaín. Encántame comprobar que lendo o diario podo ver que recordas todo o que se fixo durante a mañá tanto comigo como con outros profes. Eses xogos que tan ben explicas teñen moi boa pinta. Segue así, este premio é para ti!
Gracias profe ,encantoume o regalo.
ResponderEliminarMerécelo, segue así!
ResponderEliminar