A vision do dia segundo Sara:
"Hoy a primera hora la profe nos dio las notas de los examenes y luego hicimos la ficha del abecedario. Después la profe de musica nos vino a buscar e hicimos un juego de palmas y cantamos: ¡fue muy divertido! Despues hicimos la ficha de calculo mental. Luego fuimos al recreo y jugamos con los pequeños, que nos tiraron arena.
En la libreta de matematicas hicimos series de 2, 5 y 10. Con la profe de religión vimos una peli del Arca de Noe y se acabó el dia".
Non esta mal para ser a primeira vez que Sara redacta o diario da aula. Como esqueceu algunhas cousiñas, aqui esta a profe Lydia para lembralas. Na clase de "lengua", ademais das notas e da ficha do abecedario, recordamos entre todos cando se escribe punto e maiuscula e fixemos un xogo de buscar palabras con unha , duas, tres ou mais silabas. Ademais aproveitamos que regresaban os libros que levaran para ler en casa para facer "recomendacións lectoras entre iguais". Da gusto ver as gañas coas que explican por que os demais deben ler o libro que eles leron. Felicitacións!
Na clase de Coñecemento do Medio estivemos escribindo o rexistro meteorolóxico do mes de setembro na libreta. Era a primeira vez e levou moito tempo, xa lle iremos collendo o tranquillo. Ao longo desta semana faremos a representación gráfica dos datos obtidos.
Na clase de mate, como ben lembraba Sara, fixemos series de 2 en 2 ata 100, de 5 en 5 ata 200 e de 10 en 10 ata 1000. Habia que refrescar as mentes porque imos a traballar con unidades e decenas de millar e os números de duas e tres cifras ainda non estan claros para algúns nenos e nenas. Despois fixemos algúns exercicios da páxina 8 do libro.
Para rematar, mentres os de relixión veian a película da Arca de Noe, os de alternativa mais eu colgabamos no corredor o mural de Carapuchiña Vermella que fixemos entre todos. Non estivo mal para ser o primeiro dia da semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario