As palabras de Pablo resumindo a actividade do dia foron as seguintes:
"Hoxe pola maña fixemos a ficha de calculo e despois o libro de coñe. Fomos ao recreo e miramos como xogaban os nenos pequenos. Despois collemos unhas pancartas e ensinamosllas as persoas que pasaban co coche e despois sentamonos cinco minutos. Logo fomos para a clase e fixemos Coñecemento do medio en ingles coa profe Martina e logo ingles coa profe Marivi. Con ela fixemos alguns xogos. Logo tocou a sirena e fomos para a casa"
Nas normas do diario explicase que hai que facelo primeiro nun papel aparte para repasar, borrar e tachar as veces que sexa necesario antes de pasalo ao diario oficial. Non hai nada de malo en que as cousas non saian a primeira vez. Penso que Pablo non repasou o que escribiu, polo que non puido detectar alguns pequenos erros. Os martes teñen lingua galega e mate, nunca teñen Coñecemento comigo o dia que o teñen en ingles coa profe Martina.
Na clase de galego repasamos o abecedario e cando se usan os puntos e as maiusculas. A profe trabucouse e mandou facer na clase o que tiña pensado mandar para a casa e na casa o que tiña pensado facer no cole. Como xa o escribiran na axenda decidin que non borraran e que se fixese asi.
Na clase de mate empezamos a traballar cos numeros ordinais. Separamos as cadeiras das mesas e cada un se levantaba na sua quenda para dicir o ordinal que lle correspondia. Brais tamen participou levantandose e sentandose cando lle chegaba o turno.
Seica fixeron xogos de ingles coa profe Marivi e estou intrigada. Teño que preguntarlles para saber en que consisten e practicar eu tamen.
Pablo falaba de pancartas no recreo...Hoxe houbo unha protesta mais en defensa do ensino publico, que debia ter lugar durante o recreo. Alguns mestres baixamos con pancartas e, mentres esperabamos ao resto do claustro para facer unha foto conxunta coa protesta, os cativos da Reboraina pediron prestados os carteis para protestar pola sua conta, e asi o fixeron. Logo todo o alumnado sentou no patio superior e se fixeron unhas fotos coas pancartas para enviar aos medios, ao igual que nos outros centros.
Pola miña banda non pasei mais horas na aula, pois mentres eles tiñan clase coa profe Martina e logo coa profe Marivi, eu apoiaba na clase de 3º A e logo daba plastica en 1º B. Cando os titores non estamos na clase non estamos libres de traballo, simplemente non estamos co noso alumnado.
NOTA: A entrada volve a publicarse sen puntuacion porque blogger non me deixou colocar os tils.
No hay comentarios:
Publicar un comentario