Este sábado naceu Mateo, o irmán de Marcos. Este acontecemento fixo que na área de Coñecemento do Medio empecemos un proxecto "Somos iguais, somos diferentes", a través do cal imos coñecer as etapas da vida, os nosos corpos por dentro e por fóra, o seu funcionamento, etc.
Hoxe empezamos falando das etapas da vida e das características de cada unha delas. Sabemos que Mateo acaba de iniciar a etapa da infancia, pero ata que naceu o sábado estaba noutra etapa. Ninguén soubo dicir como se chama esa etapa pola que pasou Mateo, pero si o nome da etapa pola que pasou a súa nai: o embarazo. Apareceron dúbidas sobre se os bebés simplemente crecen no útero ou "se forman". Temos a continuación un video que explica o que pasa durante os nove meses e na banda da esquerda temos unha nova sección co título do proxecto (Somos iguais, somos diferentes) na que irei colgando enlaces relacionados co que estemos a traballar na aula. Que disfrutedes da experiencia!
A miña noraboa para Marcos!! A disfrutar do bebé e a ensinarlle todo o que sabes. Bicos.
ResponderEliminar