Por fin, despois de tanto salto, chegou a quenda do primeiro da lista. Estas son as palabras de Jose:
"Hoy a primera hora vimos el horario del día. Después teníamos inglés pero no vino la profe y entonces hicimos el juego del esqueleto. Luego grabamos unas presentaciones en lenguaje de signos. En el recreo fuimos al pabellón para ver como jugaban al balonmano.
Después le cantamos a los parvulitos la canción del magosto. Luego hicimos lengua y tuvimos que responder a las preguntas de la lectura. Solo llegamos hasta la dos porque tocaba gimnasia. En la clase hicimos la carrera numerada. Y se acabó el día".
Jose vai mellorando na redacción do diario, aínda que segue esquecendo bastantes cousiñas. Seguro que cada vez lle vai saindo mellor. Efectivamente miramos o horario do día e preparámonos para o control de C. M. mentres Daniel volvía da clase do profe Amando. Despois do exame din as notas de galego e puxen as multas aos infractores. Para introducir o estudio de músculos e ósos xogamos a un bingo do corpo e Jose foi o meu axudante. Coas partes do corpo nas que tiñamos dúbidas durante o xogo plantexamos unha tarefa para a casa con data límite de entrega para o próximo luns: búsqueda de información (que é, onde está, para que serve...).
Tal e como dixo Jose, a profe Mariví non veu así que quedei con eles e seguimos xogando un pouco máis. Logo fun a polo carriño e miramos algo dos novos recursos colgados no noso blog.
A terceira hora fixemos un repaso do traballado en lingua ata o momento: maiúsculas, sílaba tónica, clasificación das palabras segundo o número de sílabas e os sinónimos. Logo explicamos que son os antónimos e recordamos que son os signos de exclamación e interrogación e cando se usan. Despois ensaiamos un pouco coa profe Alejandra, porque despois do recreo iamos dar un concerto para o alumnado de infantil (que foi todo un éxito), e rematamos, ¡por fin!, de gravar as presentación con lingua de signos. Á volta da actuación fixemos algúns exercicios na libreta ata que chegou a hora de ximnasia.
Dende logo, foi un día ben completiño...
No hay comentarios:
Publicar un comentario