viernes, 11 de noviembre de 2011

Os cativos da Reboraina se presentan

Despois de moitos ensaios e de gravacións infructuosas xa podemos dicir que por fin temos o video das presentacións en bimodal para que os outros coles de Agrupacións escolares nos coñezan. Un erro de novata me levou a editar o video e subilo á nosa canle de youtube cun pequeno cartel durante a presentación de Daniel que non fun quen de correxir. Espero que a vindeira vez non se repita o problema.
A pesar de que levamos facendo prácticas de silencio para gravar audio e video dende o principio de curso, os cativos non están afeitos a estas cousas e o traballo levou moito máis do tempo esperado. Hai que lembrar que a práctica de silencio para gravar implica non falar e non facer ningún tipo de ruido durante a gravación. No video se escoita perfectamente tanto as voces dos que se presentan como os ruidos de fondo que prometeron non facer. Espero que unha vez comproben que "eses ruidos" quedan gravados, nas vindeiras gravacións o silencio sexa absoluto.
Agora, é o momento de ver as nosas presentacións:

2 comentarios:

  1. Qué chulo!! Todos o fixeron moi ben, especialmente Brais. Estou segura de que a vindeira vez estarán máis silenciosos. Noraboa polo traballo.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas polo comentario. Estou segura que na próxima ocasión todos o faremos mellor.

    ResponderEliminar