Tocáballe a Jose, pero como foi ao médico e non estivo toda a mañá levou o diario Marey e mañá o levará el.
Velaí vai o día segundo Marey:
"Hoxe a primeira hora estivemos a practicar a canción "Non chas quero". Despois a terceira estivemos falando das posibles preguntas do exame de mañá. Logo fomos ao patio e estivemos xogando á pita. Logo fun á biblioteca ata que a profe Amparo nos mandou ao patio para subir cos demais. A cuarta tivemos coñe en inglés. Estivemos traballando co libro e logo vimos un video de como se arranxan os ósos. A quinta hora tivemos inglés e fomos á clase de informática. A min me tocou de compañeira a Marta.
Esquecía dicir que foi o aniversario da profe Alejandra e que lle cantamos o cumpreanos feliz".
Mi madriña! Marey ten que tomar unhas vitaminas para a memoria. Contou a mitade do que fixemos, pero que pasa co resto? Non fixemos o control de galego?Non din as notas de L. C? Non anotamos as primeiras multas nos carnés otrográficos? Non seguimos a traballar no caderno de mate? Non disfrutamos do bizcoito da profe Alejandra ademáis de cantarlle a canción?Non presentei máis libros do corpo para ter na aula? Non leu Alba parte do seu libro que tiña que ver co título do noso proxecto Somos iguais, somos diferentes? ...
Hai que traballar máis esa memoria. Espero que na próxima quenda non esquezas comentar nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario