jueves, 26 de enero de 2012

Signando a paz...

O vindeiro luns 30 de xaneiro celebramos a paz. A semana pasada estivemos traballando un poemiña que nos pasou o Departamento de Orientación. Este foi o resultado:

miércoles, 25 de enero de 2012

A nosa panxoliña...

Máis vale tarde ca nunca , non si? Durante o mes de decembro andivemos ensaiando unha panxoliña signada co outro terceiro e gracias á colaboración da profe Alejandra. Durante os ensaios previos, a profe Luisa grabou un video e, xa que non contamos con imaxes do festival...A titora de 3º A colgouno no seu blog a semana pasada. Podedes visitalo ou tamén podedes acceder dende aquí premendo na imaxe.

domingo, 22 de enero de 2012

O aparato excretor e outras historias

Xa nos queda pouco para rematar co corpo humano e seguir estudiando outras formas de vida. Pero mentras temos que estar ao que temos que estar. Na páxina de recursos de "Somos iguais somos diferentes" tedes novidades:
  • Un video sobre o aparato excretor (nº31)
  • Unha sinxela páxina con información sobre o aparato excretor (nº32)
  • Unha web con algúns exercicios para repasar o que sabedes dos distintos aparatos (nº33)
A que estades esperando?

    jueves, 19 de enero de 2012

    Celebramos o Día da Paz cantando

    O día 30 de xaneiro é o Día da Paz. Todos os cursos celebramos este día no cole con distintas actividades, unha delas a interpretación dunha canción relacionada co tema. Este ano a canción é "Celebra la vida" de Axel Fernando. Aquí tedes un video coa canción e a letra para que a vaiades aprendendo:



    Durante ests días irei subindo máis cousiñas relacionadas con esta celebración. Para poder ver todo mellor crearei unha páxina sobre A PAZ na zona da esquerda onde están colgados os recursos de mate, lingua, etc. Este video será o recurso número 1.

    Recursos en inglés

    Os cativos da Reboraina teñen clases en inglés coa profe Mariví e a profe Martina. Por que non ter unha páxina de recursos en inglés ? A partir de hoxe subirei ao blog todos os recursos, videos e enlaces que as profes empreguen na aula, para que podades acceder a eles cando queirades.
    Hoxe estiveron a ver un video sobre o aparato excretor coa profe Martina. será o recurso número 1 da páxina de recursos en inglés. Velaí o tedes!

    

    miércoles, 18 de enero de 2012

    A practicar as táboas de multiplicar!

    Seguimos a voltas coas táboas de multiplicar pero pensade un pouquiño: se non aprendedes as táboas de multiplicar non poderedes multiplicar nin dividir! Para comprobar que as sabedes déixovos na páxina de xogos e recursos de mate dous xogos, cos números 17 e 18. A que estades esperando para practicar!!!


    lunes, 16 de enero de 2012

    E... seguimos coa respiración

    Continuamos coñecendo o noso corpo por dentro e despois de estudiar o aparato dixestivo chegou o momento de saber algo máis do aparato respiratorio. Ademáis de ver o video directamente, tamén poderás atopar o enlace na páxina de Somos Iguais , somos diferentes (número 29) ao igual que un enlace con máis información sobre o tema "Tus pulmones y tu sistema respiratorio"(número 30).

    martes, 10 de enero de 2012

    Novos recursos no blog

    Na páxina de "Somos iguais, somos diferentes" temos colgados novos recursos relacionados coa alimentación e a dixestión, a que esperas para disfrutar deles? Levan os números 26, 27 e 28.

    Feliz ano 2012!

    Ola de novo!
    Xa sei que o blog leva un mes parado e un pouquiño máis funcionando "daquela maneira". Os problemas técnicos persisten pero imos tentar seguir con este proxecto contra vento e marea. Durante esta semana irei colgando algunhas cousiñas que quedaron pendentes e espero que para a vindeira semana podamos retomar as entradas diarias no blog  (aínda que non me atrevo a prometer nada) co diario do alumnado, recursos, videos e todo aquelo que sexa interesante para nós, para vós e para todo aquel que nos siga.

    A ver si temos sorte...