lunes, 30 de septiembre de 2013

Despedida

Chegou o momento de poñer punto final aos contidos do curso pasado. Poderedes visitar o blog sempre que queirades para usar os recursos, recordar cousas que fixemos ou para cotillear que anda a facer a segunda xeración de cativos da Reboraina.
E que mellor que pechar este capítulo cos videos correspondentes á festa/festival que tivemos o último día de clase do curso pasado. Tiven que eliminar algunhas cousiñas porque os videos eran moi longos e como tiven problemas técnicos... Pero o principal está. A estas alturas xa sabedes que tedes que facer para ver os videos, non si?
Lembrade que sigo no mesmo sitio, é fácil localizarme aínda que esté na outra punta do corredor.

domingo, 29 de septiembre de 2013

Gafe, gafe, gafe

Dous cursos conmigo e xa sabedes o gafe que teño co meu ordenador da casa; e vai camiño dos tres anos nada mais. Andaba a montar o video da festa de fin de curso que tivemos na aula e quedei sin audio. Así é imposible seguir co traballo. Intentarei facelo mañá no cole pero non prometo nada e ata a tarde non poderei levar o aparato a arranxar (e a saber cando o terei de volta).
Cando un aparato sae malo...
Síntoo de verdade.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Mapas de España e blog interesante

Buscando cousiñas para os de terceiro, atopei un enlace a un blog cun montón de mapas de España de todos tipos, incluidos mudos para poder imprimir e estudiar na casa. Espero que vos sexan de utilidade. Deixo o enlace aquí e na web de recursos de 3º (na área de CM, sección "varios"). 
Premede na imaxe para acceder a eles.
NOTA IMPORTANTE: O enlace pertence ao blog dunha mestra de 6º de EP. Botádelle unha ollada a fondo porque seguro que atoparedes nel moitos recursos que vos poden servir para este curso e o vindeiro

lunes, 23 de septiembre de 2013

Felicitacións, acordos e máis videos

Hoxe hai moitas cousas que comentar, así que mellor empezar:
  • Felicitacións á familia de Irea pola chegada de Xandre. Seica é pequeno e moi tranquilo, segundo a súa orgullosa irmá maior.
  •  Hoxe no recreo acordamos pospoñer a construcción do poboado castrexo ata xaneiro, mes no que traballarei a historia co alumnado de 3º. A idea é xuntar os dous grupos para facer unha obra un pouco maior, no lugar de facer algo con vós e despois cos cativos (e así me exercedes de "irmáns maiores" con eles e me votades unha man, vale?). Xa me ocuparei eu de falar co titor/a que teñades para facer os preparativos.
  • Aviso. Xa o comentei con algúns no recreo. Nalgunha data ao longo do mes de outubro entregareivos revista e cousiñas que vos teño gardadas na casa. Entre avaliciacións iniciais, programacións, cambios na aula etc non son quen de facelo antes. Non quero concretar data, pero si prometo que antes de que chegue novembro teredes todo. Perdoade e lembrade o refrán "máis vale tarde que nunca" (e eu non me esquezo).
  • Videos. Pero que atentos estades! Algúns xa se decataran de que faltaba un dos números musicais no video do equinocio de primavera. Ademais, é o momento de lembrar as actuacións que fixemos para o alumnado de 1º: o baile da primavera e a canción "Fun ao mercado" en bimodal. Cantos recordos! xa sabedes o que hai que facer, premede no título do video que queredes ver.
  1. Representación simbólica do equinocio
  2. Baile simbólico da primavera
  3. Canción en bimodal: Fun ao mercado


domingo, 22 de septiembre de 2013

Recursos do blog para repasar 4º, nova localización

Acabo de crear unha páxina nova de recursos da aula para 3º de EP. Pero aqueles que queran repasar cos recursos da páxina de 4º  poden seguir facéndoo premendo na casilla "Recursos 4º de primaria" que coloquei debaixo da que usabamos o curso pasado e que agora está enlazada coa nova páxina de recursos de 3º. En resumo, só tedes que premer nunha casilla distinta, a páxina de recursos segue intacta.

jueves, 19 de septiembre de 2013

Axenda cultural: visita a Baiona

Este sábado 21 de setembro terá lugar a sexta sesión do curso "Persoas e territorio" organizado polo Centro Social A Miñoteira.
Nesta ocasión realizarase unha visita ao litoral do Monte Boi en Baiona. A saída realizarase en coches particulares dende O Centro Social de Ventosela ás 10.30 da mañá. Prezo 2 €.
Animádevos! É unha forma de disfrutar da nosa contorna e aprender ao mesmo tempo coas explicacións duns excelentes guías

lunes, 16 de septiembre de 2013

Outro blog no cole

A titora de 5º A tamén abriu un blog de aula. Hai que botarlle unha ollada pois seguro que nel aparecen recursos que vos poden servir para repasar, estudiar, divertiros...
Para acceder a el só tedes que premer na imaxe e, de agora en diante tamén estará incluido no listado de blogs recomendados.

Blog de música

A profe Isabel avisoume hoxe de que creo un blog de música, coa mesma ilusión coa que comezamos este blog fai dous cursos. De momento é cativo, pero pouco a pouco irá medrando ao igual que o fixeron o resto dos blogs do cole. Podedes acceder a el premendo na imaxe e de agora en diante tamén estará na sección de blogs amigos o enlace permanente.

domingo, 15 de septiembre de 2013

Lembranzas curso 12/13: Equinocio de primavera

Lembrades as actividades que fixemos con motivo do equinocio de primavera? A merenda natural, os rituais druidas...Aquí tedes un pequeno recordatorio en video para que non o esquezades.


EQUINOCIO DE PRIMAVERA from oscativosdareboraina on Vimeo.

jueves, 12 de septiembre de 2013

Que tal esas avaliacións iniciais?

Ola a tod@s, que tal esas avaliacións iniciais? Un paxariño díxome que hoxe estivechedes facendo algunhas, igual que eu cos "novos" cativos da Reboraina. Supoño que mañá tamén tocarán; pensade que como o seu nome indica hai que facelas ao inicio, logo ainda tardaredes un par de semanas polo menos en ter os primeiros controles.
Non me esquezo de vos. Estou corrixindo as probas que fixeron hoxe e preparando unhas cousiñas para mañá. Conto que entre o venres e o sábado xa poda dispoñer dunha horiña e algo para poder montar un video ou subir un número da revista.
Ademais, teño dous avisos para vós:
  • Este curso ando metida no proxecto Voz Natura. Estamos facendo preparativos para organizar unha ECOPANDA, un conxunto de axentes "ecolóxicos" que patrullen nos recreos para que os nenos e nenas non tiren cousas ao chan, senón nos contenedores correspondentes. Se algún  está interesado en participar vide falar comigo para contar con vós á hora de organizar as patrullas.

  • Os nenos e nenas aínda están traendo o material e o ando a organizar nos ocos que teño. Coido que ao mellor a mediados/finais da próxima semana poda avisarvos para empezar a facer algunha das manualidades pendentes. Repito, esto é algo que prometín, pero non é obligatorio. Só podo facelo no recreo. Se sodes moitos ao mellor o facemos en grupiños, xa veremos. En todo caso xa os aviso eu.

martes, 10 de septiembre de 2013

Boa sorte no novo curso 2013-2014

O día seguinte de escribir a anterior entrada no blog quedei sen internet na casa por mor dunha avería. Entre reunións e reunións é imposible facer este traballo no cole e cando xa resolveran o asunto xa era fin de semana. E que vos vou dicir desta semana? A profe máis liada ca nunca facendo os preparativos para o novo curso e coas cousas a medias. Teño moitas gañas de veros mañá e aínda que cambiades de titora sempre seredes os primeiros "cativos da Reboraina" e vos levarei no corazón, pero as cousas son así.
Durante o mes de setembro seguirei subindo no blog esas cousiñas que quería subir... Como di o refrán: "Máis vale tarde que nunca". A partires do 1 de outubro o contido do blog será dos novos cativos da Reboraina (o cal non significa que non poidades entrar a ver o que estamos a facer, vale?, aínda que xa sei que non será o mesmo).
Teño preparadas parte das cousas que vos tiña que devolver, pero estou facendo unha pausa na preparación da clase e do día de mañá e non podo ter listo todo. O máis importante é o material sobrante do curso pasado, hai cousas que non tedes que mercar porque aínda vos quedaban (lápices, gomas, pegamento...), aínda que a algúns máis que a outros.

lunes, 2 de septiembre de 2013

Comeza a conta atrás...

Ola a tod@s. Xa sei que prometín actualizar o blog durante o verán pero ían pasando os días e supuxen que para vós igual... Así que pensei que se cadra era mellor xuntar todo o que ía poñer ao longo do verán en setembro, pois creo que tendo tan preto o inicio das clases se cadra vos gustará lembrar o curso pasado e miraredes máis o blog.
Como primeira entrada de setembro quero poñer á vosa disposición información sobre cursos de inglés en Redondela, para nenos e adultos, convocados polo concello. Só tedes que premer na imaxe para acceder á información que o concello colgou na sua web.