miércoles, 27 de noviembre de 2013

Manualidades de Nadal e reciclaxe

O Nadal está cada día máis preto e sei que hai cativos que xa empezaron a adornar as súas casas, ao igual que faremos no cole. Coma sempre tentaremos na medida do posible aproveitar materiais que normalmente acaban nos contenedores do lixo.
Atopei un blog con moitas manualidades bastante sinxelas para facer adornos de todo tipo. Algunhas as faremos no cole...e quen se anima a facer na súa casa e traelas para que as vexamos todos? Se os marcapáxinas con tubos de cartón foron un éxito seguro que esto tamén o é!
Se premedes na imaxe accederedes a ese blog con tantas ideas:
http://www.blogseitb.com/ecologia/tag/manualidades-de-navidad/

martes, 26 de noviembre de 2013

Días da semana en LSE

A segunda lección de lingua de signos chega da man de Lucía e Marey. Elas nos ensinan neste video os signos dos días da semana. O enlace a este video quedará permanentemente no apartado de linguas da nosa páxina de recursos.


DIAS DE LA SEMANA from oscativosdareboraina on Vimeo.

jueves, 21 de noviembre de 2013

Organización da aula e reciclaxe 2

Seguimos aproveitando materiais e adaptándoos para darlles un novo uso. Nesta ocasión tratábase de caixas da froita. Pouco a pouco a nosa biblioteca de aula vai quedando moi chula e, ao mesmo tempo, organizada por seccións.


Organización da aula 2 from oscativosdareboraina on Vimeo.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

O carballo dos cen contos

Todas os luns valoramos na clase os libros que limos durante á semana pero, por primeira vez, decidimos facer chegar as nosas recomendacións fóra da aula. Para iso está "O carballo dos cen contos" na entrada da biblioteca: para que poidamos deixar as nosas recomendacións e ver as que deixaron outros nenos e nenas.

martes, 19 de noviembre de 2013

Este venres o Nadal adiántase un pouquiño

Alba, aínda que xa está en 5ºB, non esquece que este blog é o blog dos cativos da Reboraina,e un non deixa de selo sen máis só porque eu non sexa xa a súa titora. Ela envioume un correo para avisarme da festa que vai haber en Vigo este venres con motivo da inauguración da fachada de nadal do Corte Inglés.
Lembrade, se algún neno/a da primeira ou segunda xeración dos cativos da Reboraina quere dar algún aviso dalgunha actividade que fale comigo ou escriba ao correo e  eu o subo ao blog.

jueves, 14 de noviembre de 2013

Magosto

É complicado facer fotos durante o magosto porque os cativos están espallados polo patio ou mesturados con outros nenos/as dos que non teño autorización para subir imaxes ao blog. Pero fixen o que puiden. Pode dicirse que son todos os que están (cativos da Reboraina da primeira e segunda xeración) pero non están todos os que son.


Magosto 2013 from oscativosdareboraina on Vimeo.

domingo, 10 de noviembre de 2013

Manualidades Samaín

Que se pode facer con recipientes para ovos, panos e lá? Moitas veces temos a man elementos que podemos reutilizar ou reciclar. Na clase estamos recollendo cartón, plástico, papel de aluminio etc para facer manualidades con eles. Para o Samaín fixemos arañas, ollos tenebrosos e pantasmas. Doado de facer e empregando material que tería ido ao lixo, no lugar de mercar cartulinas ou outro tipo de materiais de manualidades.


Manualidades Samaín from oscativosdareboraina on Vimeo.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Organización da aula e reciclaxe 1

A nosa aula participa, xunto con outras do centro, no programa Voz Natura. Moitas veces esquecemos que hai cousas moi sinxelas e doadas de facer coas que contribuimos a coidar do medio. Unha delas e a aplicación da regra dos tres R: reducir, reutilizar e reciclar.
O noso obxectivo e ter esta regra presente tanto no funcionamento e organización da aula como nas actividades plásticas, na medida do posible. Por exemplo, decidimos aproveitar unha caixa de folios e outra de froita para facer dous organizadores con compartimentos nos que colocar rotus e regras por un lado e os blocs de debuxo polo outro. Deste xeito quedan recollidos ocupando pouco espacio e ao mesmo tempo é máis fácil atopar o de cada un.




lunes, 4 de noviembre de 2013

A pregunta de María e o comentario de Iván

Hoxe empezamos o tema 6 de CM adicado ao estudio do aire e da auga no noso planeta. A partir da lectura inicial do libro xurdiron moitos comentarios interesantes dos que destaco dous:
  • María tiña moita curiosidade por saber que é o que fan os meteorólogos para saber o tempo que vai facer (aínda que ás veces se equivoquen, como comentou Gema).
  • Cando falabamos das capas da atmosfera Iván mencionou o efecto invernadero e falamos de paso da capa de ozono.
E cando os cativos queren saber máis, que fai a profe? Busquei en internet e atopei varios xogos e videos que vos poden interesar. Xa están na nosa páxina de recursos (T6 de CM), pero tamén podedes acceder a eles premendo nesta imaxe.
https://sites.google.com/site/recursosaula3oep/