miércoles, 30 de noviembre de 2011

Diario ...da profe

A profe "mutou" ao longo da mañá, e iso fixo que a súa memoria quedase afectada e esquecese entregar (outra vez!) o diario de aula ao seguinte da lista, así que a versión do día de hoxe, é a versión da profe.

"Que hai mellor que empezar o día cun exame de mates? Se cadra moitas cousas, pero como hoxe tocaba facelo, canto antes mellor, non? Así que os cativos da Reboraina fixeron o seu segundo control das táboas portándose con total correción durante o exame, pois saben moi ben cales son as normas. De seguido continuamos cos datos do tempo do mes de novembro, que hoxe chegou ao seu fin. A xefa de estudios veu a avisar de que non iamos ter inglés porque a profe Mariví faltaba e, entón, eu, a profe Lydia, mutei, e me transformei na profe Liriví para quedar con eles. Este "cambio de personalidade" provocou que lles puxera unha proba sorpresa sobre os alimentos relacionada co xogo educativo co que estiveron traballando onte en informática.

Mentres eles facían a proba, eu aproveitei para correxir os controis das táboas e poder darlles as notas a continuación. Nótase que estiveron practicando mooito na casa! Chegou o momento de marcar as tarefas para a casa e como había algo de rebumbio decidín restar cinco minutiños de recreo e engadir unha tarefa extra. Non me gusta tomar estas medidas, pero se hai que facelo, se fai.

A terceira hora tiñamos xa na clase a Brais máis á profe Alejandra. Entre todos estivemos dicindo palabras con "c" e "q", para lembrar cando se empregran. Aproveitamos esas palabras para repasar a separación en sílabas, a clasificación de palabras segundo o seu número de sílabas e a sílaba tónica. Despois chegou o momento de practicar un pouco a panxoliña que imos cantar no festival. O que se dice cantar non cantamos, máis ben repasamos os signos da primeira estrofa e do estribillo para facer unhas video-leccións que irei colgando no blog.

Chegou a hora do recreo e, coma todos os mércores, saímos escopetados! Os nenos e nenas da clase respectaron o seu  castigo e unha vez esgotado o tempo do mesmo puideron xogar con libertade. Á volta do recreo chegou o momento do ditado e das autocorrecións con opción a medalla. Houbo unhas cantas medallas, parece ser que empezamos a fixarnos máis nas cousas por fin.

Como non quere a cousa, chegou o momento no que o profe Guillermo apareceu para levalos ao pabellón "a mover un pouquiño o corpo". Que farían hoxe con el? Espero que mañá me conten todo, pois estou abraiada coa morea de xogos que coñecen gracias ao profe de Educación Física.

E isto foi o día de hoxe. Gustoume pasar unha hora máis co meu alumnado, ao igual que aconteceu o luns. Se cadra o que levo peor dos tres primeiros días da semana é non ter clase a última hora con eles para poderme despedir, cousa que si acontece os xoves e os venres. Pola contra, teñen todas as primeiras horas comigo, así que non se pode ter todo, non si?

NOTA: Xa correxín a proba sorpresa de CM e teño que dicir que estou bastante contenta cos resultados. Como digo sempre, non só facendo traballo na libreta é como se aprende, hai moitos outros xeitos e hai que aproveitalos todos.

martes, 29 de noviembre de 2011

Diario de...Jose

(proximamente)

Os recursos das páxinas do blog...e os problemas técnicos da "blogueira"

Nunca é tarde para aprender, non si? Ata o de agora cada vez que iamos a unha das páxinas do blog para usar algún dos recursos, estes non se abrían nunha nova ventá, o que supuña dar varias voltas para voltar á páxina principal do blog.  Agora xa sei o modo de que os recursos se abran nunha ventá aparte que só hai que pechar cando se remate de xogar para voltar ao blog, e estou solucionando ese problema. De momento empecei cos recursos de galego e castelán, logo seguirán os de C.M e por último os de matemáticas.

Esta medida facilitará o uso do blog, pero tede algo de paciencia. Se estes días tiña problemas co meu pc, agora é a liña de internet da miña casa a que me anda a dificultar a tarefa de actualizar o blog. Espero que se solucionen "os meus problemas tecnolóxicos" ao longo da semana para retomar o ritmo do blog.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Os alimentos

O luns cinco de decembro imos ter unha  charla sobre os "Alimentos de tempada". Para prepararnos para a ocasión imos facer unha parada no estudio do aparato locomotor para adicarnos ao coñecemento dos alimentos e do proceso da súa dixestión. Empezamos a quentar os motores cunha web sobre alimentos da que aprenderemos moitas cousas. Só tedes que premer na imaxe e, tamén poderedes acceder na páxina de recursos de "Somos iguais, somos diferentes". É o recurso número 21, tamé o 22 e o 23 teñen que ver co tema. A que estades esperando para aprender xogando?

jueves, 24 de noviembre de 2011

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Problemas coas tics

Sei que ultimamente estou tardando en subir os diarios do alumnado, videos, etc. Resúltame imposible levar o mantemento  do blog no colexio e o fago dende o meu propio ordenador e na casa. Pero teño problemas con el e ata que o arranxen as cousas van ir un pouco máis lentas do habitual. Espero que en breve poda volver a publicar ao ritmo habitual.

Diario de...Diego

(proximamente)

lunes, 21 de noviembre de 2011

viernes, 18 de noviembre de 2011

jueves, 17 de noviembre de 2011

Charlot

Hoxe Diego fixo para todos unha imitación da forma de andar de Charlot e case ningún cativo da Reboraina sabía quen era. El explicou moi ben que era unha persoaxe cómica do cine mudo de fai moito tempo. Navegando pola rede atopei esta famosa escena na que aparece "comendo un zapato".
A disfrutar con ela!

Diario de...Julen

(proximamente)

miércoles, 16 de noviembre de 2011

A nosa canción do magosto en video

Despois de preparar durante unha semana a canción do magosto cos signos os cativos da Reboraina actuaron para o alumnado de infantil primeiro e o día do magosto, xunto co alumnado de 3º A e a profe Luisa, para o resto do cole. Este é o video da primeira actuación, que a titora dos Sínefos, a profe Patri, colgou no blog de infantil. Saiu moi ben, verdade?

Diario de...Irea

(proximamente)

martes, 15 de noviembre de 2011

Diario de...Marta

Quenda de Marta. Cando me entregou o diario adiantoume que escribira catro follas. É hora de comprobar o contido das mesmas:
"Hoy a primera hora hicimos unas presentaciones de los oficios de nuestros padres y madres. Después seguimos trabajando en lingua galega a segunda hora. A tercera hora fuimos al aula de informática y me tocó sentarme con Brais. Jugamos con los juegos que tenemos en nuestro blog, llamado: oscativosdareboraina.blogspot.com. En un lateral tenemos juegosy la profe nos dijo que fuéramos a la pagina de mates e hiciéramos el juego de los euros.
Por fin llegó el recreo, pero como en el aula de informática estuvimos un poco alborotados la profe nos castigó con cinco minutos menos de recreo. Después salimos al patio y jugamos con un huerto que es de mentira pero hacemos que es de verdad.
Luego sonó el timbre y nos fuimos a clase. Vino la profe Martina a darnos Coñecemento en inglés e hicimos una ficha de los músculos las articulaciones y los huesos. Después vino la profe Mariví. Ella nos decía una palabra y nosotros la repetíamos. Sonó el timbre para irnos para casa y yo fui al comedor. Me lo pasé muy bien".

Mi madriña! Esta Marta non esqueceu nadiña! Simplemente engadir que hoxe foi a quenda das presentacións de Alba, Sara e a propia Marta e que o fixeron estupendamente. Velaí vai o seu trofeo:

lunes, 14 de noviembre de 2011

Diario de...Daniel

Como xa sabedes a semana pasada saltamos un pouco a orde de lista, pero espero que a retomemos a partir de hoxe.
Quenda de Daniel. Estas foron as súas palabras:
"Hoxe a primeira hora fixemos as presentacións dos oficios dos pais e das nais. Despois fixemos unha ficha do corpo humano. En música tocamos as piñas. Logo non puiden ir ao recreo porque estiven buscando partes do corpo. En mate correximos os erros do exame. En reli copiamos na libreta o exercicio 1 da páxina 35 e por último fixemos unha lectura. Logo soou o timbre".

Daniel mellorou moito pero aínda lle quedaron algunhas cousiñas por dicir e outras por explicar mellor. Se cadra na próxima volta xa consigue o trofeo do diario.
Antes de sentar o primeiro que fixemos foi cambiar de sitio. É a segunda vez que cambiamos e haberá moitas máis ao longo do curso. Hai que cambiar de compañeiros/as, de lugar na clase...
Despois, tal e como dixo Daniel,  comezamos coas primeiras presentacións en lingua castelá, nesta ocasión falando dos oficios dos pais e das nais. Hoxe foi o turno de Diego, Irea e Lucía. A pesar de ser os primeiros e de estar nerviosos o fixeron estupendamente, ainda que o farán todavía moito mellor cando remate o curso. Grabarei todas as presentacións en video e ao final de curso levarán para casa un video con todas elas.
Pero eso non foi o único que fixemos en lingua castelá. Ademáis de varias actividades orais que fixemos entre todos, tamén estivemos traballando na libreta.
A terceira hora, en Coñecemento do Medio, fixemos unha proba para positivo, de cara a prepararnos para o exame do vindeiro luns. Só Alba conseguiu o positivo, aínda que outros andiveron moi cerca. Ademáis, estivemos cubrindo o noso historial de enfermidades do curso, pois xa levamos de todo un pouco: gastrointerites, fracturas...Falamos da diferencia entre enfermidade e lesión, dos síntomas, do tratamento, da duración, etc.
En matemáticas, efectivamente, correximos o exame da semana pasada, máis fixemos unha ficha sobre os euros.
A verdade é que foi un día completiño para ser o primeiro da semana. A ver que pasa cos que veñen a continuación.

sábado, 12 de noviembre de 2011

As nosas primeiras produccións, en video

Xa podemos disfrutar  físicamente, dende hai días, do resultado dos traballos realizados durante a semana na que celebramos o Samaín. Pero agora é o momento de que disfruten os demais. Velaí van uns videos cos nosos traballos:

viernes, 11 de noviembre de 2011

Usa o coco

Navegando, navegando...atopei un recurso moi interesante para facer funcionar o noso cerebro coas mates, coa lingua... Trátase da web "Usa el coco". Terá un enlace permanente na banda da esquerda, pero hoxe, como presentación da web podedes acceder, tamén, premendo na imaxe.

Diario de ...Brais

Si, ledes ben. Hoxe Brais se estrea como reporteiro do diario de aula. Á súa maneira vai contar o que pasou ao longo da mañá.
Diario de...Brais
Noraboa Brais, estamos esperando a túa próxima reportaxe!

Os cativos da Reboraina se presentan

Despois de moitos ensaios e de gravacións infructuosas xa podemos dicir que por fin temos o video das presentacións en bimodal para que os outros coles de Agrupacións escolares nos coñezan. Un erro de novata me levou a editar o video e subilo á nosa canle de youtube cun pequeno cartel durante a presentación de Daniel que non fun quen de correxir. Espero que a vindeira vez non se repita o problema.
A pesar de que levamos facendo prácticas de silencio para gravar audio e video dende o principio de curso, os cativos non están afeitos a estas cousas e o traballo levou moito máis do tempo esperado. Hai que lembrar que a práctica de silencio para gravar implica non falar e non facer ningún tipo de ruido durante a gravación. No video se escoita perfectamente tanto as voces dos que se presentan como os ruidos de fondo que prometeron non facer. Espero que unha vez comproben que "eses ruidos" quedan gravados, nas vindeiras gravacións o silencio sexa absoluto.
Agora, é o momento de ver as nosas presentacións:

jueves, 10 de noviembre de 2011

Diario ...da profe

Que cousas, andaba recollendo as miñas pertenzas para marchar a casa e vexo o diario da aula. Con tantas cousas na cabeza co magosto xa por chegar esquecín entregarllo a Daniel. Quedará para o luns, porque de contar a actividade de mañá vaise ocupar Brais.
Así que este é o diario da profe:
"Hoxe a primeira hora fixemos o control de mate. Da gusto ver como os rapaces e rapazas empezan a enteder que é un traballo individual e que a profe pode responder a dúbidas, pero non dar as respostas ao exame. Aqueles que ían rematando collían un libro sobre o corpo humano mentres os seus compañeiros remataban.
Unha vez rematado o exame chegou o momento de poñer a data e mirar o tempo no blog. Hoxe foi o turno de Daniel, que o fixo estupendamente. Antes de continuar coas mates (os xoves temos dúas horas seguidas), recollín as investigacións que xa trouxeron algúns dos cativos. Tiñamos ata o luns, pero había quen tiña presa por facer o traballo. Así me gusta!
Unha vez recollidos os traballos chegou o momento de empezar o tema 3 de mate, sobre a nosa moeda: o euro. Recordamos as distintas moedas que hai e o seu valor e organizamos os petos individuais do curso pasado de forma comunitaria, pois temos máis moedas e cartos este curso. Despois de agrupar as distintas moedas e billetes chegou o momento de representar o valor dos euros de forma gráfica, pegando esas moedas de cartón na libreta. Teremos que rematar a tarefa outro día.
A terceira hora mentres os rapaces traballaban coa profe Martina eu estiven debuxando e recortando unha castaña xigante que Brais e Marta estiveron pintando a cuarta hora. Durante o recreo estiven falando coa profe Alejandra para coordinar a actividade de mañá. Ao rematar o recreo tivemos a lectura silenciosa, que foi pouco "silenciosa" porque Brais andaba algo inquedo...co que traballara a primeira hora mentres os demais facían o exame!
Tiñamos por diante duas horas de galego nas que facer de todo un pouco. Empezamos dando as notas de C. M. e comprobando entre todos as respostas do exame. Logo chegou o momento de escribir nunhas tiras e con letra grande a canción do magosto. Mañá en plástica pegaremos esas tiras coa letra da canción na castaña xigante e debaixo de cada verso Brais pegará os signos correspondentes.
Despois lin para todos un pequeno libro que me recomendou a profe Amparo, como responsable da biblioteca do cole: "A castaña que chegou a árbore". Que coincidencia, pois cando falabamos da castaña e do seu proceso ata converterse en árbore atopamos semellanzas coas etapas da vida que acabamos de estudiar. Durante o comezo do relato tivemos de reporteira gráfica a Lucía, que ben o fixo!
Antes de que voltase Brais á clase anotamos na axenda as tarefas para a casa. Chegarán eses folletos de publicidade mañá? Non pasa nada, se non chegan mañá, pois probablemente co magosto non podamos empezar o mural. Pero se chove e se suspende é unha magoa non adiantar traballo, verdade? A ver que pasa.
Coa volta de Brais chegou o momento de ensaiar de novo a nosa canción e de recordar outras cancións en galego. Se ben os cativos da Reboraina falan pouco galego, o de cantar en galego dáselles moi ben. Despois chegou o momento de expresarnos plásticamente baixo o título "A castaña máis bonita de Reboreda". Pronto poderedes ver o resultado no blog. Algúns remataron a tarefa e outros terán que facelo mañá, pois houbo que recoller porque era a hora de marchar.
Se mañá non chove celebraremos o magosto despois do recreo. Crucemos os dedos!

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Diario de...Jose

Por fin, despois de tanto salto, chegou a quenda do primeiro da lista. Estas son as palabras de Jose:
"Hoy a primera hora vimos el horario del día. Después teníamos inglés pero no vino la profe y entonces hicimos el juego del esqueleto. Luego grabamos unas presentaciones en lenguaje de signos. En el recreo fuimos al pabellón para ver como jugaban al balonmano.
Después le cantamos a los parvulitos la canción del magosto. Luego hicimos lengua y tuvimos que responder a las preguntas de la lectura. Solo llegamos hasta la dos porque tocaba gimnasia. En la clase hicimos la carrera numerada. Y se acabó  el día".

Jose vai mellorando na redacción do diario, aínda que segue esquecendo bastantes cousiñas. Seguro que cada vez lle vai saindo mellor. Efectivamente miramos o horario do día e preparámonos para o control de C. M. mentres Daniel volvía da clase do profe Amando. Despois do exame din as notas de galego e puxen as multas aos infractores. Para introducir o estudio de músculos e ósos xogamos a un bingo do corpo e Jose foi o meu axudante. Coas partes do corpo nas que tiñamos dúbidas durante o xogo plantexamos unha tarefa para a casa con data límite de entrega para o próximo luns: búsqueda de información (que é, onde está, para que serve...).
Tal e como dixo Jose, a profe Mariví non veu así que quedei con eles e seguimos xogando un pouco máis. Logo fun a polo carriño e miramos algo dos novos recursos colgados no noso blog.
A terceira hora fixemos un repaso do traballado en lingua ata o momento: maiúsculas, sílaba tónica, clasificación das palabras segundo o número de sílabas e os sinónimos. Logo explicamos que son os antónimos e recordamos que son os signos de exclamación e interrogación e cando se usan. Despois ensaiamos un pouco coa profe Alejandra, porque despois do recreo iamos dar un concerto para o alumnado de infantil (que foi todo un éxito), e rematamos, ¡por fin!, de gravar as presentación con lingua de signos. Á volta da actuación fixemos algúns exercicios na libreta  ata que chegou a hora de ximnasia.
Dende logo, foi un día ben completiño...

martes, 8 de noviembre de 2011

Diario de...Marey

Tocáballe a Jose, pero como foi ao médico e non estivo toda a mañá levou o diario Marey e mañá o levará el.
Velaí vai o día segundo Marey:
"Hoxe a primeira hora estivemos a practicar a canción "Non chas quero". Despois a terceira estivemos falando das posibles preguntas do exame de mañá. Logo fomos ao patio e estivemos xogando á pita. Logo fun á biblioteca ata que a profe Amparo nos mandou ao patio para subir cos demais. A cuarta tivemos coñe en inglés. Estivemos traballando co libro e logo vimos un video de como se arranxan os ósos. A quinta hora tivemos inglés e fomos á clase de informática. A min me tocou de compañeira a Marta.
Esquecía dicir que foi o aniversario da profe Alejandra e que lle cantamos o cumpreanos feliz".

Mi madriña! Marey ten que tomar unhas vitaminas para a memoria. Contou a mitade do que fixemos, pero que pasa co resto? Non fixemos o control de galego?Non din as notas de L. C? Non anotamos as primeiras multas nos carnés otrográficos? Non seguimos a traballar no caderno de mate? Non disfrutamos do bizcoito da profe Alejandra ademáis de cantarlle a canción?Non presentei máis libros do corpo para ter na aula? Non leu Alba parte do seu libro que tiña que ver co título do noso proxecto Somos iguais, somos diferentes? ...
Hai que traballar máis esa memoria. Espero que na próxima quenda non esquezas comentar nada.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Plan ortográfico do curso

Tal e como avanzamos a semana pasada, hoxe os cativos da Reboraina estrearon os seus carnés ortográficos. Xa postos na materia tamén estreamos o radar ortográfico permanente e a placa da P. O. R (Policía Ortográfica de Reboreda) para o profe, que non ía ser menos, non? A xefa da P. O. R. espera non ter que estrear a zona dos carnés onde se rexistrarán as infraccións cometidas, a ver se é posible.

O diario de...Alba

Si, ledes ben. Xa sei que saltamos a Jose e a Marey, pero hai unha explicación. Esquecín darlle o diario a Jose antes de que marchara. A seguinte posibilidade era Marey, pero os de relixión xa baixaran cando me decatei do diario. así que o levou Alba adiantándose no seu turno.

Estas son as súas palabras:
"Hoxe a primeira hora estivemos falando coa profe Lydia. A segunda hora tivemos música coa profe Isabel e estivemos practicando as cancións do magosto, a canción do neno caníval e a de Mono Liso. Despois fomos a clase e nos puxemos a facer o exame de lingua castelá. Logo tocou a serea e Irea, Jose R. Marta e Jose S. fomos a ver os partidos de balonmano. Cando acabou o recreo volvimos á clase e estivemos practicando unha canción titulada "Non chas quero" coa profe Lydia e a profe Alejandra.
Logo veu a profe Loli, de relixión, e Diego, Irea máis eu fomos coa profe Lydia a facer alternativa. Alí fixemos o libro das "Etapas da vida". Despois tocou a serea e como Jose S non estaba e Marey xa se fora tocoume a min levar o diario da nosa clase "Os cativos da Reboraina".

O diario está bastante ben pero Alba esqueceu dous acontecementos importantes do día: estreamos os cadernos de matemáticas a primeira hora e tamén o radar e os carnés ortográficos. Ata a profe estreou a súa placa da P. O. R. (Policía Ortográfica de Reboreda). A partir de hoxe a profe ten licencia para multar, xa sabedes o que hai que facer: conducir correctamente pola rúa da lectoescritura.

domingo, 6 de noviembre de 2011

Tempo de magosto

Se a climatoloxía acompaña celebraremos o magosto no cole polo San Martiño. Para quentar motores faremos na aula actividades relacionadas co tema. No blog da biblioteca colgáronse recursos sobre o tema. Nós empregaremos algún na aula e os que queran ver que tal están os demáis recursos poden facelo na casa ou en calquer lugar con acceso a internet. Tedes dúas opcións: entrar no blog da biblio e buscar os recursos ou premer na imaxe que aparece a continuación. A disfrutar do magosto!

viernes, 4 de noviembre de 2011

Diario de ...Jose Rodriguez

Jose tiña medo de esquecer o que pasar ao longo da mañá e non ser quen de escribir o diario. Imos ler o que escribiu, a ver se tiña motivos para ter medo. Estas son as súas palabras:
"A primeira hora fomos á biblioteca a coller un libro. Eu collín un de Mortadelo e Filemón. Despois fomos para a clase.
A segunda hora tivemos ximnasia e xogamos á pita cacerola. Xógase con seis persoas como moito. Unha desas persoas ten que perseguir ás outras. A persoa que escapa ten que dicir "cacerola" cando están a punto de pillala e porse coas pernas abertas sen moverse, parq que o outro xogador pase por debaixo dela.
A terceira tivemos plástica e a nosa mestra Lydia deunos uns debuxos pequenos para colorear. Despois celebramos o cumpreanos do meu amigo Marcos. Tróuxonos un bizcoito.

Tocou a serea e saímos ao patio. Eu xoguei ao fútbol. Despois tivemos lectura silenciosa, e tamén estivo a profe Marivi lendo con nós. Eu estiven lendo o meu libro de Xerónimo Stilton.
A cuarta hora tivemos inglés. Abrimos o libro na páxina sete. Alí había un debuxo e tivemos que contar as cousas que había.
A última hora estivemos gravando as presentacións en linguaxe de signos que estivemos practicando.

Caramba Jose, para ter tanto medo a esquecer as cousas fixéchelo moi ben. O único que olvidaches comentar foi a pequena proba para ver se lembrabamos o nome dos meses do ano en galego e castelán.
Saindo tan ben o diario, penso que mereces un premio. Noraboa!

jueves, 3 de noviembre de 2011

Novos recursos no blog

Polo  festivo perdemos a quenda para ir á aula de informática (tócanos cada quince días), así que o próximo martes non poderemos ir, pero traballaremos cos recursos do blog na clase, gracias ao carriño audiovisual.
Falando do blog... aviso que nas nosas páxinas con recursos para as distintas áreas (na marxe da esquerda, arriba de todo) hai agora unha sección para recursos para lingua galega. Nas catro páxinas hai novos recursos colgados: podedes repasar os temas de lingua castelá e mate, podedes ver e xogar con novos recursos sobre o corpo humano e podedes repasar lingua galega e poñer a proba os vosos coñecementos sobre o outono e o magosto. A que estades esperando?

Diario de...Lucía

Polo cambio de sitios saltei sin querer a Jose Rodriguez e entregueille o diario a Lucía; mañá será a quenda de Jose.
Estas son as reflexións de Lucía sobre a xornada desta mañá:
"Esta mañá a primeira hora fixemos unhas fichas de matemáticas porque tiñamos dúas horas seguidas. Despois veu a profe Martina e repasamos as articulacións en inglés. Logo baixamos ao patio. Cando voltamos era hora de galego. Iamos facer uns traballos no libro pero nos entretivemos falando. Cando rematamos de falar xa acabara a hora. Veu a profe Luisa e tivemos Coñecemento do medio, onde fixemos unhas fichas".

A ver, a ver...Lucía empezou moi ben pero despois do recreo o cansancio debeu influir na súa memoria. Ao mellor leva o trofeo na próxima quenda. É certo que non nos deu tempo a traballar co libro de galego porque o que falamos durou máis do pensado. Non nos entretivemos falando de calquera cousa, senón de algo moi importante: AS NORMAS ORTOGRÁFICAS. Pregunteilles cal era a velocidade máxima na autopista, se os conductores a sabían e que pasaba cando non respectaban as normas. Todos entendían que non chega con saber as normas, que ademais hai que seguilas. Entón chegou o momento de falar da ortografía e de repasar o uso das maiúsculas. Xa que saben a norma entenderon que se non a aplican eu podo multarlles, coma aos conductores. Seguindo coa comparación, pediron que lles fixese uns carnés (tereinos listos para o luns), establecemos as normas de uso e acordamos que aqueles que teñan o seu carné libre de multas ao final do trimestre levarán un pequeno agasallo. A ver se tráfico toma nota e fai o mesmo cos bos conductores...
Continuamos o traballo de galego (e non de coñecemento do medio) coa chegada da profe Luisa. Había que traballar cunhas fichiñas de repaso que explicara previamente.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Diario de...Pablo

O día de hoxe según Pablo:
"Hoxe a primeira hora traballamos na libreta de coñecemento do medio. Despois veu a profe de inglés e logo volveu a profe Lydia e fixemos un pouquiño de lengua. Logo collimos a merenda e fomos ao patio. Xoguei á pita cos meus compañeiros. Despois veu o profe Guillermo e xogamos aos indios e a botar o balón. Volvimos á clase para recoller as nosas cousas e marchamos para casa."

Aínda que imos mellorando Pablo ten que traballar máis coa súa memoria pois hai moitas cousas que esqueceu. En coñecemento do medio, rematamos as etapas da vida e anotamos os datos meteorolóxicos de outubro para poder facer a representación gráfica a vindeira semana. Tivemos dúas horas de lingua castelá, así que non fixemos un pouquiño, senón moito. Adicámoslle cinco minutiños ao repaso da resta levando e despois presentamos o resultado dos traballos do Samaín. Fixemos fichas de repaso do tema dous e gravamos varias presentacións con signos coa axuda da profe Alejandra. Despois do recreo continuamos o repaso, pero esta vez cos recursos colgados no nosos blog.