jueves, 31 de mayo de 2012

Para repasar para os controles...

A vindeira semana temos catro controles. Aparte dos libros tamén podedes empregar os recursos interactivos que subín ao blog. Coma sempre, podedes acceder directamente dende aquí ou ir á páxina de recursos correspondente.

lunes, 28 de mayo de 2012

Uns traballos...de conto!

A profe non estaba saltando algunhas partes dos temas das linguas sen máis, senón que quería traballalos dun xeito especial. Xa que o tema do curso son os contos...
  • Deixamos a carta e a descripción para poder facer un libriño con algo de imaxinación sobre as nosas fadas madriñas. Un debuxiño por aquí, unha descripción por acolá e unha carta pedíndolle tres desexos e...listo. Agora queda montalo todo. Entre pasar ao ordenador, pegar, plastificar e encadernar conto que entre finais desta semana ou principios da próxima podamos telo rematado.
  • No caso do diálogo andamos a facer algo especial e por parellas: diálogos entre persoaxes de distintos contos. Que se dirán entre eles? Sorpresa, sorpresa. Aínda anda a cousa un pouco verde, pero promete. A ver se para a vindeira semana xa temos o traballo rematado.

viernes, 18 de mayo de 2012

Celebrando as Letras Galegas "á Reboraina"

Este é o primeiro curso no centro para min mais para dúas das alumnas da aula, así que estamos a levar sorpresas pois cada centro ten o seu xeito de celebrar as cousas.
Coma hoxe se repartía a revista Bolboreta aproveitamos para ler as nosas páxinas e algunhas máis. Logo gracias ao "carriño tecnolóxico" que levei á aula, entre todos fixemos as actividades online que subín ao blog onte. Despois chegou o recreo adiantado para, a continuación, empezar os xogos. No descanso a AMPA repartiu refrescos aos rapaces que cargaron enerxías para ancarar a recta final. Cos tickets gañados fomos á aula de 3ºA a buscar os nosos agasallos. Non debemos esquecer que o importante deste día non era ser o que máis tickets tivese ou o premio, senón pasalo ben, disfrutar.
Non puiden sacar fotos durante os xogos pois encargabame de un, pero antes de convertir a clase nunha disco fixemos unha fotiño de recordo. Velaí a tedes!

jueves, 17 de mayo de 2012

Feliz Día das Letras Galegas!

Con tanta actividade nesta e na anterior semana pouco falamos do homenaxeado deste ano, Valentín Paz Andrade. Temos un caderniño especial pendente de rematar e agora propóñovos seguir traballando pero doutro xeito. Se premedes na foto do autor accederedes a unha páxina de xogos online coa que poderedes coñecelo un pouquiño máis. Espero que vos guste.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Por fin...celebramos o Día da Árbore!

Non hai palabras, máis vale tarde que nunca, non si? Tanto pola data da celebración como pola da subida do video.

martes, 15 de mayo de 2012

Festival de títeres

Estes días están a ser moi emocionantes para todos. Se o pasado venres saimos a coñecer un pouco máis do noso entorno, hoxe tocou inaugurar o festival de títeres que se celebra cada ano en Redondela. Este curso tocounos disfrutar da obra titulada "Fíos". Como é lóxico non se poden sacar imaxes durante o espectáculo, así que o que vos deixo é o programa deste ano para poder seguir disfrutando durante a semana deste espectáculo. Só tedes que premer na imaxe. 

Saída polo entorno

En breve

sábado, 5 de mayo de 2012

Os tintes e a auga

Sara trouxo uns papeliños de cores para poder experimentar con eles na clase. Este é o video que grabamos durante o experimento.

Experimento con auga e xabón 1

Esta semana Dani e Julen participaron nun experimento con auga e xabón. Aquí temos o video para recordalo.

viernes, 4 de mayo de 2012

O ciclo da auga

Espero poder colgar durante a fin de semana máis videos dos experimentos que estivemos facendo estes días. A vindeira semana faremos algún máis e explicaremos o ciclo da auga. Por se queredes ir adiantando algo déixovos un enlace a unha páxina moi chula. Nela ademáis de explicarvos o ciclo da auga tamén teñen unha sección de experimentos, algún dos cales fixemos na clase. Podedes premer na imaxe ou ben ir á páxina de recursos da vida na Terra.

jueves, 3 de mayo de 2012

Experimentos de solubilidade

Seguimos cos videos e esta vez é a quenda dos experimentos que fixemos referidos á solubilidade. Xa fixemos máis experimentos pero irémolos colgando pouquiño a pouco. A disfrutar co video.

Viaxe á época medieval

Temos a sorte de ter na clase a gañadora do 4º accesit do concurso da Reboraina. Ainda que xa felicitamos a Lucía, penso que pasado o día do libro e xa no mes das Letras Galegas sería bonito poblicar o conto que ela escribiu no noso blog. Velaí o tedes! Só tedes que premer na imaxe.

Viaxe á época medieval

Xogando coa electricidade...

A semana pasada comenzamos a facer experimentos na clase relacionados coa auga. Pero aproveitando que estivemos estudiando a materia e a enerxía, Diego ofreceuse a traer uns xogos que tiña na casa e compartilos con todos  nós. Así, na hora de plástica os cativos da Reboraina turnáronse para facer construccións con imáns e, xa na hora de C. M. Diego montou varios circuitos e disfrutamos do espectáculo que aparece resumido neste video.