martes, 24 de junio de 2014

ACTIVILANDIA: parque temático virtual

Este proxecto, presentado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e posto en marcha pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) está dedicado a promover a alimentación saudable e o ocio activo nos nenos e nenas de primaria (de 6 a 12 anos) e , ao mesmo tempo, achega contido informativo para padres, madres e educadores. Combina contidos lúdicos e educativos en distintos formatos audiovisuais: xogos dixitais, vídeos, música, descargas, animacións en dous e en tres dimensións...
Propón consellos para realizar unha alimentación variada e equilibrada, xogos e actividades en familia, na escola, no parque con amigos, deportes, baile, así como outros hábitos saudables de hixiene ou sono adecuado.
Preme na imaxe para acceder á web e poderás disfrutar e aprender ao mesmo tempo!
http://www.activilandia.es/
 

lunes, 23 de junio de 2014

XOGOS EDUCATIVOS TIC PARA O VERÁN

No blog de Aula Planeta atopei este artigo sobre diversas versións online de xogos educativos coñecidos por todos que nos poden server a cativos e maiores para manter en forma o noso cerebro durante as vacacións.
Xa sabedes o que hai que facer, se premedes na imaxe accederes ao contido do que vos falo. Espero que vos guste.
http://www.aulaplaneta.com/2014/06/20/en-familia/siete-juegos-educativos-tic-para-que-tus-hijos-se-diviertan-en-vacaciones/

domingo, 22 de junio de 2014

CONSELLOS PARA O VERÁN

No blog de "AulaPlaneta" atopei unha entrada cuns bos consellos para disfrutar o verán en familia. Reomendo especialmente aos adultos da casa que lean o primeiro punto no que con outras palabras lembra os orientacións de cara o verán que din nas últimas titorías. Só hai que premer na imaxe para acceder ao artigo.
http://www.aulaplaneta.com/2014/06/16/en-familia/cinco-ideas-para-disfrutar-con-tus-hijos-este-verano/


PUBLICACIÓNS DURANTE O VERÁN

Estade pendentes durante as vacacións pois aproveitarei para subir ao blog videos que quedaron pendentes ao longo do curso e porque tamén aproveitarei para poñer enlaces a xogos ou páxinas web ou consellos para disfrutar "usando o coco" durante o verán.

martes, 17 de junio de 2014

A nosa Coca...e as dos demais

A semana pasada por fin rematamos a nosa Coca. Seguindo coa dinámica de facer manualidades con material de refugallo empregamos como elementos principais follas de periódico e papel de alumiño dos bocatas. A técnica foi moi sinxela pero quedounos estupenda, verdade?
O máis complicado foi cortar as tiras de papel e mantelas enroscalas nos rotuladores durante uns días para que curvaran un pouco, tarefa na que os nenos e nenas se convertiron nuns expertos. Logo se trataba de pegar e listo! O papel plata das ás e da cola só había que pegalo respectando as liñas do debuxo. Unha vez remataron os nenos, a profe ocupouse da cabeza, de poñerlle o soporte e forrala por detrás. A isto se lle chama traballar en equipo!
Dende o mércores pasado ata o venres as cocas de todo o cole estiveron expostas nos xardíns do cole. Este luns baixaron a Redondela para que os que queiran poidan ir velas ao multiusos. Para os que non as viron todas ou queren volver a velas premede na foto e accederedes ao video da COCA PARADE que publicou o blog da biblio.
http://biblioblogreboreda.blogspot.com.es/2014/06/coca-parade_1999.html


viernes, 13 de junio de 2014

TODOS COA SELECCIÓN!!!!!

Levamos unha semana moi futbolera: partidos no recreo contra os de 4º, partidos co profe Guillermo, concurso de búsqueda de datos sobre o mundial na titoría...e por que non facer algo distinto para rematar a semana?
Con esta pregunta e sendo venres era lóxico pensar en actividades plásticas. E como se anima á selección  coa plástica?:
  • Facendo guirnaldas-bandeira, para as que empregamos tubos dos rollos do papel hixiénico (seguindo coa nosa filosofía de reciclar e reutilizar sempre que podamos). 
  • Facendo balóns  reversibles para colgar xunto as guirnaldas. Para esta actividade volvemos a usar o compás, as tesoiras e logo a creatividade de cada un.
  • Homenaxeando aos xogadores da selección con debuxos. Nesta actividade contamos con Dani como asesor principal e Iván Vilas como axudante, xa que moitos non sabiamos os nomes de todos os convocados.
No seguinte video temos algunhas imaxes do proceso, do resultado...e unha sorpresa.

Todos coa selección from oscativosdareboraina on Vimeo.

lunes, 9 de junio de 2014

O LIBRO DO OUTONO

Rematou a lectura silenciosa e as caixas e mochilas viaxeiras deixaron as súas aulas para voltar á biblioteca ata o vindeiro curso. Pero aínda quedaba unha actividade pendente. Este curso en todas as aulas fixemos poemas sobre o outono a partir dunha serie de palabras relacionadas co tema. O libro no que se recolle o resultado deste traballo colectivo está pasando por todas as aulas e o pasado venres tocoulle o turno a 3ºB.
Ler cada un o libro enteiro levaría moito tempo e aínda quedan clases pendentes de ver o libro, así que optamos por facer lectura colectiva dalgúns dos poemas recollidos. Non son todos os que están...pero o libro estará na biblio o vindeiro curso para quen quera lelo de principio a fin.


Libro do outono from oscativosdareboraina on Vimeo.

miércoles, 4 de junio de 2014

Teatro plurilingüe

Estudiamos un pouco as características do texto teatral, despois fixemos tanto adaptacións como obras orixinais (seguindo unhas indicacións previas) e finalmente chegou o momento de representalas. 
Houbo que seleccionar as que máis se prestaban e de paso aproveitamos para facer versións en inglés e en LSE de dúas de elas. Temos que darlle as grazas á profe Alejandra por axudarnos cos signos. 
O resultado é un video composto por dúas escenas de conto adaptadas por Marina e María, representadas en galego, inglés e LSE, e dúas mini obras de temática similar, escritas por Antón e Gema e representadas en castelán.


Teatro Plurilingüe from oscativosdareboraina on Vimeo.

A presentación do noso libro de adiviñas

Fai uns días fixemos unha presentación estelar do noso libro "Adiviñas de Redondela" na aula de 4 anos. A reportaxe que fixo a profe Rosa para o blog Pequesreboreda é inmellorable. Para vela só tedes que premer na imaxe.
http://pequesreboreda.wordpress.com/2014/05/26/xogando-as-adivinas-cos-nens-de-3o-b/