domingo, 30 de junio de 2019

RECURSOS PARA O VERÁN 2019

Tal e como prometín, subo ao blog distintas propostas de cara ao verán, para que cada quen escolla o que máis lle gusta, o que máis necesita... Empezo polos recursos máis clásicos e logo continúo cos interactivos.

CADERNOS DE REPASO DE DISTINTAS EDITORIAIS:

Dado que a maioría usa o fondo de libros e polo tanto non dispón deles durante o verán, esta opción de toda a vida, segue a ser unha boa opción. Vou facer varias propostas, as que por diversas razóns máis me gustan, pero a oferta das editoriais é moi ampla.
  • EDITORIAL SANTILLANA:
  1. 100 ejercicios para mejorar la comprensión lectora 4º primaria. ISBN: 9788429409024
  2. 100 problemas para repasar matemáticas 4º primaria. ISBN: 9788429408409

  • CUADERNOS RUBIO
  1. Vacacións 4ºPrimaria. ISBN: 9788417427108. Por fin un caderno de repaso en galego!!!
  2. 3 Competencia Lectora. Mundo Viajero. ISBN: 9788489773882
  3. 4 Competencia Matemática. ISBN: 9788416744138

CADERNOS DE REPASO PARA IMPRIMIR:
RECURSOS INTERACTIVOS
  • Weeblebooks. Especialmente desta páxina de libros online déixovos tamén dous enlaces:
  1. Libros para 10 anos idade
  2. Libros educación emocional
  • Gciencia. Cantos artigos non sacamos desta páxina para traballar temas relacionados coas ciencias en galego!! Entendo que non é unha páxina específica para nenos/as e que moitos artigos poden ser complicados. Pero hai varias seccións das que vos deixo enlace específico e que recomendo especialmente:
  1. Tolociencia
  2. As dúas listas de reprodución de vídeos que Gciencia ten en youtube: Ciencia en vivo e A Ciencia dos Porqués
  1. Ríos
  2. Autonomías
  3. Cidades
  4. Xeografía

Por suposto a web de recursos do blog segue estando activa por se queredes repasar con ela.

Espero que estes recursos sexan do voso agrado. Que teñades un bo verán!

jueves, 9 de mayo de 2019

HIMNO DE GALICIA

A profe Isabel xa me pasou o enlace ao video coa versión do himno máis axeitada para practicar. Só tedes que premer na imaxe para acceder a el.


miércoles, 30 de enero de 2019

HOXE CHOVE EN GALICIA AUGA DO MAR CARIBE

Si, liches ben! Hoxe que celebramos no cole, coma todos os 30 de xaneiro, o día da PAZ, en Galicia chove auga do mar Caribe. Como é iso posible? Premede na imaxe para poder ler un artigo de GCIENCIA onde o explican. Xa que a semana pasada estivemos en Meteogalicia coidei que vos interesaría este artigo.

miércoles, 23 de enero de 2019

CANCIÓN DÍA DA PAZ

Como xa comentamos na clase, o vindeiro mércores 30 de xaneiro celebramos nos colexios o Día da Paz. Este ano escollimos a canción da banda sonora da película Tadeo Jones 2 "Todo es posible".

  • Temos que aprendela toda? Non é necesario, con aprender o retrouso (estribillo) que cantará todo o cole e a parte que lle toca a 4º chega.
  • ¿Cal é a parte de 4º? É a estrofa de 4 versos que se canta a continuación da segunda vez que cantamos o retrouso:
Te miro otra vez
          y vuelvo a tener
    
          el mundo a mis pies 
    
         Soy gigante con tocar tu piel.

Quedade tranquilos, mañá dámosvos por escrito tamén o retrouso e a nosa estrofa para que podades practicar na casa e no cole.

Aquí tedes dous vídeos: unha versión karaoke e a versión cantada por David Bisbal e Tini Stoessel