viernes, 7 de diciembre de 2018

PARTE METEOROLÓXICO

Ola, espero que estedes pasando ben estes días aínda que o tempo non acompañe moito. Falando de tempo...lembrades que a vindeira semana tedes que convertiros en presentadores/as do tempo?
Por se acaso hai algún olvidadizo/a para iso está este post. Esta actividade práctica non ten asignado día nin todos a ides facer o mesmo día. Cada día lles tocará a varios facer "o parte" e non será por orde de lista: o botón "azar" do classdojo decide a quen lle toca. Coma sempre, aqueles que levan tempo practicando levan vantaxa sobre aqueles que non e daralles igual ir de primeiros que de últimos. Refírome aos aspectos televisivos, vocvabulario específico, etc
Ata o día que vos toque non saberedes que mapa vos toca porque a interpretación dos datos do mapa é algo que tedes que saber facer vós e non memorizalo con axuda na casa. Como os meteorólogos profesionais teredes un tempo na clase para preparar o mapa que vos toque antes de que sexa a hora de que empece o parte.
Que se vai valorar? Tamén é algo que se explicou varias veces na clase pero por se queda alguén un pouco despistado déixovos a rúbrica que usaremos para puntuar a actividade. Premede na imaxe para que se amplíe e poder ler mellor. 
Ánimo que xa queda pouco!


viernes, 2 de noviembre de 2018

UN SAMAÍN DE MEDO...OU NON?

Hoxe ata o recreo imos celebrar o samaín e despois será tempo de magosto. Pedazo de venres que temos, non si?

Déixovos con varios videos que, dependendo de como vaian as cousas, veremos na clase ou os veredes na casa...ou as dúas opcións jejeje


viernes, 12 de octubre de 2018

12 de outubro, aproveitamos para ler un pouco?

Todos os anos o 12 de outubro é festa nacional en España: o día da Hispanidade. No ano 1.492, tal día como hoxe, Cristobal Colón chegou a América. Queredes saber un pouco máis? Na páxina de Weeble Books teñen un libro para ler gratis online ou descargalo en pdf no voso pc, tablet, etc. Títúlase "El descubrimiento de América". Se premedes na imaxe accederedes á páxina. Espero que vos guste.

lunes, 8 de octubre de 2018

A NOSA PÁXINA DE RECURSOS XA ESTÁ OPERATIVA

Máis vale tarde que nunca! Por fin temos a nosa páxina de recursos de 4º creada e en funcionamento. De momento só temos subidos algúns recursos de mate, linguas e CCSS pero pouco a pouco iremos engadindo máis. Lembrade que vemos os videos e xogamos cos recursos interactivos na clase pero se tedes internet na casa ou ides á biblioteca do cole ou á de Redondela, á cultural, etc tedes ordenadores cos que podedes ver o noso blog as veces que queirades.

domingo, 23 de septiembre de 2018

BENVIDA A UN NOVO E CIENTÍFICO CURSO

Ola a todo o mundo, tanto alumnado como familias. Empezamos un novo curso cheo de cambios inesperados pero  á vez con ilusión. Ademais, cando non falla o son en 4ºA falla internet en 4ºB e así non hai maneira de usar as tecnoloxías como é debido. Por iso imos con calma á hora de publicar no blog e de crear a páxina de recursos de 4º. Tranquilidade, pois en breve o blog estará á vosa disposición, cheo de recursos para que poidades ver na casa e en calquer outro lugar cando vós queirades. Trataremos na medida do posible que a maioría dos recursos, todos é complicado, poidan verse tanto en ordenadores como móviles, tablets, etc.

miércoles, 20 de junio de 2018

RECURSOS PARA O VERÁN 2.018

O curso remata e o verán é moi longo. Levades nunha nota cos boletíns unha serie de recomendacións e suxestións para seguir durante o verán, ademais da explicación da supertarefa de científicos que tedes que facer para traer ao cole na primeira semana de clase. Será como unha especie de mini feria científica de inicio de curso.
Lembrade que podedes seguir usando a web de recursos de 3º ata setembro, momento no que inauguraremos a web de recursos de 4º. Ademais de repasar con eses recursos déixovos agora unha chea de enlaces diferentes cos que seguro ides pasar un bo rato:

viernes, 9 de marzo de 2018

SEMANA DA IGUALDADE 3 : CIENTÍFICAS GALEGAS

Hoxe déixovos enlaces a artigos sobre algunhas importantes científicas galegas. Como xa comentamos na clase non hai traballos de homes nin de mulleres. A elección do traballo ou a carreira ten que depender do gusto e da capacidade da persoa para esa actividade, e iso non ten nada que ver co xénero.

martes, 6 de marzo de 2018

SEMANA DA IGUALDADE 2

Ademais doutras actividades que faremos na clase, hoxe temos dous contos para ver e comentar, grazas á páxina de Portu Igualdad.


lunes, 5 de marzo de 2018

SEMANA DA IGUALDADE 1

Xa que esta semana, o xoves 8 de marzo, celebramos o Día da muller, nas aulas de 3º decidimos facer actividades para traballar o tema ao longo de toda a semana.
Non iamos empezar por estas actividades pero a actualidade manda, así que toca quentar motores facendo debate na clase sobre:


jueves, 15 de febrero de 2018

NOVOS RECURSOS DE CIENCIAS


Por fin tedes o mapa interactivo que vos prometín nos recursos de CCSS. Ademais na sección de CCNN tedes un recurso con xogos varios no inicio da columna e tamén un novo do aparato dixestivo.
Agora está na vosa man ir repasando para poder sacar a máxima puntuación...e sei que podedes facelo!

RECURSOS DA PROFE LYDIA NO BLOG

Estamos de noraboa, por fin empecei a crear recursos para o blog!!! Hai moitos recursos boísimos en internet pero non sempre se adaptan ao 100% ao que estamos traballando. A partir de agora fixádevos se ao lado do recurso pon xogo da profe Lydia. Se pon esas palabras significa que o fixen eu e, por tanto, ten contido e expresións coas que traballamos na clase. De momento subín dous xogos moi sinxelos de paisaxes (CCSS) e espero rematar un cun mapa interactivo antes de que remate a semana.
Isto non significa que deixe de subir outros recursos que atope senón que haberá de ambos tipos. Por exemplo, subín un xogo do aparello dixestivo que me gustou moito (CCNN).
Tede paciencia cos meus recursos, irei mellorando pouco a pouco.


lunes, 29 de enero de 2018

CANCIÓN DÍA DA PAZ

Por se queredes practicar para mañá aquí tedes o vídeo que estivemos usando na clase.