viernes, 16 de diciembre de 2016

jueves, 15 de diciembre de 2016

VIDEO CONTO DE NADAL 6

Hoxe toca un conto...sen palabras! Aínda que cunhas horas de atraso.

miércoles, 14 de diciembre de 2016

VIDEO-CONTO DE NADAL 5

Hoxe toca descubrir como Pepe arruinou o nadal. Despois, se queredes, podedes pensar nalgunha anécdota que sucedese nalgún nadal nas vosas casas...mañá poderedes contala na clase.

martes, 13 de diciembre de 2016

VIDEO-CONTO DE NADAL 4

Hoxe o protagonista é un home de xenxibre? Xa o veredes...Quen se anima despois a escribir algo?


lunes, 12 de diciembre de 2016

VIDEO-CONTO DE NADAL 3

Ola de novo, que tal a finde? Hoxe toca un conto sobre un boneco de neve. Quen se anima despois a escribir o seu propio conto?

viernes, 9 de diciembre de 2016

VIDEO-CONTO DE NADAL 2

E seguimos cos video-contos...Disfrutade nesta ocasión de "O xigante egoísta" de Óscar Wilde. Despois, se queredes, podedes escribir un pequeno conto que teña como protagonista un xigante.

miércoles, 7 de diciembre de 2016

VIDEO-CONTO DE NADAL 1

Quedan dez días de clase nada máis, que tal outra conta atrás? Neste caso será con contos. Cada día lectivo ata as vacacións teredes no blog un video-conto relacionado co nadal. Eu vos propoño que primeiro disfrutedes do conto e, a continuación sexades vós os escritores. Por exemplo, o primeiro conto é sobre "Rudolf o reno"; despois de velo podedes aproveitar para escribir  unha historia cos renos de Papá Noel de protagonistas. É unha actividade voluntaria como a do calendario de advento.

martes, 6 de diciembre de 2016

CÓMO FACER DEBUXOS DE NADAL SINXELOS

Fai uns días iniciamos unha actividade voluntaria relacionada co nadal. Trátase dun calendario de advento con debuxos asignados a cada día para facer a conta atrás para as vacacións e, de paso, decorar o corredor.
Tamén andamos a rematar o debuxo para a postal de nadal do cole, dentro de pouco saberemos que debuxo se seleccionou. 
Ás veces queremos debuxar algo moi concreto e non nos sae porque non vemos unha forma sinxela de facelo. Acordeime de vós cando atopei este video en internet. Son debuxos sinxelos pero que quedan moi bonitos e, sobre todo, vedes o proceso paso a paso. Espero que vos axude tanto como a min.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Día da Infancia

Onte, 20 de novembro, celebrouse o Día da Infancia. Acabamos de rematar o tema da organización social e territorial de España, no que falamos entre otras cousas da Constitución, dos neosos dereritos e deberes. Os nenos e nenas de todo o mundo teñen recoñecidos os seus dereitos e, para celebrar que é así déixovos cun enlace a xogos relacionado co tema. Só tedes que premer na imaxe.

http://www.ararteko.net/apl/derechosdelainfancia/juegos.htm

domingo, 23 de octubre de 2016

Día das Bibliotecas Escolares

Esta semana celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Dado que no centro o tema este curso vai de "superheroes" teremos o xoves e venres despois do recreo unhas  menos silenciosas do habitual e cheas de heroes por todo o cole.
Para facernos máis gañas de que chegue o momento déixovos cun vídeo superchulo que sei que vos vai encantar.

martes, 18 de octubre de 2016

SIGNOS DE PUNTUACIÓN E ACENTUACIÓN

É o que estamos a traballar na aula, e agora tedes un pequeno repaso en imaxes da teoría.



lunes, 26 de septiembre de 2016

PÁXINA DE RECURSOS DE 4º

Xa temos iniciada a nosa páxina de recursos de 4º que iremos enchendo pouco a pouco cunha morea de enlaces interesantes para repasar, estudiar, ampliar, xogar...
Tedes que premer, ao igual que no curso pasado, no icono de recursos da aula, na parte superior da columna da esquerda do blog.
Xa hai cousiñas de CC. NN e CC. SS e en breve irán aparecendo doutras materias tamén.

lunes, 19 de septiembre de 2016

HEROES DE ANTES 1

Máis ou menos todos coñecemos aos heroes que están de moda agora, pero que pasa cos que lles gustaban aos nosos pais, avós, etc cando eran novos? Andivéchedes investigando durante a finde e agora chega o momento de ver cos nosos ollos algunha das súas aventuras. Na clase non se mencionaron hoxe nin "Oliver e Benji" nin "Os cabaleiros do zodiaco" pero á profe Lydia deulle un ramalazo de nostalxia...
Só tedes que premer no título para acceder ao vídeo.

lunes, 12 de septiembre de 2016

BENVID@S AO CURSO 16-17

Ola a tod@s! Por fin chegou o momento de vernos as caras despois dun verán cun tempo espléndido para disfrutar da praia, familia, amigos...Pero de seguro que tamén  moitos de vós estabades desexando que empezara o cole de novo, a que si?
Este curso a profe Tamara xa non está no cole pero manda saúdos para todos. Aínda que a extrañaremos contamos coa sorte de volver a ter no cole á profe Rosa, que se encargará da titoría de 4º A e de impartir inglés nos dous 4º. Eu seguirei con 4ºB e dando a plástica nas dúas clases.
Hoxe foi un día de inicio no que fixemos moito e pouco á vez. Iremos aumentando o traballo pouco a pouco para estar en condicións de traballar ao 100% a próxima semana.
Iso vai ser doado porque contamos nas dúas clases con SUPER ALUMNADO. De feito hoxe traballamos cos novos equipos e na clase de 4ºB xa se bautizaron:
  • "Los Superflash"
  • "Los super reporteros"
  • "Los 4 fantásticos"
  • "Equipo X"
Con semellante poderío a cantidade de cousas que imos facer este curso. Benvid@s a tod@s!

miércoles, 29 de junio de 2016

RECURSOS PARA O VERÁN

Tal e como prometín deixo unha entrada con enlaces a recursos que podedes empregar durante o verán si queredes. Ás veces se atopo algún recurso ou noticia interesante durantes as vacacións súboo ao noso blog, pero xa non depende de min. Eso si en setembro, antes de que empecen as clases, escribirei algunha entrada no blog. Pero tranquilos, nada que non poda esperar ata o primeiro día de clase se non tedes internet ou vos esquecedes de mirar. Boas vacacións!
 RECURSOS PARA IMPRIMIR
Caderno repaso 1(xeral) Fonte: Imagenes educativas
Caderno repaso 2 (xeral) Fonte: Imagenes educativas 
Matemáticas Fonte: Orientacion Andujar  

RECURSOS ONLINE
Problemáticas
Matemáticas divertidas
Lecturas comprensivas
Lecturas comprensivas interactivas
Xogos de atención
Xogos de atención, memoria e lóxica

Nota: lembrade todos os recursos que tedes tamén na nosa páxina, seguen aí para que os usedes cando queirades.

VARIOS
Chistes cortos para nenos/as
20 Museos para nenos/as
Guía lecturas verán


domingo, 15 de mayo de 2016

Redondela na historia

A piques de celebrar as Letras Galegas é o momento de coñecer un pouco da historia do que nos rodea. Aínda que en breve subirei enlaces con información dos monumentos e restos históricos que vós comentáchedes na clase, quedaron moitos da nosa contorna sen mencionar. Na nosa web de recursos tedes enlaces con información sobre o concello de Redondela.
                                                                Pazo de Pousadouro

domingo, 1 de mayo de 2016

As horas

Andamos co tema das horas a voltas. Aínda que algúns xa controlan moito outros aínda están verdes. Así que busquei xogos para que podades practicar no cole e na casa. Están na nosa páxina de recursos, xa sabedes o que hai que facer.

viernes, 15 de abril de 2016

Recursos inglés. Vocabulario

Boas chicos! Aqui vos deixo o recurso de inglés do que vos falei! Votádelle unha ollada! So tedes que  premer na imaxe.

domingo, 10 de abril de 2016

RECURSOS DE POESÍA

Esta semana Pepe o mexilón preséntanos como proba facer unha poesía relacionada co tema deste curso:"Educando por unha vida sa". Pero, verdade que os xogadores de fútbol non comezan o partido sen quentar primeiro? Pois iso imos facer nós, repasar un pouco que é a poesía, a rima...antes de poñernos a crear. Para ter exemplos de poesía déixovos un enlace a unha web que crearon na Biblioteca Mestres Goldar de Vigo.
https://sites.google.com/site/diapoesiarecursos/

miércoles, 30 de marzo de 2016

Recursos de xeometría

Xa temos na nosa web de recursos videos e xogos relacionados cos contidos de xeometría que andamos a traballar en matemáticas e plástica. Así que si queredes repasar ou adiantar o que imos ver na clase visitade a nosa páxina.

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe celebramos o Día da muller traballadora. Ao premer na imaxe accederemos a unha páxina de recursos sobre o tema. Con algúns deles traballaremos hoxe na clase.
https://sites.google.com/site/recursosmullertraballadora/



lunes, 7 de marzo de 2016

Animais e plantas

Estamos co tema dos seres vivos en CCNN. Na nosa web xa tedes recursos para poder ver na casa cando querades, aínda que, coma sempre, verémolos tamén no cole.
Mañá ademais plantaremos os nosos cultivos. A ver se conseguimos que salgan todos adiante!

lunes, 15 de febrero de 2016

Educación Vial no cole

Hoxe realizamos actividades de Educación Vial no cole das que tedes que facer reportaxes por equipos para publicar no noso blog. Elena, que nos deu unha charla estupenda e instalou nos ordenadores de informática un xogo co que o pasáchedes moi ben esta mañá, deume información para atopar máis recursos relacionados co tema. Se visitades a nosa páxina de recursos, na área de CCSS hai un novo apartado titulado "Educación Vial" onde podedes atopalos.

Concerto: "Los Moussakis"

Este mércores 17 de febreiro iremos a Vigo a un concerto de música da zona dos "Balcanes". Aínda que veremos algo destes recursos na clase podedes acceder a eles premendo na imaxe.
https://www.educaixa.com/-/los-moussakis

domingo, 31 de enero de 2016

NOVOS RECURSOS DE CCNN E CCSS

Aínda que temos a cabeciña no entroido as clases non remataron. Imos empezar como tema da alimentación e hábitos saudables en CCNN e a coñecer un pouquiño máis o noso planeta en CCSS (capas da Terra, os volcáns, meteoroloxía, ciclo da auga...). Subín algúns enlaces novos na nosa páxina de recursos así que se queredes podedes velos, aínda que, coma sempre, verémolos na clase tamén.

domingo, 17 de enero de 2016

A Terra e o Sistema Solar

Empezamos novo tema en CCSS e, aínda que é moi apasionante, só estaremos con el ata o entroido así que hai que aproveitatar ao máximo o tempo.
Déixovos na páxina de recursos uns cantos enlaces a páxinas de información, xogos e vídeos relacionados co tema. Ademáis teño dúas sorpresiñas que seguro vós van encantar...pero sorpresa sorpresa!

domingo, 10 de enero de 2016

Empezamos o ano...falando de sobres

Feliz aninovo a tod@s!
O venres pasado tivemos na aula de 3ºB unha surrealista conversa relacionada con sobres voadores con chuvasqueiro (só os que estabamos na clase sabemos de que estou falando jejeje) que nos levou a redactar por equipos un conto cun sobre de protagonista. Dous dos equipos xa remataron o traballo e este é o resultado: