jueves, 1 de diciembre de 2011

O PELO ROXIÑO: LECCIÓN 1

Xa queda pouco para o nadal e para quentar motores andamos a preparar a panxoliña que cantaremos con 3ºA no festival. Temos que empezar con tempo pois, ao igual que a canción do magosto, imos cantar e signar á vez e esta é unha canción máis longa.
Para facilitar a aprendizaxe da panxoliña e que poidan practicar na casa ou en calquer outro lugar con acceso a internet, estamos preparando unas video leccións para lembrar os signos.
A nosa experta en linguaxe de signos, a profe Alejandra decidiu que era mellor non signar todo e, ás veces, facer algunha pequena adaptación. Por exemplo, no lugar de signar "palla" facemos o signo de durmir, porque eso é o que fai o neno deitado na palla.
Na banda da esquerda, onde están as páxinas de recursos do blog, abrín unha nova co título Panxoliña. Aí estarán os enlaces á letra da canción, video dunha actuación para lembrar a melodía e as video-leccións que vaiamos gravando.
Sen máis, déixovos coa primeira lección.


No hay comentarios:

Publicar un comentario